Ir al contenido principal

DEFUNTOS 2008


Pola vida que regalan os teus dedos... Grazas. Señor

PÓRTICO

Hoxe xuntámonos para lembrar. Para lembrar a aquelas persoas, familiares e amigas, que nos deixaron. Algunhas delas pode que recentemente, e aínda as levamos moi preto do noso corazón, cheos de dor e de tristura. Outras quizais non tan recentemente, pero seguímolas tendo presentes, porque dun xeito ou doutro, marcaron a nosa vida. Hoxe é un día para lembralas a todas. Porque sempre que morre alguén que coñecemos, alguén con quen compartimos algo, é coma se morrese unha parte de nós mesmos. Porque non vivimos solos, non somos un mundo illado, senón que a nosa vida está chea doutras vidas, está formada por todo o que nos deron @s outr@s, por todo o que compartimos, polas ledicias e tristuras que vivimos xunt@s.

Por iso vainos ben aquí hoxe que lembremos aos nosos defuntos: aos que temos preto, aos que forman parte da historia da nosa vida, e tamén aos que non coñecemos e aos que ninguén recorda.

Con este espírito, comezamos a nosa celebración, que nos chama a consolidar a nosa confianza no Deus da vida, no Deus que acolle a tod@s @s seus fill@s.

O PERDÓN

  • Por tódalas veces nas que o noso escepticismo nos fai dubidar da esperanza que Deus nos ofrece, SEÑOR, ALENTA A NOSA ESPERANZA.

  • Por non ter sabido ou querido acompañar, alentar e acariñar a quen sofre pola morte, en calquera das súas manifestacións, CRISTO, ALENTA A NOSA ESPERANZA.

  • Porque moitas veces non facemos felices aos demais, senón que pola contra somos incapaces de mostrar a vida que tod@s estamos chamad@s a vivir, SEÑOR, ALENTA A NOSA ESPERANZA.

REMUÍÑO

  • O Salmo que hoxe vimos de cantar fálanos de alegría: “moito me alegrei...” de verdade que nos alegramos por vir á casa do Señor?, de verdade somos conscientes do que nos supón afirmar que Deus é camiño e resurrección?, de verdade hai en nós unha dispoñibilidade para acoller, celebrar e compartir a fe na resurrección?. A celebración deste día quere facernos caer na conta de todo isto. De que a nosa fe non é un entretemento namentres estamos no mundo, senón un compromiso no noso estar no mundo para rematar nos brazos, sempre quentes e acolledores, con Deus Pai. Por iso nos alegramos ao vir á casa do Señor; por iso podemos celebrar e compartir esta mesma convicción; por iso este día é o día no que non só lembramos, senón que tamén encomendamos, aos nosos familiares e amigos nesta esperanza, de aí que poidamos dicir, e facelo con plena convicción: “moito me alegrei cando me dixeron, ímonos ir á casa do Señor”.

  • Neste sentírmonos alegres por poder compartir e renovar xuntos a mesma esperanza, tamén como nos di Paulo na segunda lectura, podemos dicir que a morte non é final de camiño, non é fracaso, non é frustración nin desesperanza, ao contrario, nela “Pasamos da morte á vida”. Unha vida nova e gozosa, unha vida chea de sentido e presenza de Deus, unha vida pola que imos loitado e traballando durante o noso estar no mundo. Os nosos defuntos xa remataron este camiño, e nós cremos que están ao lado de Deus, por iso nos unimos nesta oración; por iso celebramos esta acción de grazas xuntos; por iso renovamos a nosa convicción, a que alenta o noso ir realizando cousas que fan a outros e nos fan a nós felices –paga a pena facer cousas polos demais- e vainos abrindo ao encontro total e definitivo con Deus. Este é o gran misterio da nosa fe, o misterio desde o que imos dando sentido á vida, e entendendo o camiño inaugurado por Xesús. Ninguén nos poderá quitar esta esperanza, e o noso testemuño será tamén esperanza para moit@s dos que estando ao noso lado, descobren como a nosa fe vai alentando o que facemos e somos.

  • Sen medo a nada nin a ninguén. Sen perder a convicción de que a fe non é mirar para o ceo, senón comprometernos aquí na terra con tódalas causas xustas e dignas, podemos entón entender a afirmación de Xesús: Eu son a resurrección e a vida. Vivámola xuntos, e compartámola coa oración chea de esperanza e vida cos nosos familiares e amigos que xa non están fisicamente con nós.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Deus, vida e esperanza, camiña ao noso lado e vai sendo o compañeiro na viaxe da vida. Convencidos de que paga a pena por nel a esperanza, digamos xuntos:

GRAZAS, POR INVITARNOS A REZAR XUNTOS

  • Pola Igrexa, para que non esqueza nunca que é a esperanza que Deus nos vai ofrecendo ao saír ao noso encontro, a que se converte en forza e axuda no vivir e testemuñar a Xesús hoxe, OREMOS.

GRAZAS, POR INVITARNOS A REZAR XUNTOS

  • Por nós, para que na oración de hoxe saibamos unirnos non só aos nosos familiares e coñecidos defuntos, senón a tod@s aqueles dos que nunca ninguén se lembra e camiñan no anonimato máis absoluto, OREMOS

GRAZAS, POR INVITARNOS A REZAR XUNTOS

  • Por nós, para que nunca esquezamos que a última palabra non a ten a morte, senón que Deus creounos para que teñamos vida dabondo, OREMOS.

GRAZAS, POR INVITARNOS A REZAR XUNTOS

Grazas, Señor, por darnos hoxe a oportunidade de renovar a fe na resurrección desde un experiencia celebrada e compartida con esperanza verdadeiramente cristiá. P.X.N.S.Amén.

REFLEXIÓN

Sostennos a esperanza,
a plenitude será ao partir
,
espéranos unha nova vida
e unha eternidade feliz.
Se o traballo que fixemos
para o Reino de Deus foi,
El sentaranos a súa mesa
na súa plenitude de amor
.
Peregrinos nesta terra
imos cara túa cidade
,
a Xerusalén do ceo,
a casa do gozo e da paz.
A tristura ha pasar
ao vernos ao teu lado;
xa non haberá pena nin dor,
na esperanza da resurrección
.

CANTOS

  • Entrada:Non vou so

  • Lecturas: Quédate, Señor, connosco

  • Ofertorio: Velaquí, Señor, unha vida

  • Comuñón: Na tardiña baixa

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...