Ir al contenido principal

3 Domingo TO A Palabra

 E A PALABRA ALENTOU A VIDA

Cantos.-

Entrada.- Ti es camiño ( )57
Lecturas.- Escoita ti ( 26 )
Ofertorio.- Recibe, Señor ( 31 )
Comuñón.- Ide e pregoade (55 )

Pórtico.-

Celebramos hoxe o Domingo da Palabra de Deus, unha ocasión especial para actualizar na nosa vida de fe e na nosa misión a centralidade da Palabra que cura, educa, forma e salva. Xesús é a Palabra encarnada que ilumina a todas as persoas que o escoitan e se fan discípulas. Camiñando con El, seremos reflexo da súa luz para aqueles que aínda viven nas tebras. Poñámonos logo a andar para atoparnos con El na celebración que agora comezamos.

Perdón

·      Pola pouca relevancia que lle damos á Palabra na nosa vida. SEÑOR, ENCHÓUPANOS DA TÚA PALABRA.

·      Polas veces nas que facemos da palabra costume. CRISTO, ENCHÓUPANOS COA TÚA PALABRA.

·      Porque non poñemos atención a escoitar a palabra que proclamamos nas celebración. SEÑOR, ENCHÓUPANOS DA TÚA PALABRA.

ANTES DA PROCLAMACIÓN DA PALABRA FAISE UNHA PROCESIÓN , DESDE O FONDO DA IGREXA, CO LIBRO DA PALABRA QUE IMOS PROCLAMAR E COLÓCASE NO AMBÓN.

Palabra agasallada

Lectura do Libro do Profeta Isaías

No tempo pasado o Señor humillou a terra de Zabulón e a terra de Neftalí; pero recentemente cubriu de gloria o camiño do mar, do máis aló do Xordán e a Galilea das nacións.

O pobo que andaba na escuridade viu unha gran luz; para os que habitaban nas sombras da morte, unha luz resplandeceu. Fixeches medrar a ledicia e aumentaches a felicidade; todos se aledan na túa presenza como alegres segadores na colleita, ou como exaltados guerreiros ao repartir o botín. Pois o xugo que oprimía o pobo, -a carga sobre os ombreiros, o orgullo dos recadadores- ti abatiches coma na xornada de Madián. - Palabra do Señor. - Grazas a Deus!

Salmo

O Señor é a miña luz e salvación.
O Señor é a miña luz e salvación.
O Señor é a protección da miña vida.
O Señor é a miña luz e salvación; de quen terei medo?
O Señor é a protección da miña vida; perante quen tremerei?
O Señor é a miña luz e salvación
Unha cousa pido ao Señor, e é só iso o que desexo:
habitar no santuario do Señor por toda a miña vida;
saborear a suavidade do Señor
e contemplalo no seu templo.
O Señor é a miña luz e salvación
Sei que a bondade do Señor hei de ver na terra dos viventes.
Espera no Señor e ten valor, espera no Señor!
O Señor é a miña luz e salvación

Lectura da Primeira Carta de San Paulo aos Corintios

Irmáns, exhórtovos polo nome do Señor noso, Xesús Cristo, a que sexades todos concordes uns cos outros e non admitades divisións entre vós. Ao contrario, estade ben unidos e de acordo no pensar e no falar. De feito, persoas da familia de Colle informáronme acerca de vós, meus irmáns, de que está a haber contendas entre vós. Digo isto porque cada un de vós afirma: “Eu son de Paulo”; ou: “Eu son de Apolo”; ou: “Eu son de Cefas”; ou: “Eu son de Cristo!” Está Cristo dividido? Foi acaso Paulo quen foi crucificado por vós? Ou é en nome de Paulo que fostes bautizados? De feito, Cristo non me enviou para bautizar, senón para pregar a boa nova da salvación, sen valerme dos recursos da oratoria, para non privar á cruz de Cristo da súa forza propia. - Palabra do Señor. - Grazas a Deus!

Proclamación do Evanxeo de Xesús Cristo, segundo Mateo.

Ao saber que Xoán fora arrestado, Xesús volveu para a Galilea. Deixou Nazaret e foi vivir en Cafarnaún, que está á beira do mar da Galilea, no territorio de Zabulón e Neftalí, para cumprirse o que dixo o profeta Isaías: "Terra de Zabulón, terra de Neftalí, camiño do mar, rexión do outro lado do río Xordán, Galilea dos pagáns! O pobo que vivía nas sombras viu unha gran luz, e para os que habitaban na rexión escura da morte brillou unha luz". A partir de entón Xesús comezou a predicar dicindo: "Convertédevos, porque o Reino dos Ceos está preto". Cando Xesús andaba á beira do mar da Galilea, viu dous irmáns: Simón, chamado Pedro, e o seu irmán Andrés. Estaban lanzando a rede ao mar, porque eran pescadores. Xesús díxolles: "Seguídeme, e eu fareivos pescadores de homes".
Eles, inmediatamente, deixaron as redes e seguiuno. Camiñando un pouco máis, Xesús viu a outros dous irmáns: Santiago, fillo de Zebedeo, e o seu irmán Xoán. Estaban na barca co seu pai Zebedeo arranxando as redes. Xesús chamounos. Eles, inmediatamente, deixaron a barca e ao pai, e seguiuno. Xesús percorreu toda a Galilea, ensinando nas súas sinagogas, predicando o Evanxeo do Reino e curando todo tipo de enfermidades e doenzas do pobo. - Palabra da Salvación! - Gloria a vós, Señor!

