Ir al contenido principal

DA EXPLOTACIÓN DO IRMÁN…. LÍBRANOS SEÑOR

PÓRTICO

Non hai máis que botar unha ollada ao noso redor, para decatarnos que o que priva é a especulación e a ganancia sen límites; de xeito que o noso mundo considera astutas e intelixentes a aquelas persoas que saben acumular cartos, xa que estes son a suma de todo canto desexamos: poder, prestixio social, cultura, comodidade, beleza, placer…

Hoxe a Palabra alértanos contra o perigo que encerra o consumismo, que nos fai insolidari@s, que pecha os nosos ollos diante das necesidades e sufrimentos dos nos@s irmáns. Por iso, Xesús non se cansa de lembrarnos que non podemos servir a Deus e aos cartos, que non podemos vivir consumindo egoistamente toda clase de bens e pretender, ao mesmo tempo, sermos fieis a un Deus que é e que pide amor, xustiza e fraternidade.

Que a celebración que agora imos comezar nos dea azos para non axeonllarnos diante do deus mercado.

PERDÓN

Porque mentres Ti queres que todas as persoas, sen distinción, nos salvemos, nós seguimos sendo exclusivistas, SEÑOR, LÍBRANOS DA TENTACIÓN DA EXPLOTACIÓN

Porque en demasiadas ocasións cos nosos silencios somos cómplices de que tantas persoas, irmás nosas, sexan explotadas, humilladas e pisoteadas, CRISTO, LÍBRANOS DA TENTACIÓN DA EXPLOTACIÓN.

Porque seguimos axeonllándonos diante do deus mercado, do deus consumo, do deus materialismo, SEÑOR, LÍBRANOS DA TENTACIÓN DA EXPLOTACIÓN.

REMUÍÑO

NON ESQUECEREI XAMAIS AS VOSAS ACCIÓNS: Que actuais son as palabras de Amós, que razón ten denunciando hoxe en día tanta inxustiza!. Pero claro, nós estamos na nosa burbulla, non temos pobres, e se os vemos é porque non queren traballar ou porque son emigrantes. Como nos gusta botar balóns fóra, escoitar e ver só unha parte da relidade, a que nos convén. Porque, fagamos memoria: acaso cada dúas por tres non saen na tele tantas manifestacións e protestas?: que si a uva, que se a froita, que se os cereais e todo polos baixos prezos.... Acaso tanta guerra en África por diamantes, por petróleo, polo control dos pasos... non é todo polo vil metal?. Sen darnos conta nós, co noso silencio e coa nosa comodidade, estamos contribuíndo a esa opresión. Expresións como: o empresario ten que mirar ao seu, éche a globalización ou a deslocalización, é que piden moito e non pode ser... Nunca tanto silencio e tanta indiferenza creou tanto mal e tanta morte, porque inda que non o pareza, nós tamén estamos chamados a denunciar tanta inxustiza: por medio do noso voto, interesándonos polo que poñen os programas políticos, por medio da nosa voz e do noso compromiso sindical, xa que non podemos esquecer xa que a fe non se reduce aos templos senón que ten unha dimensión social, e educándonos e educando aos nos@s fill@s no compartir, no repartir e na xustiza.

NON PODEDES SERVIR A DEUS E AO DIÑEIRO: Pero como podemos ser capaces de denunciar inxustizas se nós mesmos somos inxustos?. Desde logo a nosa sociedade funciona pola economía e está movida polo diñeiro. Vemos que o necesitamos para case todo, grazas a Deus. E moitas das veces facemos malabarismos para que chegue a fin de mes. Polo tanto, os cartos non son malos por natureza senón polo uso e ao mesmo tempo polo valor que lle damos. Corremos o perigo de adoralo coma un Deus, arriscámonos a ser individualistas, a non necesitar de ninguén. Se adoramos os cartos, só viviremos para eles, non nos importarán os medios para conseguilos, aínda que a nosa vida de familia, a educación dos fill@s e o noso tempo estea todo en función deles. Xesús énos ben claro, non podemos servir aos cartos e ser felices e persoas.

SER DE FIAR NO ALLEO: Cando imos a unha tenda todo é atencións, boas caras, miradas cómplices… o caso é convencernos de que o que ten a tenda é o mellor para nós. Isto que fan os que teñen negocio non pode ser aplicable á nosa vida cristiá. Na evanxelización non poñemos todos os medios: fáltanos creatividade, fáltanos persoas dedicadas, tempo e traballo; na liturxia, especialmente os cregos, descoidamos a dignificación das celebracións, corremos, temos malas caras, estamos pendentes do reloxo e non do que facemos, non sabemos acoller ás persoas dende o diálogo, comprensión a estima; en xeral, dedicámoslle poucas forzas á fe, ese don que todos temos que alimentar pero compartir, levar aos demais, saber administrala.

Como imos denunciar inxustizas se a nosa vida non é coherente co que cree?, se non somos quen de compartir o que sentimos e vivimos? Que esta celebración nos faga conscientes da urxencia que todos temos de servir a Deus nos irmáns e irmás.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Presentámosche agora as nosas peticións comunitarias dicindo:

QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA

Pola Igrexa, para que, facendo súas as palabras de Xesús de que non se pode servir a dous señores, sexa no medio do mundo a voz profética d@s que non teñen voz, d@s últim@s, d@s exluíd@s, OREMOS.

QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA

Polas nosas comunidades, para que nunca deixemos de lado de lado a quen ten menos e está máis precisad@ da nosa axuda: @s enferm@s, @s parad@s, @s vell@s, @s que están sos; senón que pola contra, eles sexan o centro do noso vivir e do noso actuar, OREMOS.

QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA

Por cada un e cada unha de nós, que hoxe estamos aquí convocad@s pola Palabra e polo Pan de Vida, para que nunca esquezamos que a nosa fe ten unha dimensión social que nos debe abrir á xustiza, á solidariedade, a compartir cos demais o que somos e temos, OREMOS.

QUE NOS ABRAMOS Á TÚA XUSTIZA

Deus, que en Xesús pronuncias unha palabra radical sobre a imposibilidade de servirte a Ti e aos cartos, axúdanos a sermos radicais tamén e a traballar por unha economía sometida ás leis da ética e do amor. PXNS.


PARA A REFLEXIÓN

O CAMIÑO DA SOLIDARIEDADE

Xesús, Mestre bo,

ensínanos o camiño para vivir solidariamente.

Axúdanos a convertir o noso corazón duro

nun corazón sensible e cercano a todas as persoas que sofren.

Ensínanos a saber descubrir a dor, o sufrimento e as necesidades dos demais.

Danos a sinxeleza precisa para conmovernos diante do próximo

e para acudir na súa axuda.

Que non sexamos mesquiños na nosa entrega,

que aprendamos a dar todo o que temos: as nosas cousas, o noso tempo, o noso esforzo, a nosa vida enteira, para que os outros vivan máis e mellor.

Axúdanos a ter compaixón, que non é lástima,

senón solidariedade activa e compromiso co outro:

sentir con el, padecer con el, movilizarnos desde adentro para saírmos ao seu encontro.

Deixar os propios intereses para atender os dos outros.

Aprender a dar, antes que pedir e que recibir.

Ensínanos a ser solidari@s,

a vivir o amor de verdade,

a construír a xustiza e o Reino.

(Marcelo A. Murúa)

CANTOS

ENTRADA: Fagamos da Misa unha festa

LECTURAS: Xesús chamado amigo

OFERTORIO: Benaventurados

PAZ: Que veña a paz

COMUÑÓN: Unha xuntanza de amor

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...