Ir al contenido principal

3 domingo Pascua 2019

3º Domingo de Pascua
No “ordinario” da presenza, descubrimos o “extraordinario” da transcendencia
Descarga o ficheiro
Cantos

    Entrada.-  Vinda axiña  (  10  )
Lecturas.- As túas palabras, Señor, son Espírito e vida  (   )
Ofertorio.- Grazas, Señor, na mañá  (   )
Comuñón.- Acharte presente na vida (   )

Mirando as beiras
    Vai avanzando o tempo de Pascua, e con el a nosa vivencia alegre e esperanzada do que nos trae a Pascua: a presenza do Señor ao noso lado. Do mesmo xeito que Xesús se ía mostrando aos apóstolos, tamén se nos mostra a nós no pan da Eucaristía e a prolongación dese pan na mirada que facemos do mundo e da nosa implicación nel.

    A pascua non é un mero repetir cada ano o ciclo litúrxico das celebracións, senón a actualización permanente de que no camiño da vida, por dura e difícil que esta sexa, non mos sos. O resucitado faise pan para o camiño e sustento desde o que afrontar o esforzo por  non pechar os ollos nin da-las costas á realidade na que vivimos. Pascua é levar vida nova e renovada a quen se descobre esquecido e abandonado; pascua e presenza e confianza para quen se ve entristecido; Pascua é, agora e sempre, descubrir que ser irmáns é un compromiso  vital e non unha palabra baleira.

Corazón misericordioso
  • Por caer na tentación de facer o camiño sos. Quédate, Señor, connosco.
  • Por converter a Eucaristía en rito e costume. Quédate, Cristo, connosco.
  • Por non tomar en serio a fraternidade que nos impide caer na indiferenza. Quédate, Señor, connosco.

