Ledicia e temor non poden ir unidos cando falamos de acoller a Xesús SINAL DE ADVENTO Rematamos hoxe de construír o noso sinal de Advento incorporando a cabeza do neno. Deste xeito quédanos configurada a imaxe de quen estamos a esperar ao longo deste Advento: Xesús. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Cantarei eternamente as misericordias do Señor OFERTORIO: Que ledicia a miña (Nº4) COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Xa non falta nada. Estamos mesmo ás portas deste gran acontecemento que queremos vivir e celebrar como remate do tempo de Advento: o Nadal. Ao longo das catro últimas semanas fóisenos invitando, a modo de retrouso, a preparar o camiño, a prepararnos para acoller a quen vén por el. Xa case que está aquí, abrámoslle a porta e deixémolo entrar. E como escoitaremos no evanxeo chega da man do si de María, a súa e a nosa nai. Que cando chegue e entre, procuremos que non se senta estraño entre nós. ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA Por t
Para orar e celebrar a fe na nosa terra