Palabra Remoída

· A palabra de Deus pode ser fonte de esperanza se para nós Deus segue sendo a fonte da palabra mesma. Só se escoitamos a palabra desde a voz do Verbo presente, que nos mira con amor, poderá alimentar en nós unha esperanza inquebrantable, porque está fundada nunha presenza que nunca falla. A palabra de Deus é unha promesa na que non só o que promete é fiel, senón que queda incluído na propia promesa, porque Cristo prométese a si mesmo. “E velaquí, eu estou convosco todos os días, ata o fin do mundo!” (Mt 28,20). A última palabra de Xesús, a última promesa antes de ascender ao ceo, é a promesa de si mesmo á nosa vida, non só ao final dos tempos senón cada día, cada instante da vida.

· León XIV, ao inicio do seu pontificado, convidábanos a todos: “¡Mirade a Cristo! ¡Acercádevos a El! ¡Acollede a súa Palabra que ilumina e consola!” (Homilía do 18.5.2025). Deixemos que hoxe El nos dirixa a súa Palabra. O seu xeito de falar é sempre con amor e autoridade transformadora: “di tan só unha palabra”, como dixo o centurión romano. ¡Unha soa! Unha palabra tivo para Levi naquela mesa; unha para Zaqueo naquela MOREIRA ; unha para Pedro, Santiago e Xoán á beira do mar; unha para María fóra do sepulcro… Ten unha tamén para nós. Deixemos que El nos fale ao corazón e permanezamos e moremos na súa Palabra.

· E tamén, nunha linguaxe que todas e todos entendemos, dinos o papa León, “Hoxe, frecuentemente, perdemos a capacidade de escoitar, de escoitar de verdade. Esquecémonos de escoitar o noso corazón e é no noso corazón onde Deus nos fala, onde Deus nos chama e nos invita a coñecelo mellor e a vivir no seu amor”. E se perdemos a capacidade de escoitar será difícil comprender tanto o que nos din como o que está a pasar ao noso redor. Por iso é fundamental a atención; por iso é tan importante proclamar a palabra a modo, sen présa e esforzándonos por pronunciar ben para que favoreza a súa comprensión e chegue ao pensamento e ao corazón de quen a escoita/mos. Porque so así a Palabra poderá ser vida, alento, forza e mensaxe para ser vivida na nosa realidade de cada día. Porque na Palabra está a mensaxe, a experiencia que compartiron e nos transmitiron aquelas e aqueles primeiros discípulos que non so seguiron ao Señor, senón que levaron a termo a misión que lles encomendou: ide e anunciade. Por iso hoxe estamos nós aquí.

Oración da comunidade

Oremos, con confianza, ao Pai Misericordioso, que chamou ao pobo que andaba nas sombras e quere iluminar todos os seres humanos coa palabra de Cristo, dicindo: 

SEÑOR, NA TÚA PALABRA POÑEMOS A CONFIANZA.

·      Pola nosa Diocese e as súas comunidades, para que nelas se anuncie aos homes e mulleres do noso tempo a apelación urxente á conversión ao Evanxeo, oremos.Señor, na túa palabra poñemos a confianza.

·      Polos candidatos ao diaconado e ao presbiterado, para que escoiten a voz de Xesús Cristo e reciban a gracia de chegar a ser pescadores de homes, oremos. Señor, na túa palabra poñemos a confianza.

·      Por todos os que sofren e están desanimados, para que o Señor veña na súa axuda e os faga reencontrar a esperanza, oremos.

·      Señor, na túa palabra poñemos a confianza.

·      Polos cristiáns segrares da nosa Diocese, para que saiban abrirse ao diálogo fraternal con todas as persoas que viven ao seu carón, oremos. Señor, na túa palabra poñemos a confianza.

Escoita, Señor, a oración que con fe che presentamos. Fai que a túa Palabra sexa para cada unha e cada un de nós faro que alumee as tebras e as dúbidas do camiño. P.X.N.S. Amén.

Alento no camiño

O Domingo da Palabra de Deus é unha iniciativa profundamente pastoral para facer comprender o importante que ela é na vida cotiá da Igrexa e das nosas comunidades. É unha Palabra non encerrada nun libro, senón que permanece sempre viva e faise signo concreto e tanxible e visible a través do noso actuar.
Por iso temos que esforzarnos porque a Palabra “habite en nós”, como nos dicía Paulo na carta aos Colosenses, para que coa súa axuda vaiamos dando froitos de alegría, tolerancia, respecto, paz e trato igualitario.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...