Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

4 domingo TO B 2024

    LER OS SINAIS DOS TEMPOS CON AUTORIDADE, QUE NON CON AUTORITARISMO CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Con ledicia vimos (Nº 3) ö LECTURAS : Benaventurados (Nº 119) ö OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) ö COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)   PARA NON PERDER O PASO Hai case sesenta anos, alá polo ano 1965, o Concilio Vaticano II sinalaba nun dos seus documentos o deber da Igrexa de “escrutar a fondo os sinais dos tempos e interpretalos á luz do Evanxeo”. Xa choveu desde aquela, mais esta frase segue interpelándonos a todas as persoas que formamos a Igrexa de Xesús e, se cadra, hoxe máis ca nunca. Si, porque a pesares da ambigüidade dos sucesos humanos é na historia onde Deus chama, é na historia onde se concreta a vocación da persoa. Por iso cómpre rastrexar nos acontecementos do mundo as chamadas de Deus. A iso somos convidadas e convidados hoxe dun xeito especial: a ser profetas do Señor. CO CORAZÓN FERIDO û   Porque en demasiadas ocas

3 domingo TO b 2023

III DOMINGO DO T.O.   PERMANECEDE NA MIÑA PALABRA (DOMINGO DA PALABRA DE DEUS) CANTOS · ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) · LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25) · OFERTORIO: Acharte presente (Nº 51) · COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ABRE OS OLLOS Hoxe é o terceiro domingo do tempo ordinario, e desde hai cinco anos, o papa Francisco quixo que este fose o domingo da Palabra de Deus. Non quere dicir que os demais non o sexan, non. O que busca o papa é que neste domingo prestemos especial atención, e valoremos a importancia que a Palabra ten na vida da persoa cristiá. Non é só Palabra proclamada na celebración, tamén é Palabra agradecida por atopar nela o marabilloso plan que Deus ten para con nós. Compartamos logo a celebración de hoxe sabéndonos agarimadas e agarimados polo agasallo que Deus nos fai por medio da Palabra que alenta, anima e alimenta a nosa vida. ABRE O CORAZÓN Porque somos moito de ritos e pouco de coñecer e val

2 domingo TO B 2024

​ ONDE PARAS? CANTO GOZOSO o ENTRADA: Pedras vivas o LECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade  o OFERTORIO: Acharte presente (Nº51) o COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Despois do tempo de graza que supuxo o Nadal, comezamos hoxe unha nova xeira: a do tempo ordinario, tempo común, o de todos os días. Mais é precisamente aí, na cotidianeidade, no de todos os días, onde Deus chama por nós. Oxalá non endurezamos os nosos oídos, oxalá non nos perdamos no balbordo que nos rodea para que, como Samuel, lle prestemos atención á chamada que Deus nos dirixe a través do berro, moitas veces silencioso e sempre desgarrador, de tantas persoas que no noso mundo ven pisoteada a súa dignidade. ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA • Polas moitas veces nas que, ante a túa chamada, nós damos a calada por resposta; SEÑOR, NON CANSES DE CHAMAR POR NÓS. • Polas moitas veces nas que non queremos entender que ti paras onde hai un ser humano que precisa axuda; CRISTO, NON CA
  SE ESCOITAS AO TEU CORAZÓN, TAMÉN TI CHEGARÁS A BELÉN CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Vivimos nunha época que pretende chamarse universal, planetaria. Escoitamos falar do mundo coma unha aldea global, as nosas sociedades son cada vez máis multiculturais, as distancias son cada vez máis pequenas.... pero paradoxalmente as persoas andamos cada vez máis divididas e enfrontadas, loitando por defender os propios intereses. Neste contexto é fácil esquecer a mensaxe de Deus: a liberación é para todas as persoas, pois o noso orgullo fainos crer que somos os mellores e os primeiros. Por iso hoxe, neste día de ilusión, vimos diante do Señor, que é a estrela que guía a nosa vida. Oxalá que ningunha Boa Nova de solidariedade, xustiza e universalidade nos asuste. Oxalá que as escuridades da nosa vida non nos deteñan nin nos desvíen do que un día nos puxo no camiño e se nos ofrece de balde. CORAZÓN MISERICORDIOSO Polas veces nas que lle agochamos luz aos demais, excluíndoos, negándolles a palabr

Bautismo do Señor 2024

  QUE A AUGA DO BAUTISMO SEXA AUGA DE VIDA E ESPERANZA CANTO GOZOSO Entrada.- A auga do Señor (125) Lecturas.- As túas palabras (113) Ofertorio.- Grazas Señor na mañá(117) Comuñón.- Acharte presente (51)   ESCOITA ACTIVA Nadal sempre é tempo de bendición e agradecemento. O Señor faise un de nós, El asume a nos condición humana para vivir a nosa propia experiencia; unha experiencia que se vai desenvolvendo entre luscos e fuscos, entre alegrías e tristuras, entre esperanzas e desesperanzas. Pero neste ir vivindo de cada unha e cada un de nós, porque El asumiu a mesma condición humana ca nós, non imos sos. A fraxilidade fainos ver que non sempre somos quen de acertar ou de tomar a decisión mellor, pero esa mesma fraxilidade é a que fai posible que El camiñe ao noso lado dándonos azos, forza e alento para non deixarnos levar pola desesperación.        Que a auga do bautismo nos esperte a ser continuadores e continuadoras do proxecto de Xesús. Un proxecto que sempre quere ser luz que ilumin