Palabra encarnada
  • Andaban moi preocupados os xefes e autoridades co que facían os apóstolos. Non deixaban de poñer atención ao que facían e dicían, non para coñecer e acoller, senón para ver se conseguían calalos facendo do seu silencio expresión de quen o tiñan todo controlado e de que dominaban e mandaban sen que ninguén lles “rechistase”. Porén, os apóstolos non se deixaban engaiolar nin polas ameazas nin polo intento de poñerlles castigos exemplares que os fixesen calar. Todo o contrario, canto máis os perseguían e amedrentaban, mellor , e con máis liberdade actuaban aqueles cristiáns da primeira hora. A liberdade de espírito convertíaos en persoas libres e sen  medo. O que supuña máis e maior encirramento por parte das  autoridades. O que pon de manifesto que a coacción e o amedrentamento, por moito que os que mandan pensen que si, non son camiño nin pedagoxía na que ir crecendo e madurando. só quen se sabe e sente libre, pode dar pasos cara adiante e asentar as súas decisións e conviccións. E deste testemuño podemos tamén nós aprender ao mirar o mundo no que estamos. Por moito que as informacións mentireiras ou a manipulación tenten contaminar a realidade, temos que facer o esforzo por non deixar que caiamos no engano. Porque non por repetir unha mentira moitas veces, esta acaba sendo verdade. E neste noso mundo, complexo e demasiado cheo de intereses, de uns e outros, se non somos capaces de ser persoas que fagamos do discernimento libro da vida, coremos o risco de caer e crer, as mentiras e enganos que no río revolto de acontecementos e situacións, promoven e propician os poderosos. Os que queren dominar o mundo dominando, e manipulando a información. Tarefa nosa é buscar, non se esforzo, certamente, a verdade . Unha verdade que non chega desde unha única voz, senón dese o poliedro de voces que escoitamos e que temos que ir separando e distinguindo para saber onde está a que non engana nin nos manipula, querendo facer de nós simples monicreques. É verdade que esta tarefa non é doada, pero que sería a vida sen esforzo! Aprendamos dos cristiáns da primeira hora.
  • No prohibir, entón, non está o camiño polo que debemos transitar cada día, senón no aprender a escoitar, diferenciar, reflexionar, contrastar con  outras opinións...porque só así seremos capaces de ter criterios e razóns desde as que fundamentar e asentar as nosas decisións e o noso xeito de actuar e comportarnos. Xa non valen os intentos de facer proselitismo apelando ao medo ou ao autoritarismo, é necesario que descubramos razóns que nos mostren por que paga ou non a pena “posicionarnos” ante as diferentes situacións e realidades que conforman a vida; por iso debemos esforzarnos en buscar razóns que nos mostren que non é algo do pasado ser crente hoxe, neste mundo líquido e no que , parece, non hai lugar para os principios e os valores que nos din que Deus segue a ser sentido e razón desde os que falar de respecto entre as persoas, de dignidade, de honestidade ou xustiza. E o é porque se Deus é amor, como non cansou de dicir e manifestar coa súa vida Xesús, ese amor non pode senón prolongaranse no facer e quefacer dos que nos dicimos seguidores activos dese Deus que nos chama a non destruír a casa común que nos deu, non só para acubillarnos baixo dela, senón para coidala e facela crecer, poñéndoa ao servizo de tod@s.
  • Deste este compromiso, os crentes facemos da nosa vida loanza ao Deus que nos libera e nos mantén na coherencia, non deixando que caiamos na mesquindade de quen o xustifica todo ou só vive para o seu propio interese/s. E a loita contra este comportamento mesquiño é á que nos chama Xesús desde as páxinas do evanxeo que acabamos de proclamar. O que supón romper prexuízos e aprender a fiarnos das persoas. No evanxeo vemos como os apóstolos dubidan e non acaban de fiarse. Seguen cos seus medos e as súas teimas.  Pero  Xesús non está nesta loita de perspectiva pequena e sen horizonte, a súa dinámica é outra: a solidariedade. Unha solidariedade que hoxe ten rostro e nome: nos veciñ@s que están sos e aos que ninguén visita, nos maiores cheos de achaques e teimas cos que necesitamos exercitar a paciencia, nos parad@s aos que lles pasa o tempo e non atopan traballo e si moito desacougo, nos emigrantes que van chegando e compartindo con nós espazos comúns da vida: escola, médico, parques, traballo... e nos que descubrimos que non son demos con cornos, senón fillas e fillos de Deus coma nós. En fin, que o Señor, dinos de novo que temos que termar uns dos outros, o que nos esixe ser construtores de pontes e non de muros; homes e mulleres de diálogo sincero e fraterno e non de enfrontamento e exclusión. Que este sexa, en verdade, o camiño da nosa Pascua!

Pés no chan e confianza en Deus
    Na mesa da Eucaristía que hoxe compartimos, poñemos tamén a oración comunitaria e dicimos: Que fagamos da vida oración.
  • Para que a Igrexa venza o seu medo a dicir a verdade, e deixe de gastar esforzos por quedar ben ante os demais, e traballe para, desde o Evanxeo, dicir a verdade e desenmascarar aos que desde dentro a emporcan co seu comportamento e  as súas palabras. Oremos. Que fagamos da vida oración.
  • Para que nas nosas comunidades cristiás  descubramos que á Eucaristía non levamos oracións baleiras nin ritos aprendidos, senón a vida: as ledicias e os fracasos; as penas e as alegrías o sentido comunitario e non o individualismo. Oremos. Que fagamos da vida oración.
  • Para que venzamos os noso medos e as nosas inseguridades, non deixándonos levar da tentación de xulgar a criticar aos demais, sen ser capaces de vencer prexuízos e recoñecer que os necesitamos. Oremos. Que fagamos da vida oración.
Grazas, Señor, por volver  mostrarnos que o camiño da Pascua supón da nosa parte esforzo, perseveranza e renuncia a canto escureza que as persoas compartimos dignidade, respecto e igualdade. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Latexando tenrura no corazón o corazón
O medio ambiente é un ben colectivo, patrimonio de toda a humanidade e responsabilidade de todos. Quen se apropia algo é soo para administralo en ben de todos. Se non o facemos, cargamos sobre a conciencia o peso de negar a existencia dos outros. “ ( L.S.95)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...