Ir al contenido principal

26 domingo TO C 2022

AQUÍ CONSTRUIMOS UN FUTURO CON PERSOAS MIGRANTES E REFUXIADAS!!!!!!!!!!

CANTOS

ö  ENTRADA: Todos xuntos coas mans unidas

ö  LECTURAS: Eu soñei (Nº 58)

ö  OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)

ö  COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

OLLOS ABERTOS

Sen lugar a dúbidas, as migracións constitúen un sinal de identidade do noso tempo. Son múltiples as causas deste fenómeno: económicas, laborais, políticas, debidas ao fanatismo ou ás guerras.... mais todas teñen un fío condutor, un denominador común: a desesperación. Porque non nos enganemos: ninguén deixa atrás a súa terra, a súa familia, a súa lingua, a súa cultura... se non é movido pola desesperación que leva a esas persoas a buscar un futuro mellor aínda poñendo en risco a súa propia vida.

E cando chegan ou tentan chegar ao seu país de destino, que atopan? Fronteiras pechadas, xenofobia, exclusión, rexeitamento, marxinación, miradas discriminatorias e acusadoras (“quítannos o traballo”), desconfianza... que poñen máis dor na súa existencia. Porque somos persoas expertas en levantar muros que illan en lugar de tender pontes que unen e achegan. 

Hoxe, no día no que a Igrexa celebra a xornada das persoas migrantes e refuxiadas, a Palabra que imos proclamar invítanos de xeito claro a facer unha aposta rotunda pola compaixón, pois son moitos os Lázaros, son moitas as persoas da casa de Xosé que petan na nosa porta pedindo ser acollidas. Non fagamos oídos xordos. 

CORAZÓN MAGOADO

*    En Ti cremos; SEÑOR, TEN COMPAIXÓN DE NÓS.

*    Queremos converternos de corazón a Ti; CRISTO, TEN COMPAIXÓN DE NÓS.

*    En ti poñemos a nosa esperanza; SEÑOR, TEN COMPAIXÓN DE NÓS.

OÍDOS Á ESPREITA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE AMÓS

Isto di o Señor:

-       ¡Malia os que viven no lecer en Sión, os despreocupados no monte de Samaría!. Déitanse en leitos de marfil, vaguean nas súas camas, xantando os carneiros do rabaño e os xatos sacados da corte. Cantarexan ó son da arpa e, coma novos David, inventan instrumentos. Beben viño nas grandes copas e únxense coa esencia dos perfumes, mais a desfeita de Xosé non os deprime. Por iso agora van partir para o exilio á cabeza dos deportados, pois rematou a esmorga dos nugalláns".

PALABRA DO SEÑOR

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE PAULO A TIMOTEO

Home de Deus; procura a xustiza, a piedade verdadeira, a fe, a caridade, a paciencia e a mansedume. Loita na fermosa competición da fe, procura a vida eterna á que te chamaron e que confesaches de maneira brillante diante de moita xente. Mándocho ante Deus, que fai vivir todas as cousas, e ante Cristo Xesús, que con tan magnífica confesión deu testemuño ante Poncio Pilato: garda o mandamento, sen lixo e sen tacha, ata a manifestación gloriosa do Señor noso Xesús Cristo. No seu debido tempo amosarao o Deus bendito e único podente, Rei dos reis e Señor dos señores. O único que ten a inmortalidade e que habita nunha luz inaccesible. A El ningún home o viu nin o pode ver. A El a honra e o poder eterno. Amén.

PALABRA DO SEÑOR

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Naquel tempo díxolle Xesús aos fariseos:

Había un home rico que vestía roupa de púrpura e liño fino, e que celebraba todos os días espléndidos banquetes. O pé da súa porta xacía un pobre, chamado Lázaro, todo cuberto de chagas, que estaba desexando matar a fame co que caía da mesa do rico; e incluso os cans se achegaban a lle lamber as chagas.

