Ir al contenido principal

Para que non se apague a frescura (Pascua)

6º Domingo de pascua

Cando as tradicións se converten en principios... apágase a frescura da mensaxe

Pórtico

Estamos cansos de escoitar que a Igrexa non se renova, que vive no pasado, que a súa mensaxe e as súas formas xa non están de moda. Porén, a Palabra que cada domingo escoitamos preséntanos unha visión moi distinta.Ela fálanos de solidariedade, paz, capacidade de compartir, fraternidade...que nos está a pasar para que o testemuño que damos non sexa fiel á riqueza da Palabra que nos fala, senón ao anquilosamento dunhas tradicións moitas veces valeiras?

Volvamos os ollos e o corazón á experiencia inaugurada por Xesús e reflectida nos textos que cada domingo proclamamos, para que ela sexa a forza que nos leve a testemuñar que o seguimento de Xto é riqueza persoal e comunitaria. E que a celebración de hoxe nos dea forza para vivila.

Oración de perdón

  • Porque moitas veces antepomos os costumes á fidelidade de túa mensaxe. Señor, que rompamos rutinas.
  • Porque nos deixamos levar do “ sempre se fixo así”, sen esforzarnos por renovar e actualizar a fe que esperanza e ilusiona. Cristo, que rompamos rutinas.
  • Porque a diferenza do Evanxeo, a paz que construímos non a de aceptar ao outro, senón a de esperar que se descoide para así vencelo. Señor, que rompamos rutinas

Remuíño

  • A vitalidade da comunidade que non impón cargas
  • A primeira comunidade foi descubrino a importancia de inculturar a fe. Non era cuestión de impor cargas, que non se entendían nin eran propias dos que acollían a fe e se bautizaban. Moito temos que aprender! