Deixémonos sorprender no camiño do portal SINAL DE ADVENTO Elaboramos nunha cartolina a estrutura do portal, á vez que debuxamos e recortamos as siluetas dunha árbore, un boi e unha mula, Xosé María e mais Xesús. Cada domingo iremos colocando na estrutura da cartolina, que temos colocada nun taboleiro posto diante do altar, as diferentes siluetas que temos recortadas, ata chegar ao día de Nadal que colocaremos o Neno. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida ( ) OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) o COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Comezamos este domingo o camiño desde o que somos invitadas e invitados a preparar o Nadal. O camiño do Advento. Un tempo de espera e preparación; un tempo de interioridade e estímulo; un tempo de graza e esperanza. Que o fagamos coa sinxeleza de saber que quen chega quedará nos nosos corazóns para sempre. Preparémoslle o camiño! ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA
Para orar e celebrar a fe na nosa terra