Ir al contenido principal

13 Domingo TO B 2021

CANTO GOZOSO

Entrada: Con ledica vamos todos ao altar
Lecturas: Escoita ti
Ofertorio: Grazas, Señor na mañá
Comuñón: Non vou só

OLLOS ABERTOS

Dicir vida é dicir unha das palabras claves na realidade das persoas. Á vida abrimos os ollos o día do noso nacemento, á vida se nos invita a través do respecto dunhas persoas para con outras, de vida falamos cando utilizamos expresións como Casa común, reciclar, reutilizar ou reducir; vida é tamén todo o que fai posible que nos coidemos e axudemos a que outras persoas se coiden. Pero fundamentalmente vida é afirmar que somos imaxe e semellanza de Deus. O Deus que hoxe nos di, como non podía ser doutro xeito, que El é un Deus de vida, e para a vida, non de morte. E polo tanto, un Deus de esperanza, participación e diálogo de maternal paternidade.
Fagamos o posible para que, seguindo as súas pegadas no mundo, sexamos persoas construtoras de vida no que facemos e dicimos.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

  • Por non lle ter dado á nosa vida tódalas oportunidades de crecer e madurar; SEÑOR, DANOS AZOS PARA VIVIR.
  • Por non lle ter feito a vida mellor ás persoas que temos ao lado; CRISTO, DANOS AZOS PARA VIVIR.
  • Por non ser capaz de coidar o mundo, Casa común, desde unha opción de vida; SEÑOR DANOS AZOS PARA VIVIR.

PALABRA PROCLAMADA


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA SABEDORÍA


Non fixo Deus a morte

nin se aleda co exterminio dos vivos;

creouno todo, de certo, para que subsista

e as criaturas do mundo son saudables;

non hai nelas veleno mortal

nin ten o Hades imperio sobre a terra,

porque a Xustiza é inmortal.

Pois Deus creou ó home para a incorrupción

e fíxoo imaxe do seu propio ser,

mais pola envexa do demo entrou a morte no mundo,

e os seus secuaces téñena de probar. Palabra do Señor. Grazas a Deus.


PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS


Pasando de novo Xesús nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar. Nisto chegou un dos xefes da sinagoga, chamado Xairo, que, ó velo, botouse ós seus pés suplicándolle:

  • A miña filla está a piques de morrer; ven impor sobre ela as túas mans, para que sande, e viva.

E foise con el, seguido de moito xentío, que o estrullaba.

Viñeron da casa e dixéronlle:

  • A túa filla acaba de morrer. ¿Para que andar xa molestando ó Mestre?

Pero Xesús, ó escoita-lo que estaban a falar, díxolle ó xefe da sinagoga:

  • Non temas, abonda que teñas fe.

E non permitiu que ninguén o acompañase, fóra de Pedro, Santiago e Xoán, o irmán de Santiago.

O chegaren á casa do xefe da sinagoga, vendo o gran barullo que facían con choros e lamentos, entrou e díxolles:

  • ¿A que vén tanto barullo e tanto chorar? A meniña non morreu, está a durmir.

E todos facían riso del. Pero botándoos a todos fóra e levando con el os pais da meniña e mailos seus acompañantes, entrou onde estaba a nena. Colleuna pola man e díxolle:

  • Talitha, qumi (que quere dicir: "rapaza, érguete").

A rapaciña ergueuse de contado, e botouse a andar, que xa tiña doce años. E aquela xente quedou coa boca aberta. El insistiulles en que non llo contasen a ninguén, e mandou que lle desen de comer. Palabra do Señor 


