Ir al contenido principal

1 Xaneiro 2011

Sen Ti non somos nós......

e sen ti, tampouco

Bendición do comezo/saúdo

  • Que Deus nos bendiga todos os días do ano
  • Que Deus nos sorría todos os días do ano
  • Que Deus se fixe en nós todos os días do ano
  • Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano

PÓRTICO

Deixamos atrás un ano máis e comezamos un aninovo. E nestes momentos nace en cada un e cada unha de nós, dun xeito case espontáneo, a reflexión: é un día idóneo para facer balance do pasado e para proxectar tamén a nosa mirada cara ao que está por vir.

Moitas cousas que nos anguriaban e mesmo parecían insuperables xa pasaron, e hoxe parécennos insignificantes e sen importancia. Mirando cara atrás, os días que foron duros teñen un aspecto diferente; agora sentímonos máis tranquil@s e sere@s incluso diante do que nos agonía e que tamén un día pasará.

Hoxe comezamos un aninovo, un ano 2011 que é o "Ano do voluntariado". Alguén dixo que "en cada comezo hai algo marabilloso que nos axuda a vivir e que nos protexe". E é ben certo:... Deus ofrécenos, unha vez máis, un tempo cheo de esperanza e de posibilidades. Que faremos con el?.

O PERDÓN

  • Porque non entendemos que para que haxa paz debemos respectar aos demais, as súas ideas, o seu xeito de pensar... aínda que non coincidan co noso, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
  • Porque a diferenza dos pastores, non estamos dispost@s a deixar atrás comodidades para ir ao teu encontro, CRISTO, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.
  • Porque non acabamos de ilusionarnos ante a mensaxe dun Deus que se fai neno e que vén traernos a paz, SEÑOR, BENDÍCENOS COA TÚA PAZ.

REMUÍÑO

O grande paradoxo do Nadal é un neno envolto en capizos e deitado nunha manxadoira. Ese foi o sinal que o anxo lles deu aos pastores para recoñecelo. Na antigüidade, a divindade revelábase a través de signos e prodixios espectaculares. Os mesmos xudeus, non o esquezamos, esperaban unha irrupción gloriosa do Mesías. Pero non, Deus maniféstase nun meniño desvalido a quen seus pais teñen que deitar nunha manxadoira porque non había sitio para eles na pousada.

Quizais hoxe segue a pasarnos o mesmo. Nada máis normal e menos significativo que un recén nacido. Hainos a milleiros no mundo. O sinal que nos dá o anxo é case unha ironía: non busquemos a Deus no marabilloso e milagreiro, senón no cotiá, no simple nacer de cada ser humano. O noso Deus é un Deus cercano, presente no máis simple e sinxelo da nosa vida. Velaí a grande novidade que celebramos no Nadal.

O Señor te bendiga: Empezar un novo ano é sempre unha bendición. Bendición porque temos unha oportunidade máis de manifestar, coa nosa vida, a vida que nos trouxo Xesús. Aceptada dende o don, dende a gratuidade, dende sentirnos pouco diante de tanta grandeza, diante dun Deus que se fai pobre para enriquecernos, que se fai pobre para que nós o aceptemos como é. Aceptar esta bendición, abrirnos a Deus, é deixar que El nos acompañe, que alumee o noso camiño, que nos aconselle, que nos anime e sobre todo, deixarnos querer por El. Aceptar a bendición de Deus é ter paz no noso corazón, é ser a súa c canle no medio dos nosos irmáns e irmás. Aceptar a bendición de Deus é ser nós mesmos. Neste tempo que nos toca vivir, cómpre, máis que nunca que nós tamén sexamos bendición: coas nosas actitudes de respecto, de diálogo, de solidariedade; coas nosas palabras de ánimo, de agradecemento, de ánimo, de amor, cos nosos feitos. Seremos bendición se valoramos a vida, especialmente a máis desfavorecida, a que pasa pola enfermidade, polo abandono, pola ancianidade. Oxalá que ao longo deste ano que comezamos todo encontro co irmán e a irmá sexa unha bendición, para ir construíndo entre todos o don que Xesús nos trae: a paz.

