Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

13 domingo TO C 2022

CANDO CAMBIAMOS A LIBERDADE POLO MEDO, A FE VÓLVESE SERVILISMO Canto gozoso Entrada.- Seguirei os teus pasos (103) Lecturas.- A túa Palabra (25 ) Ofertorio.- Deixate querer (61) Comuñón.- Non vou só (60) Ollos abertos Seguimento e liberdade son os eixes da Palabra de Deus que hoxe imos proclamar, pero son tamén os eixes polos que Xesús nos invita a desenvolver a nosa vida. Sen eles a fe vólvese ideoloxía e dogmatismo, e o noso testemuño rito baleiro de contido. Traballemos entón para que non deixemos de vivir a fe como un camiño de seguimento da mensaxe de Xesús desde a liberdade de quen sabe tomar decisións desde a convicción, o discernimento e a coherencia de vida. Corazón misericordioso • Para que non deixemos que ninguén manipule a nosa conciencia. SEÑOR, ALÉNTANOS NO CAMIÑAR. • Para que sexamos nós os que manipulemos e utilicemos aos demais. CRISTO, ALÉNTANOS NO CAMIÑAR. • Para que non confundamos seguirte con ritos e costumes. SEÑOR, ALÉNTANOS NO CAMIÑAR. Palabra Proclama

Corpus 2022

SOMOS O QUE DAMOS. SOMOS AMOR (CORPUS 2022) CANTO GOZOSO  ENTRADA: Benaventurados (Nº 118)  LECTURAS: Salve, Santo Sacramento (Nº 117)  OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 54)  COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) ABRINDO O CORAZÓN Hoxe é o día de Corpus. Hoxe é a festa do amor. O amor que somos, o amor que recibimos e damos. Un amor que é don de Deus, que nos chama á vida, que abre horizontes de esperanza, que nos une en fraternidade. Hoxe celebramos que o amor é o único que lle dá sentido á nosa existencia, o motor que nos fai evoluir e avanzar, descubrir e proxectar o ben común para unha humanidade á que estamos vinculadas e vinculados a través da Terra, que se ofrece para ser casa común e fogar para todas as persoas. Nos tempos que vivimos faise imprescindible e necesario facer deste amor faro que se converta en referente para iluminar horizontes de esperanza, de oportunidades e de vida nova capaz de emerxer no medio da dor e da tristura. Que a celebración que agora imos come

Trindade 2022

 Domingo da Trindade 2022 Poñendo os ollos en Ti, que saibamos vivir o amor na comuñón cos demais Canto gozoso Entrada.-   Camiñando pola vida (  ) Lecturas.- O amor é o meirande  ( ) Ofertorio.-  Eiquí están, Señor, enriba do altar  (  ) Comuñón.-  Quédate, Señor, connosco (  ) Ollos abertos A festa da Trindade que celebramos hoxe ponnos no camiño da relación e do amor compartido Deus Pai, Fillo e Espírito Santo viven unha relación de comuñón que os converte en diálogo con capacidade para ofrecer o seu proxecto asentado no amor e no enriquecemento que supera o individualismo dun Deus que manda, impón, escolle e dirixe. Non, o Deus no que nós cremos e confiamos é un Deus de relación, encontro, acompañamento e confianza. Estes catro aspectos non só definen a Deus, tamén se converten en esixencias para cantos, querendo seguir as súas pegadas, temos a misión de dar razón da esperanza que El nos ofrece no camiñar cotián da cada un/ha de nós e das comunidades coas que camiñamos facéndoo en

Pentecostes 2022

  Domingo de Pentecostes 2022 CHAMAD@S A CONTINUAR O ALETEXO RENOVADOR DO POLIEDRO SINODAL CANTOS           Entrada.-  Pedras vivas / Eu soñei (  )             Lecturas.-  Manda o teu Espírito (  )             Ofertorio.-  Recibe Señor (  )             Comuñón.-   Ide e pregoade (  )   OLLOS ABERTOS Hai hoxe cincuenta días que nos xuntabamos para celebrar o domingo de Pascua. Un día de alegría e festa; un día de alento e esperanza. Os Apóstolos, entre medo e incredulidade, ían sentindo que o de Xesús non fóra un fracaso, e que eles tiñan unha misión que desenvolver: ser testemuñas de que o seu proxecto tiña presenza e continuidade. A eles tocáballe visibilizar esta encomenda. Hoxe, cincuenta días despois celebramos que non estiveron sos neste traballo. Ao seu carón sentiron sempre a forza e presenza do Espírito. E do mesmo xeito ca eles, tamén nós, chamados/as hoxe a ser as testemuñas da misión encomendada por Xesús, como antes o foran os apóstolos, non estamos sos na tarefa de facer p