PALABRA REMOÍDA


  • O libro da Sabedoría é un deses libros que cando o lemos sempre nos ofrece razóns que nos invitan a pararnos e reflexionar. Non é un libro cuxo contido nos deixa indiferentes. Ao contrario. Hoxe vémolo confirmado na afirmación que acabamos de escoitar: “Deus non fixo a morte nin se aleda co exterminio”. Esta frase que, en principio, nos parece lóxica e razoable, non o é tanto se a poñemos en relación coas veces nas que temos utilizado, ou escoitado que outras persoas o teñen feito, o nome de Deus para falar de morte, desesperanza, tristura, destrución, violencia, guerra... todo en sentido oposto ao que acabamos de escoitar. Quizais sexa momento de que comecemos a reconstruír as bases/raíces desde as que afirmamos que somos crentes. Porque precisamos clarificar que queremos dicir cando poñemos nos nosos beizos a palabra Deus.
  • Sabemos ben, témolo aprendido no segundo mandamento, que non debemos tomar o nome de Deus en van. Iso significa que atribuír a Deus pragas, maltrato, morte, violencia, guerra, enriquecemento, xustificación do noso interese individual... oponse radical e frontalmente ao que Xesús se esforzou por ir construíndo e testemuñando coa súa vida e coa súa palabra. Espertemos de vez desa falsa ilusión de querer facer a Deus ao noso xeito; inda máis, de querer convertelo en xustificación do que nos parece (un “deus” á carta). E a mellor forma de facelo para non perdernos en palabraría que non leva a ningunha parte, é volver os nosos ollos e o corazón ás páxinas onde se atopa a súa palabra; ao testemuño que Del nos deixou Xesús no evanxeo.
  • E como tamén acabamos de escoitar, El sempre dá e ofrece vida, vida en abundancia. Vida que non se move pola rixidez dos estereotipos ao uso: quedar ben, que o aplaudan, querer agradar a todo o mundo... Non. A súa oferta de vida é unha proposta de fiarse das persoas, de non falar antes de escoitar, de non negar a palabra a ninguén, de deixarse acompañar sen que os prexuízos poñan distancia. Vémolo hoxe na súa actitude respecto ás persoas que o buscaban só polo seu interese. El non lles dá as costas, ao contrario, escóitaas, préstalles atención, preocúpase polo que lle din e vence a tentación da rixidez de dicirlle que non porque non eran dos del. Que o noso ir construíndo vida sexa tamén desde esta canle pola que camiña Xesús.


ORACIÓN DA COMUNIDADE

Deus invítanos a rezar en comunidade. Fagámolo dicindo: 


QUE TRABALLEMOS RESPECTANDO A VIDA, TODAS AS VIDAS


  • Para que a Igrexa non sexa nunca aliada das institucións nin das persoas que non queren nin saben respectar a vida desde a igualdade e a dignidade, OREMOS.

  • Para que as nosas comunidades sexan escolas de vida e así, co noso xeito de actuar e tratarnos sexamos testemuños de que toda vida merece respecto e acollida, OREMOS.

  • Para que nós aprendamos cada día que a vida é un don asentado no cimento da dignidade compartida desde o ser imaxe e semellanza de Deus, o que nos fai saber respectala e non destruíla, porque cada unha vale por si mesma, non polo que ten, OREMOS.


Grazas, Señor, por este momento de oración comunitaria que fai posible que nos unamos con distintas voces na defensa da vida, de tódalas vidas. P.X.N.S. Amén.

RECENDO DE GRATUIDADE

Gracias a la vida, que me ha dado tanto

me dio dos luceros, que cuando los abro
perfecto distingo lo negro del blanco
y en el alto cielo su fondo estrellado
y en las multitudes el hombre que yo amo.

Gracias a la vida, que me ha dado tanto
me ha dado el oído que en todo su ancho
graba noche y día, grillos y canarios
martillos, turbinas, ladridos, chubascos
y la voz tan tierna de mi bien amado

Gracias a la vida, que me ha dado tanto
me ha dado el sonido y el abecedario
con él las palabras que pienso y declaro:
madre, amigo, hermano, y luz alumbrando
la ruta del alma del que estoy amando

Gracias a la vida, que me ha dado tanto
me ha dado la marcha de mis pies cansados
con ellos anduve ciudades y charcos
playas y desiertos, montañas y llanos
y la casa tuya, tu calle y tu patio

Gracias a la vida, que me ha dado tanto
Me dio el corazón que agita su marco
cuando miro el fruto del cerebro humano
cuando miro al bueno tan lejos del malo
cuando miro al fondo de tus ojos claros

Gracias a la vida, que me ha dado tanto
me ha dado la risa y me ha dado el llanto
así yo distingo dicha de quebranto
los dos materiales que forman mi canto
y el canto de ustedes que es mi mismo canto
y el canto de todos que es mi propio canto
Gracias a la vida que me ha dado tanto . ( Violeta Parra)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...