Resulta que morreu o pobre, e levárono os anxos ó seo de Abraham. Morreu tamén o rico, e enterrárono. Estando no lugar dos mortos, no medio dos tormentos, erguendo os ollos viu a Abraham e mais a Lázaro no seu seo. Entón suplicoulle dicindo: "Ai, pai Abraham, ten dó de min; mándame a Lázaro para que molle o seu dedo na auga e refresque a miña lingua, porque me atormenta o lume". Pero Abraham contestoulle: "Fillo, recorda que ti recibiches bens na túa vida, mentres Lázaro recibiu males; agora el recibe consolo e ti tormento. Ademais, entre nós e vós hai un abismo insalvable; de xeito que desde aquí non se pode pasar onda vós, nin desde aí se pode vir onda nós". Entón el insistiu: "Suplícoche, pai Abraham, que o mandes a casa do meu pai, 28onde teño cinco irmáns, para que lles fale claramente e non veñan dar a este lugar de tormentos". Pero Abraham respondeulle: "Xa teñen a Moisés e os Profetas: que lles fagan caso a eles".

El volveu insistir: "Pero non llelo van facer, pai Abraham, non; se un morto vai onda eles, seguro que se converterán". Pero Abraham replicoulle: "Se a Moisés e mais ós Profetas non lles fan caso, tampouco llo farán nin a un morto resucitado".

 

PALABRA DO SEÑOR

UNHA PALABRA QUE É ALENTO NO CAMIÑO

ü  Continuamos escoitando na primeira lectura a denuncia clara e directa do profeta Amós. Se o domingo pasado nos advertía ao respecto da utilización das persoas, desta volta pon o acento na nosa indiferenza. Si, porque cantas veces temos o corazón reseco e paralizado polo medo. Estamos tan ben instaladas e instalados na nosa sociedade de confort, tan ben adestradas e adestrados nun consumismo desgarrador, tan ben educadas e educados na cultura do benestar que se nos poñen os pelos de punta ao pensar que todo isto está “ameazado” pola chegada de persoas migrantes e refuxiadas, ao pensar que debemos compartir os nosos privilexios, ao pensar que falamos de xustiza, non de caridade. Énchesenos a boca con palabras como solidariedade que soan ocas ante o egoísmo co que actuamos.

ü  Por iso Paulo lembráballe a Timoteo e lémbranos hoxe a nós que procuremos a xustiza e a caridade. Só desde estas actitudes seremos quen de comprender que Deus non exclúe a ninguén do seu proxecto de amor. O seu é un proxecto inclusivo que sitúa no centro ás persoas das periferias existenciais, entre as cales están migrantes, refuxiadas, desprazadas e vítimas de trata. Como nos di Francisco, é con estas persoas coas que Deus quere edificar o seu Reino, pois a inclusión das persoas máis vulnerables é condición necesaria para obter a plena cidadanía.

ü  E todo isto concrétase na Palabra que vimos de proclamar neste domingo nunha sinxela e profunda actitude: a compaixón, a empatía, o saberse poñer no lugar da outra persoa. Mais canto nos custa! Si, porque nós tamén padecemos a enfermidade da indiferenza, pois a cultura do benestar, que nos leva a pensar só en nós, fainos insensibles ao berro de Lázaro e da casa de Xosé, fainos vivir nas pompas de xabón do egoísmo e condúcenos de cabeza á globalización da indiferenza. Afacémonos ao sufrimento da outra persoa, non ten que ver con nós, non nos importa, non nos interesa. Mais non é isto o que Deus espera de nós. Nós queremos medir os movementos migratorios por nomes, por historias, por familias. Son irmás e irmáns que buscan un futuro mellor. Non nos deixemos intimidar polo medo, polos números, polos prexuízos.... Miremos aos ollos da xente, escoitemos as súas historias, traballemos por responder do mellor xeito posible á súa situación. Así a nosa resposta será humana, xusta e fraterna. Coidémonos de caer na cultura do descarte. E lembremos unha regra fundamental: actuemos coa xente como nos gustaría que actuaran con nós.

