Ir al contenido principal

Pentecostes 2022

 Domingo de Pentecostes 2022

CHAMAD@S A CONTINUAR O ALETEXO RENOVADOR DO POLIEDRO SINODAL

CANTOS

         Entrada.- Pedras vivas / Eu soñei (  )

            Lecturas.- Manda o teu Espírito (  )

            Ofertorio.- Recibe Señor (  )

            Comuñón.-  Ide e pregoade (  )

 

OLLOS ABERTOS

Hai hoxe cincuenta días que nos xuntabamos para celebrar o domingo de Pascua. Un día de alegría e festa; un día de alento e esperanza. Os Apóstolos, entre medo e incredulidade, ían sentindo que o de Xesús non fóra un fracaso, e que eles tiñan unha misión que desenvolver: ser testemuñas de que o seu proxecto tiña presenza e continuidade. A eles tocáballe visibilizar esta encomenda.

Hoxe, cincuenta días despois celebramos que non estiveron sos neste traballo. Ao seu carón sentiron sempre a forza e presenza do Espírito. E do mesmo xeito ca eles, tamén nós, chamados/as hoxe a ser as testemuñas da misión encomendada por Xesús, como antes o foran os apóstolos, non estamos sos na tarefa de facer presente e crible o proxecto de Xesús. O espírito acompaña o noso camiñar. Do noso esforzo e compromiso, da nosa coherencia de vida, da sinceridade en converter as palabras en feitos, dependerá que Xesús siga vivo entre nós para facer o mundo verdadeiramente fraternal e igualitario.

Prestemos atención ao aletexo do Espírito!

 

CORAZÓN MISERICORDIOSO

·      Por que moitas veces facemos oídos xordos á voz do Espírito. SEÑOR, ALETEXA O NOSO CORAZÓN.

·      Porque esquecemos con facilidade que nós somos hoxe as testemuñas do proxecto de Xesús. CRISTO, ALETEXA O NOSO CORAZÓN.

·      Porque nos sobra tristura e nos faltan esperanza e alegría. SEÑOR, ALETEXA O NOSO CORAZÓN.

 

PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio.De súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando unha sobre cada un deles. Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras linguas, conforme lles concedía o Espírito.

Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de tódalas nacións da terra. O se producir aquel estrondo, xuntouse a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar na súa propia lingua. Pas-mados e admirados, dicíanlles uns a outros: "¡Olla! ¿E todos estes que están aí a falar non son galileos? ¿E logo como é que os sentimos falar cada un de nós no noso propio idioma nativo? Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia, Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia contra Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, 11cretenses e árabes, sentimos falar nas nosas linguas das grandezas de Deus".Palabra do Señor.

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

Ninguén que diga "Arrenegado sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e ninguén é capaz a dicir "Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.

Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. 5Hai diversidade de servicios, pero un mesmo Señor. Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza todo en todos.

A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común. A un o Espírito dálle palabra de sabedoría; a outro dálle palabra de ciencia o mesmo Espírito; 9a aque-loutro o mesmo Espírito concédelle fe. 10A un este mesmo Espírito dálle o don de curacións; a outro, o don de facer milagres; a outro, o don da profecía; a outro, discernimento de espíritos. A un, don de falar distintas linguas; a outro, o saber interpretar esas linguas. 11Pero todo isto é un e o mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en particular, como a El lle parece.

12Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con seren moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:

 Paz convosco.

Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor. El díxolles outra vez:

 Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.

E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:

 Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos. Palabra do Señor.

 

PALABRA REMOÍDA

·      Poliedro é unha palabra que vai percorrendo todo o maxisterio do papa Francisco. Para el a Igrexa é un poliedro con moitas caras na que todas e todos teñen/mos cabida. Porque o poliedro é unha figura xeométrica con suficiente amplitude como para ter lados de medida diferente e que conforman unha figura polivalente. A diferenza do cadrado, que se move na uniformidade de cada un dos lados, o poliedro  permite unha maior variedade de formas e medidas. Pois desta imaxe tan suxestiva colle Francisco a metáfora para aplicala á Igrexa. Para el, bebendo nas fontes da palabra de Deus, a Igrexa é un poliedro onde, respectando as lindes que a definen como “sacramento universal de salvación”, todas as persoas temos cabida.

 

·      Hoxe, día de Pentecostes, celebramos que no poliedro da Igrexa hai distintas maneiras de sentir, expresar, vivir e celebrar a fe, e todas son válidas, sempre que estean dentro da amplitude do poliedro. Cabemos todas e todos, non só os que pensan igual, fan igual, mandan e impoñen aos demais o que deben facer. Pentecostes é a festa do discernimento e da pluralidade, porque só así, discernindo a asumindo que somos diferentes, poderemos responder ao aletexo renovador do Espírito que se nos chama e empurra. Sabemos cal foi o pasado, estamos no presente, pero seguimos camiñando cara ao futuro. O que non sería posible se só botaramos en falta o que foi noutro tempo. Non teñamos medo á participación, ao cambio, á renovación...á vivir  o ser Igrexa como unha permanente primavera na que todo vai fluíndo e xermolando novidosamente. Deus non pon filtros, e en Xerusalén aquel día entendéronse todas e todos, por que nós, ou alomenos algúns, están empeñados en poñelos?

 

·      Deixemos, como deixaron os apóstolos, que o Espírito alente sobre nós, e non teñamos medo da súa creatividade; unha creatividade que activareactiva e pro-activa para que sexamos quen de perde-lo medo e acoller o envío que, tamén hoxe, Xesús nos segue a facer: “Tamén vos mando”. Poñámonos en camiño da “ poliedría” e fagamos sinodalidade co noso paso acompasado.

 

ORAMOS SINODALMENTE

Deus invítanos a estar e, rezar e camiñar a carón (sinodalmente), o que só será posible dese unha participación libre e igualitaria. Comecemos entón por rezar dicindo: Que acollamos o aletexo renovador do Espírito.

·      Para que aprendamos a ser unha Igrexa participativa, renovadora, creativa e alegre. Oremos.  QUE ACOLLAMOS O ALETEXO RENOVADOR DO ESPÍRITO .

·      Para que nas nosas comunidades non teñamos medo a aprender, formarnos e reflexionar escoitando, opinando, participando e aprendendo unhas persas doutras. Oremos. QUE ACOLLAMOS O ALETEXO RENOVADOR DO ESPÍRITO .

·      Para que nós non teñamos medo a manifestar que a fe anima, alenta, alegra, ilusiona, une e renova a vida e tarefas que cada un e cada unha de nós fai cada día. Oremos. QUE ACOLLAMOS O ALETEXO RENOVADOR DO ESPÍRITO .

Grazas, Espírito santo por seguir aletexando sobre nós, e dándonos azos para facer cousas en unión e dese opinións plurais. Amén.

 

ENCHOUPÁNDONOS DO ALETEXO DO ESPÍRITO

Unha das claves da festa de Pentecostes é que Xesús resucitado concede aos Apóstolos o don do Espírito Santo, que foi derramado sobre todos os que camiñamos na luz de Xesús, formando o único Pobo de Deus. Hoxe é o momento de camiñar de novo xuntos, de reunirnos en comunidade para agardar a chegada do Espírito Santo, reavivar a esperanza e responder á chamada á participación, á comuñón e á misión neste camiño sinodal. 

(http://www.iglesia.cl/44147-santuarios-de-chile-realizaran-novena-de-pentecostes-online.html )

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...