A paz, don e tarefa: Hoxe celebramos a Xornada Mundial da Paz. a paz non é ausencia de guerra, nin equilibrio de forzas adversarias, nin situación de calma imposta. A paz é Shalom, harmonía con Deus, cos irmáns e coas irmás e coa creación. É felicidade, consecuencia da xustiza, da liberdade e do amor. A paz é don de Deus. Á hora do nacemento de Xesús, a mensaxe que os anxos pregoan é "Paz na terra ás persoas que ama Deus". Asemade, a paz é unha tarefa. É responsabilidade común, porque é unha das nosas aspiracións máis fondas, consecuencia do respecto da dignidade da persoa; é cultura solidaria, bens compartidos, sociedade xusta... a paz non é algo feito, senón un constante quefacer.

A Igrexa fai coincidir o día de aninovo e a oitava de Nadal coa celebración da Xornada Mundial da paz; porque a vinda do Mesías é a inauguración dunha nova xeira, dun tempo novo no que as lanzas se converten en podadeiras e das espadas nacen arados e os oprimidos son liberados. A que esperamos para anotarnos en ser voluntarios de paz?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Na festa de Santa María, e neste comezo de ano que nos volve falar outra vez de paz, sentímonos fondamente achegados uns aos outros para dicirlle a Deus.

BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR

  • Por unha Igrexa viva, aberta, solidaria e pacífica, que saiba acoller e non fomente nunca o pensamento único e a obediencia cega, Oremos.

BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR

  • Por unhas comunidades cristiás que, asentadas sobra a forza da paz e o camiño da non violencia, saben ser testemuñas de encontro, perdón e tolerancia no medio dos enfrontamentos dunha sociedade que moitas veces se esquece de Deus, Oremos.

BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR

  • Por nós, que hoxe queremos comezar este novo ano cheos de proxectos, ilusións e esperanzas, para que co paso dos días non nos deixemos levar da frustracións da desesperanza e da incapacidade da non consecución das metas trazadas, Oremos.

BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR

  • No comezo do ano 2011, adicado ao voluntariado, pedimos por tantas e tantas persoas que, ao noso redor, dun xeito calado e sinxelo adican tempo e esforzo, sen ningún interese económico, a facer que tantas e tantas persoas teñan felicidade e voz, OREMOS.

BENDITO O QUE VÉN NO NOME DO SEÑOR

Grazas, Señor, porque sabemos que a paz é un don teu. Axúdanos a traballar arreo para que sexa unha realidade na nosa vida de cada día. Por Xesucristo, noso irmán, noso Señor. Amén

PARA A REFLEXIÓN

A túa escritura é latina. As túas cifras, árabes.

O teu coche, alemán. O teu ordenador, americano.

A túa pizza, italiana. A túa democracia, grega.

O teu café, brasileiro. As túas vacacións, turcas.

As túas alfombras, persas. O teu té, ceilanés.

A túa cámara, xaponesa. O teu perfume, francés.

Os teus electrodomésticos, europeos. Os teus refrescos, caribeños.

Os teus safaris, africanos. O teu güisqui, escocés.

O teu ouro, surafricano. O teu cacao, senegalés.

O teu coiro, arxentino. Os teus modais, ingleses.

Os teus manteis, portugueses. O teu incenso, hindú.

Os teus puros, cubanos. A túa porcelana, chinesa.

O teu gato, siamés. O teu can, siberiano.

O teu acuario, tropical. O teu petróleo, kuwaití.

O teu reloxo, suízo. O teu marfil, congoleño.

A túa sauna, finesa. O teu sol, mediterráneo.

A túa roupa, de importación. Os teus útiles made in....

O teu Cristo, xudeu.

E o teu veciño.... un desprezable estranxeiro?.

CANTOS

Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...