Ir al contenido principal

Da uniformidade á comunidade Plural (Pentecostés)

PÓRTICO

Cando miramos unha obra de arte que nos impacta, dicimos que ten alma, forza, espírito... Son situacións que nos abren a pensamentos, evocacións, comunicación de vivencias, de experiencias, mesmo de xeitos de entender o noso estar no mundo e as persoas que nel estamos.

O mesmo nos pasa ao falar de xente que para nós ten un aquel especial: poetas, pintores, científicos, artistas, labregos, albaneis... que para nós, pola súa forma de ser e polas cousas que fan, resúltannos especiais, con espírito.

A celebración de hoxe quere tamén pornos de manifesto que o Espírito está nas comunidades, sostenas con forza, aléntaas nos proxectos e confírmaas nas conviccións. Un Espírito que nos mantén na unidade, pero que posibilita a pluralidade de accións, maneiras, formas de ser e vivir o cristián. Abrámonos a esta forza para poder seguir camiñando xunt@S.

PERDÓN

  • Porque non acabamos de entender que a pluralidade na Igrexa é don do Espírito, Señor, espértanos ao comunitario.
  • Porque non nos decidimos a expresar e compartir con creatividade a nosa vivencia da fe, Cristo, espértanos ao comunitario.
  • Polas veces en que o noso medo nos crava na terra, en que a falta de ilusión é unha escusa para no traballar; en que a rutina mata a nosa vida de fe. Señor, espértanos ao comunitario.

REMUÍÑO

  • Os discípulos tiñan medo; un medo que puña de manifesto a súa pouca confianza no proxecto que predicara e vivira Xesús. Por iso se reclúen, estaban nos seus cuarteis de inverno. Seguro que xa os seus proxectos xiraban en como volver ao de “antes” a aquilo que lle daba seguridade, ao que nunca deberan ter deixado. Verdade que este xeito de pensar non está moi lonxe de nós?. Pero algo moi forte os sacude: perciben a forza, a presenza de algo distinto, algo novo que lles comezaba a romper as súas rutinas e os seus medos. Unha forza que lles leva a tomar conciencia de que os seus medos lles están impedindo facer algo novo e grande. Unha forza que lle leva e dicir: compartamos cos demais, non deixemos so para nós, o que o Mestre nos foi ensinando coa súa vida e a súa palabra!. Tomaron conciencia da súa misión, superaron dificultades, deixaron atrás diferenzas: puxéronse a remar na mesma dirección, naceu a Igrexa, o comunitario, o participativo, a necesidade de compartir con outr@s, sexan do país que sexan, teñan a cor que teñan ou falen a lingua que falen. Pentecostés: o tempo, a experiencia de liberdade. E nós, a que esperamos para facer o mesmo?.
  • Ese facelo non pode, inda que moitos o pensen e queiran impoñelo así, impedir que nas comunidades, na Igrexa, nos cerremos á pluralidade e á diversidade que trae o Espírito. Porque se hai diversidade de dons, servizos e funcións, non debemos afogalas tod@s no universo clerical. Porque o ministerio sacerdotal é un servizo, pero non “o servizo”, senón que na Igrexa hai moitos máis, e non podemos pechalos nin reducilos a aquilo que fan os curas, os bispos ou mesmo o papa. Na Igrexa cabemos tod@s, e nela tod@s estamos chamados a participar. Fagámolo! Ou énos máis doado non facelo e caer no retrouso de sempre: “ é que os curas non nos deixan facer nada; a Igrexa está moi clericalizada...” tentamos ofrecer ideas, facer propostas ou colaborar para que as comunidades sexan máis vivas, participativas e renovadoras, nunha palabra: fieis ao proxecto de Xesús, e abertas ao vento do Espírito?
  • O mandado de Xesús é claro: “Eu tamén vos envío”. A que esperamos?. Compartindo coas comunidades e estando sempre con actitude de loita contra canto impide a paz e o perdón, seguro que estaremos convertendo en vida este mandado que nos sigue dicindo que a presenza do Espírito é un pulo para que a nosa implicación no dentro e fóra da comunidade, vaia facendo do mundo a casa de tod@s.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Abríndonos á forza do Espírito, poñamos agora a nosa vida nas súas mans, para que alente e ilusione canto vai facendo de nós homes e mulleres fraternos e solidarios. Dicimos xunt@s:

Espírito Santo, alenta a nosa vida

§ Pola Igrexa, alentada e animada polo Espírito Santo, para que non esqueza o mandato do Señor e día a día transforme a sociedade facéndoa máis xusta e esperanzada. OREMOS.

Espírito Santo, alenta a nosa vida

§ Para que nas nosas comunidades saibamos abrirnos á pluralidade e ao diálogo, deixándonos levar da presenza do Espírito. Oremos.

Espírito Santo, alenta a nosa vida

§ Para que cada un de nós, esforzándonos por romper a tentación de vivir a fe como maxia, medo ou costume, nos deixemos levar polo vento do Espírito que nos invita a:perdoar, pacificar, escoitar e acoller. Oremos.

Espírito Santo, alenta a nosa vida

§ Por tod@s nós, que hoxe somos convocad@s a participar na construcción dos nosos concellos, para que votemos con liberdade, pero tamén con responsabilidade, buscando non o que favorece a uns poucos -os ricos- senón o que propón o ben común, OREMOS.

Espírito Santo, alenta a nosa vida

Grazas, por seguir dando pulo á nosa vida e a canto nos ilusiona. Por Xesucristo o Noso Señor. AMÉN.

REFLEXIÓN

Cando temos unha esperanza total na vida,

a pesar das nosas caídas e as nosas dúbidas.

Cando se sente a desesperación e, porén,

se experimenta un consolo interior

que ninguén nos pode quitar.

Cando experimentamos o racho

da morte propia ou allea e

a sabemos asumir con fe e esperanza.

Cando aceptamos libremente unha responsabilidade,

inda que non teñamos claras perspectivas de éxito e de utilidade.

Cando vivimos con serenidade e perseveranza

a existencia de cada día, ás veces amarga,

decepcionante e aniquiladora,

e a aceptamos por unha forza,

cuxa orixe non podemos abarcar nin dominar.

Cando vivimos as tebras do aparente sen sentido

na nosa vida, porque esperamos unha promesa

que non podemos entender.

Cando vivimos as experiencias fragmentarias do amor,

a beleza e a alegría, como promesa do amor,

a beleza e a alegría plena

que un día recibiremos onda Deus.

Cando somos capaces de orar no medio das tebras

e o silencio, sabendo que sempre somos escoitados,

inda que non percibamos unha resposta que se poida razoar.

Grazas, Señor.

( K. RAHNER)

CANTOS

· Entrada.- Manda o teu Espírito

· Lecturas.- Ven Espírito Santo//Loade

· Ofertorio.- Seguirei os teus pasos

· Comuñón.- Ide e pregoade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...