Ir al contenido principal

Domingo 32

DIANTE DO PENSAMENTO DÉBIL E EFÉMERO, CONSTRUAMOS NA ESPERANZA E CONFIEMOS UNS NOS OUTROS

PÓRTICO

As persoas non podemos vivir sen esperar en algo ou en alguén. De algún xeito, sempre andamos a buscar felicidade, seguridade, satisfacción.. unha luz que aínda non posuímos.

E estas esperanzas que marcan a nosa vida diaria poden ser moi distintas e variadas; pero o certo é que cando reducimos o abrente da nosa vida e limitámonos a vivir de “pequenas esperas”, empobrecémonos e as nosas lámpadas van esmorecendo. Chega un día no que as esperanzas se desgastan, o optimismo esgótase e a vida empeza a escurecer. A parábola de Xesús que hoxe proclamaremos, sobre as mozas ás que se lles gasta o aceite das súas lámpadas mentres agardan ao noivo, lémbranos que ser cristián é saber agardar en Deus, esperar nel por riba das dificultades e das adversidades.

Que a celebración que agora comezamos nos axude a abrirnos á realidade do Deus de Xesús, un Deus alegre que prepara un banquete de vodas para recibirnos.


O PERDÓN

  • Porque moitas veces cando actuamos, só pensamos en que os demais se fixen en nós, e que loen o bo e o eficazmente que facemos todo, SEÑOR, QUE ASENTEMOS A NOSA VIDA.

  • Porque vivimos unha fe desencarnada, pois a pesares de que dicimos coñecer, crer e esperar non damos entendido que sen o aceite do amor a nosa vida esmorece, CRISTO, QUE ASENTEMOS A NOSA VIDA.

  • Porque a falta de paz interior lévanos a perder a calma cando as dificultades chegan á nosa porta, SEÑOR, QUE ASENTEMOS A NOSA VIDA.


REMUÍÑO

  • Na sociedade da comunicación e da tecnoloxía, parece que ser sabio consiste en acumular títulos e premios, desprezando persoas e vidas que apostaron por ir facendo medrar neles e nos seus contornos respecto, dignidade, esforzo, renuncia... experiencia de moitos anos aprendida na dura universidade da vida. A primeira lectura lémbranolo, non cun pouso de nostalxia desesperanzada, senón como xermolo do que debera ser o noso quefacer ao abrir os ollos cada mañá: agradecer todo aquilo que vai posibilitando que aprendamos do exemplo calado de tantas persoas que non miran nin esperan recoñecemento, senón converter en vida verdadeira a chamada a ser irmáns, e como tal, a camiñar na fraternidade. Pois a verdadeira sabedoría “deixase atopar dos que a procuran”.

  • Lémbrasenos así algo que deberamos ter presente na nosa vida: Deus camiña connosco, sae ao noso encontro, faise presente coma compañeiro de camiño. Se esta realidade, tan sinxela pero tan fonda, a tiveramos presente na nosa vida, outro galo nos cantaría. Os nosos desánimos, as nosas canseiras, os nosos sensabores, as nosas tristuras... viviriamolas doutro xeito: desde a seguridade de Deus. Porén, fáltanos fe, esperanza, ilusión e confianza naquel que nos busca e espera de nós unha resposta.

  • Porque cando o efémero loite en nós por converterse en principio, debemos saber rexeitalo, buscando o que dá vida e sentido. E isto só o atoparemos naquel que non dubidou en sementar coa súa propia vida alento e consolo para os tristes, e sorriso e esperanza para os desacougados. Será a esperanza do Deus que confesamos e no que pomos a nosa vida –ledicias e tristuras-, a que nos vaia mostrando o abrente acolledor, presente en tantas persoas, máis alá de que saian na televisión ou no cine, o que nos indique que si hai futuro, que si hai plenitude, que isto non é un conto para enganarnos e manternos na ignorancia. Será esta esperanza a que posibilitará que sempre, non só no mes de santos, poidamos berrar con forza e sen medo, CRISTO VIVE!!!!, e o camiño por El aberto é o que nós percorremos, e que xa percorreron os nosos familiares e amigos que chegaron ao final. Con eles e por eles, unímonos hoxe en oración e esperanza. Diante de tanto proxecto falido, diante de tanta utilización e abuso das persoas, nós sabemos que posuímos o gran tesouro que ninguén nos vai quitar, e que nos invita non a gardalo no cofre, senón a comunicalo coa nosa vida: Cristo vive, e chámanos a vivir con El!. Non apaguemos a lámpada.


