Ir al contenido principal

3 Coresma 2016


Do “aquí estou” de Moisés ao “non murmuredes” de Paulo hai un camiño que temos que ir enchendo de acollida da Palabra que quere cambiar os nosos corazóns para que reborden humanidade fraterna, que supera a dureza da rancor e da xenreira
Descarga o ficheiro

CANTO AGRADECIDO
  • ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9)
  • LECTURAS: Aquí estou Señor para facer a túa vontade
  • OFERTORIO: Eiquí están (Nº 31)
  • COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)
ESCOITA ACTIVA
Bos días, e paz e ben para tod@s. Un domingo máis volvemos reunirnos convencid@s da forza da unión e do sentido comunitario da oración. O Deus da tenrura e da misericordia ábrenos as portas da súa casa para que nos acheguemos a El desde a palabra proclamada na fe celebrada. Proclamar e celebrar son dous verbos que indican unha actitude de movemento, e que supón que a nosa participación ha ser activa, creadora e viva. Son as actitudes das que temos que ir deixando pegada sen necesidade de facer cousas que chamen a atención nin que resulten extravagantes. Celebremos, logo con sinxeleza, canto nos ten ocorrido ao longo da semana, nas luces e nas sombras; e facémolo desde o eco que deixa en nós a palabra proclamada. Por iso, dispoñámonos, co corazón, a vista e o oído a participar desta festa de esperanza e misericordia na que compartimos a tenrura apaixonante do Deus que sempre nos busca espazo no que poder acougar ao seu lado.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Porque lle damos moito bombo ás cousas que facemos ben, pero escondemos o que lle fai dano aos demais, a Deus e a nós mesmos; SEÑOR, QUE PASEMOS DA SOBERBIA AO RECOÑECEMENTO DOS NOSOS ERROS.
  • Porque as nosas présas fan que non lle dediquemos a Deus o tempo no que acougar e poñer nel a nosa vida, CRISTO, QUE PASEMOS DA SOBERBIA AO RECOÑECEMENTO DOS NOSOS ERROS.
  • Porque nos sobran palabras baleiras, e fáltannos actitudes que recoñezan as nosas equivocacións e as nosas ganas de cambiar a mellor; SEÑOR, QUE PASEMOS DA SOBERBIA AO RECOÑECEMENTO DOS NOSOS ERROS.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
No diálogo entre Deus e Moisés que vimos de escoitar na primeira lectura, aparece unha frase que nos pode axudar esta mañá a entrar na dinámica da Palabra que axude a entendela e vivila. Deus dille a Moisés que a terra na que está é sagrada. Iso mesmo nos recordaba non hai moito tamén o Papa Francisco na súa carta encíclica Laudato si, cando nos dicía que temos a obriga de coidar e respectar a terra, o mundo, a casa común, na que vivimos. Porque esta non é duns poucos, os poderosos, os que a destrúen, os que tentan facer dela ermo e destrución. A terra é sagrada porque é don de Deus, e coma todo don que provén del, para nós e desde nós ha ser o mellor legado que poidamos deixar aos que veñen despois. A sacralidade non é logo un non tocarlle nin un volver ao tempo no que os nosos antergos vivían nas covas, senón que esa sacralidade vén dada pola súa orixe: Deus, e pola chamada a facer dela lugar e tarefa desde a que poidamos coidala para que cantos vivimos agora nela e os que veñan despois de nós, poidan atopar un medio desde o que sentirse queridos, acollidos e necesitados, para atoparse uns cos outros, axudarse nas necesidades duns e outros e convertela nunha casa que nos axuda e protexe, pero que non destruímos porque é de tod@s e a tod@s nos fai falta.

