Ir al contenido principal

31 domingo TO B 2021

Que non te confundan: só é amor se pasa polo corazón. O demais... simple engano

Canto  gozoso

  • Entrada.- Camiñando pola vida (Nº 9) 

  • Lecturas.- Veña o teu reino (Nº 88)

  • Ofertorio.-  Ti é-lo pan do ceo (Nº 54)

  • Comuñón.- O amor é o meirande (Nº 120))


OLLOS ABERTOS

Con que facilidade utilizamos a palabra amor para expesar sentimentos ou definir unha relación entre persoas! Pero se pensamos un pouco, descubrimos que é moito máis doado falar, dicir, contar que vivir. Porque o amor non é unha palabra, por moito que se repita, nin un impulso físico. O amor é a vivencia que nos fai recoñecernos com persoas iguais, respectuosas unhas con outras e coa capacidade de valorar canto unhas e outras somos capaces de facer polos demais. É sempre unha entrega xenerosa que se expresa na forma de tratarnos as persoas entre nós. A este amor é ao que Xesús se refire no evanxeo de hoxe.

Traballemos logo cada día para que deixemos que este amor xeneroso, entregado, dialogante, igualitario e fraterno enchoupe os nosos corazóns. Porque o amor, como as persoas é amplo, plural e xeneroso

CORAZÓN MISERICORDIOSO

  • Porque moitas veces confundimos amor con servidume; SEÑOR, QUE AMEMOS AO TEU ESTILO.

  • Porque moitas veces reducimos o amor a posesión; CRISTO, QUE AMEMOS AO TEU ESTILO.

  • Porque moitas veces facemos do amor control, dominio e medo; SEÑOR, QUE AMEMOS AO TEU ESTILO.

PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO


Faloulle Moisés ó pobo dicindo:

Teme ó Señor, o teu Deus, gardando tódolos seus preceptos e os seus mandamentos que eu che ordenei, ti e o teu fillo e mailo teu neto, tódolos días da túa vida, para que se alonguen os teus días. Escoita, Israel, e ten coidado de o practicar, para que sexas feliz e que te multipliques moito, pois tal como cho falou o Señor, Deus dos teus pais, é unha terra que deita leite e mel.

Escoita, Israel: O Señor, o noso Deus, é Iavé, o único. Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con tódalas túas aspiracións e con toda a túa forza. Os preceptos estes, que eu che mando hoxe, estarán no teu corazón. Palabra do Señor., grazas a Deus.


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA ÓS HEBREOS


Irmáns e irmás:

Foron moitísimos os sacerdotes do primeiro Testamento, porque a morte non os deixaba ser duradeiros; pero este ten un sacerdocio imperecedeiro, xa que dura para sempre. Por iso pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a Deus, xa que en todo momento vive para interceder por eles.

Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo. Non necesita ofrecer sacrificios cada día, en primeiro lugar polos seus pecados e logo polos do pobo, coma os outros Sumos Sacerdotes; pois isto fíxoo dunha vez para sempre, ofrecéndose a si mesmo. En síntese, a Lei constitúe Sumos Sacerdotes a homes débiles, mentres que o xuramento que vén despois da Lei constitúe Sumo Sacerdote ó Fillo que logrou a salvación plena para sempre.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS


Un dos escribas acercouse a Xesús e preguntoulle: -¿Cal é o mais importante de tódolos mandamentos?

Xesús respondeulle: -O primeiro é: Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor é único,  e amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con tódalas túas forzas.  O segundo é: Amara-lo teu próximo coma a ti mesmo. Non hai mandamentos máis importantes ca estes.

O letrado replicou: -Moi ben, Mestre, estás no certo cando dis que El é único e non hai outro fóra del;  e que amalo con todo o corazón, con todo o entendemento e con tódalas forzas, e o próximo coma a un mesmo,  é mais importante do que tódolos sacrificios e holocaustos.

Xesús, vendo que respondera con moito tino, díxolle: -Non estás lonxe do Reino de Deus.

E ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas. Palabra do Señor..


