Ir al contenido principal

Santos 2008

DÍA 1 DE NOVEMBRO DE 2008

Somos, en última instancia,

o Reino que se nos dá,

o que facemos día a día

e cara ao que, desexos@s, camiñamos

(P. Casaldáliga)

Como pode haber froito sen esforzo?. Non desesperedes

Pórtico

A celebración de hoxe é celebrar o triunfo do proxecto de Xesús, o feito de que a súa sementeira non quedou infecunda. As Benaventuranzas convértense en vida e en carne en moit@s irmáns e irmás nos@s. El@s constitúen para nós unha denuncia e un reclamo: invítannos a vivir na coherencia.

Por iso nun mundo coma o noso no que hai tanta escaseza de ledicia e de optimismo, a festa de hoxe invítanos a tod@s a ter folgos: o camiño que seguimos, crendo en Cristo, non é un camiño escuro ou sen final, senón que ten razón de ser: camiñamos cara á plenitude.

Que a celebración que agora imos comezar nos faga sentir a ledicia de pertencer a esa moitedume de homes e mulleres que quixeron ser pobres, que quixeron amar, que quixeron manter acesa a luz do Espírito na súa vida de cada día.

O PERDÓN

  • Porque non somos pobres de espírito, senón que seguimos ancorados na prepotencia e no egoísmo, SEÑOR, QUE O ESFORZO NON NOS AFASTE DA RESURRECCIÓN.

  • Por deixarnos levar da desesperanza cando as dificultades e dúbidas asoman na nosa porta, CRISTO, QUE O ESFORZO NON NOS AFASTE DA RESURRECCIÓN.

  • Por non saber valorar o traballo, tantas veces calado, de moitas persoas que solo buscan servir a quen o necesite, SEÑOR, QUE O ESFORZO NON NOS AFASTE DA RESURRECCIÓN

REMUÍÑO

  • Unha esperanza que ás veces desconcerta.

      • Porque moitas veces vai acompañada de dor

      • Porque é inesperada

      • Porque as veces leva sufrimento

      • Porque non concorda co que un/ha espera

      • Porque en moitas ocasións é imprevisible e chega de improviso

  • Unha fe que se deixa alimentar do testemuño dos que nos abriron camiño aínda que non estean no calendario.

      • Son moit@s as persoas que se toman en serio o seguimento de Xesús

      • Son moitas as persoas, inda que non aparezan nin nos xornais nin na televisión, que viven entregados aos demais

      • Son moitas as persoas que adican tempo e cariño aos demais, para que poidan ser felices

      • Son moitas as persoas, que inda que non lle colguen medallas ao pescozo, dan a súa vida para que nos beizos de outr@s poida asomar un sorriso

      • Son moitas as persoas que non buscan que o seu nome apareza nos calendarios

      • Son moitas, inda que non o pareza, as persoas que atopan como camiño de presenza de Deus dedicar tempo, cartos, esforzos... a quen o necesite, sen preguntarlle nin de onde veñen, de quen son ou cal é o seu número de identidade.

  • Unha fe que se celebra e comparte.

      • Por iso hoxe estamos aquí para darlle grazas a Deus polo seu testemuño

      • Por iso hoxe estamos aquí para agradecerlles a eles o camiño que nos abriron, mostrándonos que é posible traballar pola salvación que Deus nos ofrece, desde a causa das persoas, especialmente as máis necesitadas.

      • Por iso hoxe estamos aquí para vivir a comuñón de ser unha igrexa que sabe superar a tentación do poder e do dominio, para honrar a memoria de tantos crentes que en calquera parte do mundo serviron a Deus servindo aos irmáns.

      • Por iso hoxe estamos aquí para sentir o orgullo de ser e levar con gozo o nome de cristiáns.

      • Por iso hoxe, queremos dicir, simplemente: grazas.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Invitados a renacer para poder dar bo froito, dirixamos a nosa oración a Deus na festa de tódolos Santos, e digamos:

QUE APRENDAMOS DO TESTEMUÑO DOS SANTOS.

  • Para que a Igrexa valore, dignifique e saiba mostrar á comunidade a vida xenerosa, entregada, solidaria e comprometida de tant@s cristi@s que non dubidan en pasar polo mundo servindo e vivindo en radicalidade o evanxeo, OREMOS.

QUE APRENDAMOS DO TESTEMUÑO DOS SANTOS

  • Por todas as persoas de calquera relixión, condición e cultura que consagran a súa vida a buscar a Deus andando o camiño do amor, OREMOS.

QUE APRENDAMOS DO TESTEMUÑO DOS SANTOS

  • Polas nosas comunidades, para que vivamos as benaventuranzas proclamadas por Xesús nun mundo que en moitos casos busca os valores contrarios, sentíndonos así verdadeiramente felices e ditosos, OREMOS.

QUE APRENDAMOS DO TESTEMUÑO DOS SANTOS

  • Por nós, para que nunca nos deixemos levar pola desesperanza, a pesares das dificultades e fracasos cos que nos teñamos atopado na vida, saibamos buscar a compaña de Deus e a solidariedade dos irmáns neses momentos, OREMOS.

QUE APRENDAMOS DO TESTEMUÑO DOS SANTOS

Grazas por poñer diante de nós, o testemuño entregado e sempre ledicioso de tantas persoas que son capaces de mostrar coa súa vida e entrega, que é posible seguirte no aquí a agora do noso mundo. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Se amas a Deus,

en ningures has sentirte estranxeiro,

no máis doce de todos os países,

no límite indeciso de todos os abrentes.

Se amas a Deus,

en ningures estarás triste,

porque a pesares da traxedia diaria,

El enche de xúbilo o universo enteiro.

Se amas a Deus,

non terás medo de nada nin de ninguén,

porque nada podes perder,

e todas as forzas do universo

serán impotentes para quitarche a túa herdanza.

Se amas a Deus,

xa tes alta ocupación para todos os momentos,

porque non haberá cousa que non fagas no seu nome,

nin a máis humilde nin a máis elevada.

Se amas a Deus,

xa non quererás investigar os enigmas,

porque lévalo a El, que é clave e solución de todo.

Se amas a Deus,

xa non poderás establecer con anguria

unha diferenza entre a vida e a morte,

porque estás nel e El permanece a través de todos os cambios.

(Amado Nervo)

CANTOS

  • ENTRADA: Vinde axiña

  • LECTURAS: Benaventurados

  • OFERTORIO: Ti es camiño e verdade

  • COMUÑÓN: Pola vida (gracias, Señor, graciñas)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...