E facémolo así porque a pon ao noso dispor, sendo misericordioso e clemente, como rezabamos no salmo; e quere que termemos uns dos outros tendo un espazo común no que caibamos tod@s e onde ninguén se senta botado fóra. E se El sanda as nosas doenzas e coróanos coa súa tenrura; desde el, tamén nós temos que ser sandadores de quen atopemos no camiño dos nosos pequenos mundos: familia, amigos, compañeiros de traballo, veciños, barrio, parroquia, país... para ofrecerlles dispoñibilidade, tempo, actitudes e comportamentos xustos. Son logo o seu amor e a súa tenrura non palabras baleiras que saen da boca para que soen e se perdan ao aire, senón palabras que expresan que na nosa vida estamos a tomar en serio que Deus se fai presenta a través do noso actuar e da nosa maneira de achegarnos aos demais. Non é un Deus das alturas, afastado e despreocupado do que nos pasa, senón un Deus a ras de terra, que vai deixando pegada da súa presenza por medio do recoñecemento que cada un de nós fagamos da dignidade dos demais, da igualdade coa que temos que tratarnos uns a outros, no respecto que nos merecemos, mesmo tendo ideas e formas de ver a realidade distintas. O amor e a tenrura de Deus han ser sempre o noso amor e a nosa tenrura. Isto esixe de nós estar atentos a facer xustiza do noso actuar defendendo aos máis débiles, aos que os poderosos queren facer menos, aos que nunca van saír nin nos grandes programas de máxima audiencia nos medios de comunicación, nin tampouco van ser portada de revistas ou xornais de grande tirada. Por iso temos que ter os ollos ben abertos sempre, para non deixarnos confundir nin polo moito barullo nin pola aparencia; para aprender a ver desde os ollos de Deus quen son os oprimidos do noso tempo ao lado dos que teremos que estar cando falamos do Deus de Xesús.

El é o Deus que unha e outra vez segue a darnos oportunidades sen cansar. Oportunidades que contrastan coa nosa pouca paciencia. O mesmo que lle ocorría a aquel que quería cortar a figueira de raíz porque non daba froito. Desde a lóxica de Deus, saber esperar ha ser unha actitude permanente na que tod@s nós temos que ir aprendendo, namentres seguimos a coidar das persoas máis esquecidas e necesitadas, sabendo que non son sobrantes, senón presenza de Deus en corazóns que latexan no sufrimento porque para os que mandan, e ás veces eses que mandan podemos ser nós, non son máis que sombras que minoran as súas présas. Fagamos logo compromiso non descoidar o coidado dos que poidan necesitarnos. Seguro que entón, si que daremos abundante froito.
FRATERNIDADE ORANTE
Poñamos a vida nas mans de Deus e digamos agradecid@s:
SEÑOR, QUE FAGAMOS DA PACIENCIA PEGADA DE ACOLLIDA
Para que a Igrexa sexa paciente e non xulgue a quen, achegándose a ela, busca tempo para ser escoitad@ ou mans e corazón para ser axudad@ na busca de solucións xustas ante as inxustizas dos poderosos, OREMOS.
SEÑOR, QUE FAGAMOS DA PACIENCIA PEGADA DE ACOLLIDA
Para que nas nosas comunidades aprendamos a ir deixando pegadas que fagan que os que as sigan atopen calor de corazón, mirada limpa e mans sempre dispostas a axudar, OREMOS.
SEÑOR, QUE FAGAMOS DA PACIENCIA PEGADA DE ACOLLIDA
Para que nós deixemos que a palabra hoxe proclamada chegue ao corazón e nos leve a descubrir que ao noso redor segue habendo persoas que agradecen o noso tempo, o noso sorriso e as nosas palabras de esperanza, OREMOS.
SEÑOR, QUE FAGAMOS DA PACIENCIA PEGADA DE ACOLLIDA
Señor, alenta canto hoxe poñemos ao teu carón. Sabemos que moitas veces pechamos os oídos a canto nos invitas a vivir. Que este tempo de coresma sexa tempo de cambio e renovación en nós. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Pensei e recei.
Temín darche as chaves.
Seguín pensando e rezando,
seguín vivindo,
e por fin dei o paso
e entregueiche as chaves do meu corazón.
Mais toda a miña loita foi en van.
Ti non querías as chaves.
Volvíchesmas dar,
e dixéchesme:
Ti es o dono, manda e goberna.
Eu estou contigo.
(M. Regal, Chorimas. Páx.63)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...