PALABRA REMOÍDA

  • Todo a escritura que vimos de proclamar ten como eixe principal o amor. Pero non o amor como moitas veces o entendemos, contacto físico e sexual, senón que nos fala do amor como expresión da relación que habemos ter con Deus: unha relación de confianza, xenerosiade, entrega, diálogo, acollida e escoita. Tanto na lectura do libro do Deuteronomio como na do evanxeo de Marcos,váisenos mostrando que o amor desde o que Deus nos fala e ao que nos chama camiña sempre na liberdade de quen o acolle e se esforza en poñelo en práctica. Non é entón reducible a un desafogo físico nin a ningún tipo de control, sometemento ou dominio sobre outra persoa. Simplemente é expresión do que Deus é para nós.

  • O que nos sitúa moi, pero que moi lonxe da idea coa que moitas veces nós nos imos relacionando unhas persoas coas outras nos diferentes ámbitos da vida. Si, porque o amor non se circunscribe a relacións interesadas, como se operacións interesadas das que imos sacar rendibilidade. Máis ben é a experiencia que define, nas relacións múltiples, variadas e diversas dunhas persoas coas outras, a nosa capacidade de recoñecer nelas a presenza/imaxe de Deus. Ese Deus persoal, agarimoso, dialogante e sempre disposto a acompañar os camiños polos que imos transitando na vida. Por iso falamos de amor de pais/nais cos seus fillos e fillas; do amor de amizade, do amor solidario cando participamos nunha acción a prol de persoas necesitadas de cousas materiais ou do nso tempo; do amor á cultura, a terra... En fin, o amor é plural e con moitas caras, como tamén o son as relacións, compromisos e implicacións das persoas.

  • Desde este amor é desde o que hoxe Xesús nos invita a establecer a nosa relación con Deus; relación que pasa polo recoñecemento dos traxectos de camiño compartido con persoas en situacións diversas. O que leva a camiñar no recoñecemento dos demais, na xenoridade do que facemos para que outras persoas sexan felices, na capacidade de buscar entendemento a pesares das diferenzas e dificultades que as veces temos para entendernos. En fin, o amor que Xesús nos pon como tarefa desde a que temos que plantexar a relación cos demais é o amor no que recoñecemos o rostro de Deus nas persoas coas que tratamos cada día neste noso mundo tan complexo, pero tamén tan ilusionante, para facelo berce de amor entregado na defensa e o respecto da dignidade das persoas, de toda persoa. Non caben entón, nin odios, nin xenreiras nin adecuacións interesadas e beneficiosas das nosas relacións cos demais.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

No amor sempre xeneroso de Deus, abrímonos a rezar comuniatriamente dicindo: 

QUE FAGAMOS DO AMOR CAMIÑO COTIÁN

  • Para que a Igrexa faga do amor expresión da súa presenza no medio do mundo, sabendo recoñecer o moito de bo que as persoas, crentes ou non, fan desde o amor para humanizalo. Oremos.

  • Para que as nosas parroquias crezan no amor desde o respecto e a capacidade de escoitar e integrar a qe vén de fóra ou pensa ou sinte distinto a nós; Oremos. 

  • Para que nunca teñamos prexuízos á hora de achegarnos as demais persoas. Que, con mirada limpa, ao estilo de Xesús, saibamos tender a man para colaborar, buscando o que nos une, e non insistindo no que nos diferenza. Oremos.  

Señor, Ti invítasnos a camiñar no amor. Que saibamos reponder a esta invitación desde o respecto e a busca do entendemento cos demais. P.X.N.S. Amén.,

ORACIÓN AGRADECIDA

Xa é pan o trigo e hai xeneroso viño na mesa chea de graza de Deus amigo:

ídeme logo chamar os convidados que non quero a ninguén fóra de xogo.

Que se encha a casa, pediuvos Xesucristo, que o Pai quere ledicia, festa sen taxa:

chamade por todas as persoas; primeiro as pecadoras e as pequenas, que sofren peores modos.

(Himno de Vésperas)


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...