ORAMOS EN COMUNIDADE

Ao Deus do amor e da misericordia, que non cansa de ofrecernos a súa tenrura, dicímoslle:

GRAZAS, SEÑOR, POR INVITARNOS A CONSTRUIR FRATERNIDADE

  • Pola Igrexa, chamada a promover comunidades acolledoras e misioneiras e a construír futuro coas persoas migrantes e refuxiadas, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR INVITARNOS A CONSTRUIR FRATERNIDADE

  • Polas nosas comunidades, para que saibamos descubrir a diversidade e a pluralidade coma unha oportunidade para responder con fidelidade ao Evanxeo; OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR INVITARNOS A CONSTRUIR FRATERNIDADE

GRAZAS, SEÑOR, POR INVITARNOS A CONSTRUIR FRATERNIDADE

GRAZAS, SEÑOR, POR INVITARNOS A CONSTRUIR FRATERNIDADE

  • Por cada unha e cada un de nós, para que teñamos ben abertos os ollos, os oídos, as mans e o corazón diante dos Lázaros e dos Xosés do noso tempo; OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR INVITARNOS A CONSTRUIR FRATERNIDADE

Grazas, Señor, por seres para nós compás e caxato no camiño da vida. Que a pesares das dificultades e dos nosos erros, sempre nos sintamos acompañad@s por Ti. P.X.N.S. 

ALENTO NO CAMIÑO

Señor, fainos persoas portadoras de esperanza,

para que onde haxa escuridade brille a túa luz,

e onde haxa resignación renaza a confianza no futuro.

Señor, fainos instrumentos da túa xustiza,

para que onde haxa exclusión agrome a fraternidade,

e onde haxa cobiza agrome a comuñón.

Señor, fainos persoas construtoras do teu Reino

xunto coas persoas migrantes e refuxiadas

e con todas as persoas que viven nas periferias.

Señor, fai que aprendamos o fermoso que é vivir coma irmás e irmáns. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

4 advento 2022

Sinal de Advento.- Incorporamos unha nova bóla á árbore da vida. Desta volta:  Coidar e curar .   Canto gozoso   Entrada.-  Volve Señor ( 90 ) Lecturas.-   Camiñarei na presenza do Señor ( ) Ofertorio.-     Ti é-lo pan do ceo   (Nº 54) Comuñón.-   Déixate querer     (Nº 61)   Escoita activa        Enfilando xa o tramo final do tempo de Advento, volvemos reunirnos como comunidade para compartir e celebrar que o amor de Deus achégase a nós por medio da encarnación do seu Fillo Xesús. El, facéndose un dos nosos, asume a nosa condición humana para estar ao noso carón, para ser o compañeiro na viaxe da vida, para tendernos a man que nos coida e nos cura.        Comecemos entón a celebración comunitaria deste cuarto domingo de Advento, dispoñéndonos a participar deste encontro gozoso e festivo.   Corazón misericordioso   ·        Por tódalas veces nas que non coidamos de quen nos precisa.  SEÑOR, CÓIDANOS E CÚRANOS . ·        Por tódalas veces nas que non temos coidado de nós.  CRISTO, CÓIDA

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel

3 Coresma A 2023

CORESMA, TEMPO PARA FACER MUDANZA SINAL DE CORESMA Colocamos a terceira pedra por riba do altar. CANTO GOZOSO ENTRADA: Na noite escura (Nº 104)  LECTURAS: A auga do Señor (Nº 125) OFERTORIO: Oh, Señor, escólleme (Nº 62) COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) ESPERTANDO Á RÚAH Canta sede nos temos producido por andar ás carreiras! Canta sede innecesaria temos creado polo noso afán de facer moitas cousas de vez! Canta sede de desacougo temos provocado co noso intento de encher con cousas, sumadas unhas a outras, o déficit de espiritualidade, de contemplación, de fondura e transcendencia!!!!. Porque cando só nos intentamos soster sobre cousas materiais, empequenecemos e acabamos por sentir desacougo e desamparo, porque o ter ou o facer en si mesmos, nin enchen nin dan sentido á vida. Disto é do que nos vai falar hoxe o evanxeo: de atinar ben na escolla para que as nosas sedes sexan colmadas, e non precisemos encher tempo para evitar atoparnos co baleiro das cousas que non enchen. S