Ir al contenido principal

Inmaculada 2008

PORQUE PARA DEUS NON HAI IMPOSIBLES.... QUE SE CUMPRA A TÚA PALABRA!
PÓRTICO
Hoxe fálase moito de ir ao fondo, á orixe, á raíz. Sabemos que moitas veces a solución das cousas e dos problemas pasa por recompoñer os alicerces e sandar as situacións desde a súa orixe.
E se vamos á orixe, alí atopamos a María, atopamos o seu si incondicional, atopamos a súa opción radical por Deus.
Por que, entón, despois de tantos séculos as mulleres seguimos estando silenciadas, marxinadas, seguimos sen ser valoradas na Igrexa?. Quizá cómpre volver ás orixes, volver aos alicerces, para reconducir o camiño, para andar polos vieiros da igualdade e da complementariedade.
Que esta celebración nos axude a que neste tempo de Advento valoremos e respectemos o traballo de tantas e tantas mulleres ao noso redor.

O PERDÓN
  • María soubo darche un si incondicional. Polas veces nas que a vergoña, o medo, o pasotismo, o quedar ben, a intransixencia... fan que descreamos de Ti e d@s irmáns, SEÑOR, ROMPE AS NOSAS CADEAS.
  • María soubo poñerse ao teu servizo. Polas veces nas que nós non somos quen de servirte a Ti nos demais, senón que só os utilizamos para o noso proveito, CRISTO, ROMPE AS NOSAS CADEAS.
  • María foi quen de romper as cadeas dos prexuízos, do qué dirán, do sempre se fixo así. Polas veces nas que nós vivimos acomplexad@s, mergullad@s nos nosos grupos burbulla para non “contaminarnos” cos que non pensan coma nós, SEÑOR, ROMPE AS NOSAS CADEAS.

REMUÍÑO
A primeira lectura, tomada do libro da Xénese, reflicte dun xeito claro unha postura moi de moda na nosa sociedade, e polo tanto tamén na nosa Igrexa: a de botar balóns fóra, evadíndonos das nosas responsabilidades, eludindo os nosos compromisos. Porque.... ¡canto nos custa asumir os nosos erros, como nos rebotamos cando alguén ousa dicir ou suxerir que algo do que fixemos, dicimos ou de cómo actuamos, non é correcto!. E, sen embargo, qué enganad@s estamos pensando que a soberbia, a prepotencia ou o inmobilismo son actitudes construtivas. ¡Cando daremos entendido que só desde un compromiso real no mundo e co mundo, no que xustiza, solidariedade, respecto, igualdade, amor e coherencia non sexan só palabras fermosas, senón actitudes da nosa vida cotiá, poderemos facer presente o Reino de Deus!
Un Reino no que temos cabida tod@s, que non entende de distincións por mor do lugar de nacemento, de idade, de status social, de nivel de estudos... e tampouco por mor de xénero, pois como nos lembra Paulo tod@s, tamén as mulleres, fomos elixidas para sermos sant@s por amor; tod@s, tamén as mulleres, temos talentos; tod@s, tamén as mulleres, temos voz, temos ideas, temos creatividade, temos criterio, estamos comprometidas fondamente coa causa de Xesús... e o que é máis importante: queremos que se nos teña en conta e se nos escoite.
É hora, polo tanto, de ir deixando atrás pesados lastres que nos impiden camiñar na igualdade, na complementariedade, no servizo. É hora de que, como María, tod@s esteamos dispost@s a dicir: que se cumpra en nós a túa Palabra. Para Deus non hai imposibles. Por que para nós si?

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Como María, poñámonos tamén nós hoxe en actitude de confianza e compromiso diante de Deus e da comunidade, e digamos xunt@s:

MARÍA, QUE COMA TI CAMIÑEMOS NO SERVIZO.

  • Para que a Igrexa, como María, saiba ser para todas as persoas o colo de nai que acubilla, as mans de nai que acariñan, o corazón de nai, que ama incondicionalmente e dá sen pedir contas, OREMOS.
MARÍA, QUE COMA TI CAMIÑEMOS NO SERVIZO.
  • Para que nas nosas comunidades e ao noso redor, saibamos descubrir e valorar o esforzo calado e constante de tantas e tantas mulleres que loitan, traballan e entregan a súa vida polos demais, sen pedir nada a cambio, OREMOS.
MARÍA, QUE COMA TI CAMIÑEMOS NO SERVIZO.
  • Por todas aquelas mulleres que, en calquera parte do mundo, sofren polo simple feito de ter nado mulleres: as vítimas da violencia de xénero, as que son despoxadas da súa dignidade, as que non son respectadas nos seus dereitos fundamentais... para que o noso compromiso cristián nos mova a traballar polo respecto, a igualdade e a complementariedade, OREMOS.
MARÍA, QUE COMA TI CAMIÑEMOS NO SERVIZO.
Grazas, María, por estar sendo alenta, forza, camiño e esperanza na nosa vida. Que, coma ti, perdamos os nosos medos e traballemos para alonxar de nós a tentación da comodidade, da utilización ou da falta de respecto. PXNS. Amén

PARA A REFLEXIÓN
MARÍA DA ESPERANZA
María de Nazaret, nai do noso Señor,
compañeira das nosas marchas,
ven visitarnos e queda con nós.
María, Virxe da Esperanza,
contáxianos a túa forza,
achéganos o Espírito que enche a túa vida.
Axúdanos a vivir con ledicia,
a pesares das probas e das cruces
que atopamos no seguimento do teu Fillo.
Que non nos desalente a lentitude dos cambios,
que as espiñas da vida non afoguen a semente do Evanxeo.
Que non perdamos a utopía
de crer que outro mundo é posible.
Que non nos crucemos de brazos
na loita pola xustiza
e na práctica da solidariedade.
Que non se enturbe a nosa mirada
ata tal punto que non véxamos a luz do Señor
que nos acompaña sempre,
que camiña ao noso carón,
que nos sostén nos momentos duros.
Que, coma ti, sexamos quen de dicirlle si
cos nosos feitos, coas nosas actitudes, cos nosos xestos....
coa nosa vida!


CANTOS
ENTRADA: Xa nos tes aquí
LECTURAS: Santa María, naiciña do ceo
OFERTORIO: Benaventurados
COMUÑÓN: Que bonito

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...