ORACIÓN DA COMUNIDADE

Pómonos agora en actitude de compartir as nosas preocupacións, e tamén os nosos gozos, para poñelos baixo a compaña do Deus que nos invita a manter acesas as lámpadas, e digamos xuntos:

ILUMÍNANOS COA TÚA LUZ

  • Para que a Igrexa saiba ser faro que ilumine a andaina de tantas persoas que camiñan nas escuridades da vida: o desamor, o desarraigo, a explotación, a insolidariedade, o illamento, a exclusión..., OREMOS.

ILUMÍNANOS COA TÚA LUZ

  • Polas nosas comunidades, para que no seu interior, non emerxan rivalidades polo xeito de pensar, polo nivel cultural ou económico dos seus membros, senón ao contrario, demos exemplo aos demais de unión, cercanía e respecto, OREMOS

ILUMÍNANOS COA TÚA LUZ

  • Por cada un e cada unha dos que estamos hoxe celebrando a fe, para que saibamos beber da fonte da sabedoría dos nosos maiores, aprendendo da súa experiencia e valorando o que nos foron deixando de camiño aberto na dignidade e no comunitario, OREMOS.

ILUMÍNANOS COA TÚA LUZ

Grazas, Señor, por querer ser faro que vai iluminando os nosos pasos. P.X.N.S.Amén.


PARA A REFLEXIÓN

É marabilloso, Señor,

ter os meus brazos perfectos cando hai tantos mutilados

e os meus ollos perfectos cando tantos non teñen luz.

A miña voz canta cando outras mendigan.

É marabilloso, Señor, volver á casa cando tantos non teñen onde ir.

É bo sorrir, amar, soñar, vivir... cando hai tantos que odian, choran e morren sen vivir a vida.

É marabilloso, Señor, ter un Deus para crer, cando tantos non posúen unha crenza.

É marabilloso, sobre todo ter tan pouco que pedir e tanto para agradecer.


(Oración hindú de agradecemento)


CANTOS

  • ENTRADA: Camiñando pola vida/A Cristo cantamos

  • LECTURAS: Traede para quen escoite

  • OFERTORIO: Déixate querer

  • COMUÑÓN: Non vou só/Palabras de vida e verdade

Comentarios

Marinha24 ha dicho que…
A Asociación Cultural Garipano contra a definición do "gallego" na RAE. aproldalinguagalega@hotmail.com

Somos unha Asociación Cultural Galega que acaba de formarse hai pouco tempo na cidade de Santiago de Compostela. Facémonos chamar "Asociación Cultural Garipano". Nacimos cun propósito firme : conseguir erradicar os significados incompletos e pexorativos que se poden observar sobre o termo "gallego" no dicionario da RAE (Real Academia Española). Segundo esta Academia, o termo "gallego" significa:

1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica.libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.
□ V.

Despois de moita investigación e tempo dedicados a contactar coas Academias de América do Sur, descubrimos que os significados de "tonto" e "tartamudo" son irreais tal e como os amosa a Academia. Cremos como asociación que níngunha comunidade de persoas merece ser abafallada en ningún lugar e moito menos nunha obra académica de tal "prestixio". Por outra banda pedimos que a definición da lingua galega se realice como é debido tal e como fan no mesmo dicionario coa definición de línguas coma "Catalán" ou "Euskera" ou "Vasco". Ademais, cremos que no caso do galego tamén se debe indicar que é unha língua romance e que Galicia foi un Reino independente, como se fai referencia por exemplo co "Catalán". Ademais, cremos que esta definición debería establecerse nunha segunda ou como moito nunha terceira acepción e non nunha sétima como aparece até o momento.

Para conseguirmos estes propósitos, estamos realizando unha recollida de sinaturas masiva a través da nosa páxina web:

http://www.aproldalinguagalega.org

Se a vosa organización, quere ofrecer o seu apoio pode acudir á seción Asina!/Assina!/¡Firma! . Unha vez alá, poden asinar en APOIOS COLECTIVOS en calqueira das ligazóns outorgadas.
Entre outras actividades que temos programadas pretendemos recoller milleiros de sinaturas para presionar moito máis á Rae e ás Academias Sudamericanas e facer que nos escoiten deste xeito.

Se alguén quere asinar individualmente pode facelo na mesma seción en apoios individuais, en calqueira dos enlaces ofrecidos.

Moitas gracias pola vosa colaboración!! Necesitámo-la moitísimo!

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...