Deus é liberación para quen quere poñer no seu camiño as mans que acollen, traballan e dignifican aos máis débiles e necesitados. Porque a pegada de Deus é sempre liberadora, aprendamos a camiñar polos camiños que nos vai abrindo Descarga o ficheiro CANTO AGRADECIDO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: Arrepentido (Nº 13) OFERTORIO: Seguirei os teus pasos (Nº 103) COMUÑÓN: Señor Xesús (Nº 52) ESCOITA ACTIVA As pegadas van semana a semana indicándonos o sentido do noso camiñar. Un camiñar que por veces se volve difícil; un camiñar que vai atopando outras pegadas que de súpeto desapareceron; un camiñar que por veces parece perder o rumbo. Nunha palabra: o camiñar entre luces e sombras que cada día imos desenvolvendo. Por iso, neste cuarto domingo de coresma, e albiscando que xa queda pouco para a pascua, a pegada que hoxe imos deixar quere ser unha pegada que nos estimule e non deixe que as durezas do camiño
Para orar e celebrar a fe na nosa terra