Ir al contenido principal

4 Pascua 2022 Bo Pastor

A TENRURA ACOLLEDORA DOS BRAZOS DO PASTOR BO

CANTOS

  • ​Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar ( 2)
  • ​Lecturas.- Escoita ti (26)
  • ​Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33)
  • ​Comuñón.- Vaiamos ao altar ( 133)

ABRINDO OS OLLOS

Cuarto domingo de Pascua, día do Bo Pastor. Neste día a referencia é Xesús, Nel vémonos reflectidas e reflectidos para seguir as súas pegadas para facer da nosa presenza eclesial pastoreo de servizo e escoita. E canta falta nos fan ámbalas dúas! Porque sen só sendo capaces de facer da nosa vida dispoñibilidade para cos demais, e da nosa relación coas persoas capacidade de escoitar, acabaremos entendendo o por que da Pascua, da súa alegría e da esperanza que ela nos trae e invita a celebrar.

​Que nesta mañá na que a mesa do altar nos acolle para compartir e celebrar, tomemosconciencia de que véndonos no Pastor Xesús, somos chamados e chamadas a continuar o seu pastoreo.

ACOLLENDO A MISERICORDIA

ASPERSIÓN

  • Porque nos falta capacidade para a tenrura e nos sobra individualismo; SEÑOR, PASTOREA AO NOSO LADO.
  • Pola nosa pouca empatía para escoitar e atender a quen nos fala; CRISTO, PASTOREA AO NOSO LADO.
  • Para que saibamos recoñecer que non sempre acertamos nas nosas decisións; SEÑOR, PASTOREA AO NOSO LADO.

PALABRA PROCLAMA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Pasando Paulo e mais Bernabé desde Perxe, seguiron a Antioquía de Pisidia. Un día de sábado entraron na sinagoga e sentáronse. Moitos xudeus e prosélitos practicantes seguiron a Paulo e Bernabé, que, falando con eles, os animaban a perseverar na gracia de Deus.

Para o outro sábado xuntouse case toda a cidade para escoita-la palabra de Deus, pero os xudeus enchéronse de envexa, ó veren tanta xente, e opoñíanse cos insultos ó que Paulo dicía. Entón Paulo e Bernabé dixeron ousadamente:

Tiñamos que anunciárvo-la palabra de Deus primeiro a vós; pero, visto que a refugades e non vos considerades dignos da vida eterna, volvémonos cara ós pagáns; pois así nolo mandou o Señor: Púxente como luz das nacións, para leváre-la salvación ata os confíns da terra.

Os pagáns, sentindo isto, enchíanse de alegría, louvando a mensaxe do Señor; e creron tódolos que estaban destinados á vida eterna. Deste xeito a palabra de Deus espallábase por toda a bisbarra.

Pero os xudeus encirraron ás señoras de alta categoría que eran devotas e ós principais da cidade e promoveron unha persecución contra Paulo e Bernabé, expulsándoos do  seu territorio.

Estes, sacudindo contra eles o po dos seus pés, marcharon para Iconio, mentres os discípulos ficaban cheos de alegría e do Espírito Santo.Palabra do Señor.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE SAN XOÁN

Eu, Xoán, mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.
E díxome un dos anciáns: "Estes son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronos co sangue do Año.
Por iso están diante do trono de Deus,
e adórano día e noite no seu santuario.
E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles.
Non terán máis fame nin sede,
nin caerá endexamais sobre eles o sol,
nin ningunha queimadura del.
Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor,
levaraos ás fontes de auga
e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa". Palabra do Señor

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN


Di Xesús:
As miñas ovellas escoitan a miña voz: eu coñézoas e elas séguenme; eu doulles vida
eterna, e non se perderán para sempre: ninguén mas quitará da man. Meu Pai, que mas
deu, é máis ca todos, e ninguén pode arrepañalas da man do Pai. Meu Pai e mais eu
somos un. Palabra do Señor.

