Ir al contenido principal

2 Advento B

EN TEMPO DE  TANTO ENGANO E ABUSO, GRAZAS SEÑOR, POLO TEU CONSOLO E A TÚA CONFIANZA
Descarga o ficheiro
SINAL PARA ESTE ADVENTO: Engadimos neste domingo dúas follas de carballo, colocándoas ao lado da que xa puxeramos a semana anterior.
ESCOITA ACTIVA
 Canto, nestes tempos de incerteza, necesitamos consolo e escoita para curar as feridas do engano, a mentira, ou calquera outro comportamento opaco e falto de transparencia!. Acaso cada día non imos atopando con persoas desilusionadas e a piques de tirar a toalla e deixalo todo, mesmo a vida de fe e a súa participación nas celebracións comunitarias?. Persoas que confiaron e foron esquecidas ou utilizadas, persoas ás que se lles dixo que todo era chan e sen baches, e cando estes chegaron ningunha man se lles tendeu para acompañalas e aconsellalas. Por iso agradecemos hoxe este texto de Isaías, que pon na boca de Deus a chamada a achegarnos e consolar a aquelas persoas coas que atopamos e vemos tristes, desacougadas e sen esperanza.
    Sexamos nós hoxe a folla de carballo que achega a savia verde e a forza da luz do Espírito aos irm@ns necesitados de ser visibilizados, escoitados e acollidos para que non queden ao pairo dunha sociedade que se vai desmantelando sen que nos deamos conta, ou dándonos pero sen sentírmonos chamados a actuar, de que as persoas que quedan nas súas beiras están condenadas ao maior dos esquecementos.
    Que este tempo de Advento renove, ilusione e active a savia que circula polas nosas veas para que a palabra do mensaxeiro non quede reducida palabrería estéril.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Señor, perdón por ter producido desconsolo nos irmáns, SEÑOR, AGARÍMANOS COA TÚA MISERICORDIA.
  • Señor, perdón por rexeita-la túa man e facer da nosa vida un simple consumir o  innecesario, CRISTO, AGARÍMANOS COA TÚA MISERICORDIA.
  • Señor, perdón por esquecer ao Mensaxeiro e non recoñecer que necesitamos converternos, SEÑOR, AGARÍMANOS COA TÚA MISERICORDIA.
PALABRA ENRAIZADA
  • Seguro que temos escoitado esta lectura moitas veces en Adventos pasados. Pero como nos corre co tempo, tamén coas lecturas que imos proclamando os domingos nas celebracións –e iso que as repetimos cada tres anos– temos memoria fráxil, memoria de peixe, como lle dicimos aos nenos, e esquecémonos facilmente delas. Por iso é moi bo, osixenante poderiamos dicir, tentar de entender a primeira lectura de hoxe e poñela en relación coa nosa vida. Nela, o profeta fala no nome de Deus invitando a unha actitude que pouco a pouco parece que tod@s, uns máis ca outros todo hai que dicilo, imos esquecendo. Referirmos a esa actitude tan humana, e polo tanto cristiá de consolar a quen o necesita: a quen está só, triste, derrotado, invisibilizado, esquecido... Hai tantas persoas na nosa sociedade, na nosa contorna hoxe necesitadas de consolo! .E que pouco o practicamos, que pouco caso lle facemos a estas actitudes coas que Deus invita a encher e dar sentido da nosa vida.
  • Consolar: acollendo, escoitando, unindo forzas co traballo comunitario, visitando aos enfermos, levando sorriso onde sabemos que hai moita tristura, dispondo de tempo para acompañar a quen está só, facéndonos presentes ao lado de quen acaba de perder un ser querido, non calando ante o engano e a mentira á que nos someten os que mandan, comprometéndonos a non deixar que as inxustizas, a corrupción e a mentira pasen por riba das persoas, tratándoas como se foran algo e non alguén. Consolar... respondendo á chamada, invitación e urxencia que Deus nos dirixe hoxe desde a súa palabra.
