QUEN MÁIS SOFRE O MALTRATO Á CASA COMÚN NON ES TI
(CAMPAÑA DE MANS UNIDAS)
CANTO GOZOSO
- ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10)
- LECTURAS: Canta o sol (Nº 22)
- OFERTORIO: Señor Xesús (Nº 52)
- COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58)
OLLOS ABERTOS
Hoxe, segundo domingo de febreiro, celebramos a campaña contra a fame de Mans Unidas. Baixo o lema “Quen máis sofre o maltrato á casa común non es ti”, esta asociación da Igrexa española convídanos ao coidado da creación, da nosa casa común, que en palabras do Papa Francisco “é tamén como unha irmá coa que compartimos a existencia”. (LS 1)
É toda unha invitación a reflexionar sobre a tarefa que as persoas que nos dicimos cristiás temos de coidar e protexer o ecos, é dicir, a casa, o lugar no que medramos e nos desenvolvemos como persoas.
Urxe, xa que logo, superar a cultura do descarte, que exclúe ás persoas máis débiles, necesitadas de atención e coidados ou sinxelamente ás que estorban; unha cultura que valora só o útil e o que xera beneficio propio. Temos que optar por unha cultura do encontro e do coidado, tanto da xente excluída como da casa común, porque a dignidade humana está intimamente ligada ao dereito a vivir nun medio ambiente san, onde se protexan a sustentabilidade e a solidariedade.
Hoxe, segundo domingo de febreiro, celebramos a campaña contra a fame de Mans Unidas. Baixo o lema “Quen máis sofre o maltrato á casa común non es ti”, esta asociación da Igrexa española convídanos ao coidado da creación, da nosa casa común, que en palabras do Papa Francisco “é tamén como unha irmá coa que compartimos a existencia”. (LS 1)
É toda unha invitación a reflexionar sobre a tarefa que as persoas que nos dicimos cristiás temos de coidar e protexer o ecos, é dicir, a casa, o lugar no que medramos e nos desenvolvemos como persoas.
Urxe, xa que logo, superar a cultura do descarte, que exclúe ás persoas máis débiles, necesitadas de atención e coidados ou sinxelamente ás que estorban; unha cultura que valora só o útil e o que xera beneficio propio. Temos que optar por unha cultura do encontro e do coidado, tanto da xente excluída como da casa común, porque a dignidade humana está intimamente ligada ao dereito a vivir nun medio ambiente san, onde se protexan a sustentabilidade e a solidariedade.
PRECISANDO DA TÚA MISERICORDIA
Por ter esquecido que somos persoas inquilinas e coidadoras da casa común, SEÑOR, PERSOA O NOSO DESINTERESE POLA CASA COMÚN.Porque só miramos o noso embigo, e preocupámonos dos problemas cando nos afectan directamente; CRISTO, PERSOA O NOSO DESINTERESE POLA CASA COMÚN.
Porque consumimos, devastamos, arrasamos e ferimos a casa común sen decatarnos de que todo está conectado, SEÑOR, PERSOA O NOSO DESINTERESE POLA CASA COMÚN.
PÉS NO CHAN
O 24 de maio de 2015, o papa Francisco publicou a encíclica Laudato si sobre o coidado da casa común. Nela pousa a súa mirada sobre o que, case cinco anos despois, constitúe unha grande preocupación para todas as persoas de ben: a cuestión ecolóxica. A publicación deste documento, que ocupou tempo de telexornais, portadas de xornais e artigos de opinión de todo tipo, foi considerada por moitos membros da xerarquía como un snobismo, unha tolería dun papa que non tiña outra cousa que facer. Porén, botando a vista atrás só podemos agradecer a apertura de miras de Francisco, quen, coa súa reflexión, nos invita a descubrir “ata que punto son inseparables a preocupación pola natureza, a xustiza coas persoas pobres, o compromiso coa sociedade e a paz interior” (LS 10)Retomando este documento, a campaña de Mans Unidas lémbranos que son moitas as feridas que os seres humanos lle imos causando á terra: cambio climático, contaminación, esgotamento de recursos, deforestación, perda de biodiversidade.... e todas estas feridas teñen incidencia directa na vida da xente, especialmente daquela máis vulnerable, pois quen máis sofre o maltrato á casa común non somos as persoas que vivimos no mundo rico, no primeiro mundo, senón aquelas que viven no mundo desenvolvido: inundacións, secas extremas, desertificación, perda de acceso a recursos básicos, migracións forzosas por inclemencias meteorolóxicas, aumento da pobreza... son sinais de morte que afectan á nosa casa común e aos seres que nela habitamos. O berro da terra e o berro da xente pobre é un.
Un sentimento de íntima unión con todos os seres humanos require tenrura, compaixón, preocupación e xustiza para todos. Todo está relacionado. Todos os seres, e de maneira especial os humanos, estamos entrelazados por ese amor que Deus ten a cada unha das súas criaturas. Esta conciencia crente de ser unha única familia humana é o mellor antídoto contra a globalización da indiferenza. O verdadeiro desenvolvemento humano cimentarase no cambio de actitudes: de donos e propietarios do mundo a moradores e coidadores, que loitan por unha vida digna, na casa común, para toda persoa os pobres é un
FRATERNIDADE ORANTE
Rezamos agora xunt@s a Deus presentando a oración comunitaria e dicindo:QUE TRABALLEMOS POR UNHA CULTURA DE ENCONTRO E DE COIDADO
- Para que a Igrexa, non faga oídos xordos ao clamor das persoas pobres senón que traballe para resolver as causas estruturais da pobreza, e por promover o desenvolvemento integral das persoas, OREMOS.
- Para que como comunidade colaboremos hoxe coa nosa axuda económica ao traballo de Mans Unidas a prol da dignidade e dos dereitos das persoas máis desfavorecidas e esquecidas, OREMOS.
- Por cada unha e cada un de nós, para que non esquezamos que os xestos cotiáns e sinxelos da nosa vida: non estragar a auga, reciclar e reutilizar as cousas, consumir menos.... son esenciais para o coidado da casa común, OREMOS.
- Por todas as persoas que traballan en e por calquera ONG, dando voz á xente que a cultura do descarte vai deixando tirada á beira do camiño; OREMOS.
Acolle canto hoxe, Señor, poñemos ao teu abeiro, coa confianza de que nos vas acompañar nesta tarefa de converter a túa Palabra en forza para o camiño da vida. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
ORACIÓN POLA NOSA TERRA
Deus Pai-Nai, que estás presente en todo o universoe na máis pequena das túas criaturas.
Ti, que rodeas coa túa tenrura todo o que existe,
derrama en nós a forza do teu amor
para que coidemos a vida e a beleza.
Asoláganos de paz,
para que vivamos como irmáns e irmás, sen danar a ninguén.
Deus das persoas pobres,
axúdanos a rescatar á xente abandonada e esquecida desta terra,
que tanto vale aos teus ollos.
Sanda as nosas vidas,
para que sexamos persoas protectoras do mundo e non depredadoras,
para que sementemos fermosura e non contaminación e destrución.
Toca os corazóns dos que buscan só beneficios á conta dos pobres e da terra.
Ensínanos a descubrir o valor de cada cousa,
a contemplar con admiración,
a recoñecer que estamos profundamente unidas e unidos
con todas as criaturas no noso camiño cara á túa luz infinita.
Grazas porque estás connosco todos os días.
Aléntanos, por favor, na nosa loita pola xustiza, o amor e a paz.
Papa Francisco
Comentarios