FACENDO DA PALABRA VIDA


O tempo da Pascua é sempre momento para facer memoria agradecida daqueles primeiros e primeiras cristiás e cristiáns, que non se deixaron levar polo medo e a dúbida para dar a coñecer todo canto aprenderan ao lado de Xesús. Dicímolo porque ao longo destes cincuenta días imos vendo como as dificultades, problemas, incomprensións... non foron capaces de desanimalos no seu cometido de dar a coñecer, anunciar, mostrar que seguir ao Mestre non se quedaba nun simple recordo nostálxico do vivido, senón un compartir, celebrar e manifestar que valera a pena acompañalo, porque é agora cando, dando a volta á situación, percíbense acompañados por El. E nós, tamén sentimos o mesmo?
E isto só o pode facer un Pastor coma Xesús. Non só entregou tempo e vida para alentar, acompañar e tender a man a esquecidos, descartados e invisibilizados do seu tempo, senón que o seu foi un paso de integración movido polo amor; un paso cara adiante, un paso capaz de acompasarse cos demais pasos que ía atopando no camiño. Un paso sen présa e de mirada profunda, sen escapar das dificultades ás que se viu sometido. O seu pastoreo foi, segue a ser, un pastoreo fecundo e cheo de matices; as cousas non se movían só entre brancos e negros. Para El nunca había distancia para quen o precisaba, e non calaba diante daqueles aos que se lle enchía a boca créndose mellores, distintos, superiores e cumpridores de leis e mandatos, pero que despois todo aquilo non era máis que unha palabrería baleira que para nada servía. Diante desta situación, tamén nós podemos preguntarnos se somos pastores desde este estilo que nos mostra e aos que nos invita Xesús.
Escoitemos entón a súa voz, poñámonos en disposición de concretar na nosa vida o seu xeito de vivir e servir, facendo da presenza da Igrexa no mundo, non escándalo farisaico de dobre moral , senón camiño de vida, alegría e esperanza en momentos de tanta mentira, engano, barullo e incapacidade para escoitarnos e buscar camiños de diálogo e entendemento. Un diálogo e entendemento que se ha activar tanto dentro como fóra da Igrexa. A festa deste día, é invitación a revisar actitudes e comportamentos, de pastores e comunidades, que os acompañan neste camiño de seguir ao Mestre.

SENTÍNDONOS COMUNIDADE

O Pastor Bo invítanos a compartir a nosa oración comunitaria. Respondamos a súa invitación dicindo: Pastor Bo, acompáñanos nos noso pasos.
  • Pola Igrexa e cantos nela serven, para que o seu sexa un servizo ao estilo de Xesús: dialogante, acolledor, servizal e solidario .Oremos. Pastor Bo, acompáñanos nos noso pasos.
  • Para que nas nosas comunidades saibamos acompañar, axudar, alentar e colaborar coas persoas que teñen a misión de pastorear e servir. Oremos. Pastor Bo, acompáñanos nos noso pasos.
  • Por nós, para que poñendo a nosa mirada no xeito de actuar de Xesús, non lle deamos nunca as costas a ninguén que precise de atención, axuda, tempo e alento. Oremos. Pastor Bo, acompáñanos nos noso pasos.
Grazas, Señor, por facer do teu pastoreo ofrecemento para o noso camiñar ledo e cheo de esperanza. Por Cristo o noso Señor. Amén.

PENEIRANDO A REFLEXIÓN

As persoas cristiás deberiamos ser, pois, persoas que nos esforcemos pola defensa da vida de todas e de todos. Coma o bo pastor que quere as súas ovellas e que as defenderá sempre contra calquera inimigo que intente roubalas ou matalas. Coma o pastor que non se aproveita das ovellas para o seu propio interese e que é capaz de correr calquera risco en beneficio delas. Que non é violento cos outros, aínda que o sexan contra el.

Manténdonos na comparanza utilizada por Xesús do rabaño e do pastor, Xesús opón ben claramente os que proceden mal ós que se comportan ben: os “matóns” opóñense ós defensores da vida. “O ladrón -dinos Xesús- non entra senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que teñan vida e para que a teñan abonda.

Para que teñan vida e abonda!! Estamos en tempo litúrxico de lembranza e conmemoración da Resurrección de Xesús. O Xesús resucitado é o que nos dá vida aquí e tamén alén da nosa morte temporal. É bo pastor nesta vida e tamén o será na outra.

( https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.25027.php )


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...