  • O consolar ten que ir sempre acompañado da actitude de facer as cousas para, con e polos demais, sen que iso supoña crernos nin mellores nin elixidos para crernos superiores a eles. O consolo é unha actitude á que nos chama este tempo de Advento, para facer del motivo de esperanza e achega a aquelas situacións polas que están a pasar as persoas coas que noso atopamos cada día, e diante das que non debemos virarlle a cara. E o consolo, como nos di Pedro na segunda lectura, non vai á par da présa, senón que necesita paciencia, capacidade para ver e analizar as cousas; responsabilidade para implicarnos e comprometernos na busca de solucións. Nunha palabra: facer da vida acción e resposta de servizo a canto Deus nos vai pedindo para que non agrome nin a carraxe nin a desesperación nos corazóns dos que non contan para os poderosos. Nós non podemos ser do grupo dos que mandan, dos que oprimen, dos que impoñen, dos que... senón dos que serven e comparten. Porque ese é o camiño cara á xustiza ao que nos chama Xesús, e do que tantas persoas teñen feito camiño da súa vida nos dous mil anos de vida da Igrexa!.
  • Vaiamos, logo, preparando este camiño que nos invita a percorrer Xesús. O camiño que nos fai conscientes das nosas limitacións, dos nosos erros, das nosas debilidades; non para quedar aí e laiarnos delas, senón para superalas e facer da nosa vida, das nosas ilusións e esperanzas unha experiencia de vida que nos estimula, que nos alenta e que nos aleda. Para isto, para tomar conciencia de que necesitamos cambiar e mellorar, pon a liturxia da igrexa o tempo de Advento. Non miremos cara atrás, ergamos a mirada e dispoñámonos a construír futuro e esperanza desde o presente sincero das nosas limitacións e das nosas capacidades, para que cando El chegue nos atope preparados!.
FRATERNIDADE ORANTE
Señor, tráenos a paz para que sigamos camiñando en esperanza compartida cos irm@ns, por iso che dicimos:
QUE A FORZA DO ESPÍRITO ALENTE A NOSA VIDA
  • Grazas, Señor, por invitarnos a facer deste tempo de Advento un tempo de camiño eclesial solidario e aberto a acoller e non a excluír, OREMOS
QUE A FORZA DO ESPÍRITO ALENTE A NOSA VIDA
  • Grazas, Señor, por chamarnos a renovar as nosas comunidades, para que non nos deixemos ir polos camiños do costume, o rito ou o conservadorismo que se afasta do evanxeo e se empobrece nas tradicións estériles, OREMOS.
QUE A FORZA DO ESPÍRITO ALENTE A NOSA VIDA
  • Grazas, Señor, por estimularnos con este tempo de Advento a cambiar as nosas actitudes e a volver polo camiño que nos fai seguir as pegadas do Evanxeo, OREMOS.
QUE A FORZA DO ESPÍRITO ALENTE A NOSA VIDA
Señor, volvemos poñernos en camiño. Sabemos da nosa debilidade, pero tamén sabemos que Ti non nos deixas sós, senón que nos acompañas como compañeiro que nos colle do brazo cando cansamos. P. X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZA
Quero entregar a miña vida e o mellor de min,
para o servizo aos que me rodean.
Móstrame os camiños da solidariedade,
lévame polas pegadas da compaixón,
condúceme ao horizonte do amor eficaz.
Dáme a túa man, Señor, e guíame cara onde me necesiten.
Ofrézoche o meu tempo, o meu esforzo,
as miñas gañas de dar e de darme.
Quero seguir o teu exemplo,
ser capaz de dalo todo polos outros.
Quero vivir con alegría a festa do dar,
como tantos que andaron por estes vieiros
e os fixeron xermolar coas súas vidas.
Deus bo, que queres o ben e unha vida digna para todos,
axúdame a servirte nos demais,
para vivir honrando o teu nome
e construíndo o teu Reino. Amén.
(Caritas, Advento e Nadal, p.55)
CANTO GOZOSO
  • ENTRADA: Volve, Señor
  • LECTURAS: Escoita ao Señor, pois El contigo está
  • OFERTORIO: Déixate querer
  • COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei
(Quen o saiba, pode comezar a celebración co canto Consolade ao meu pobo)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...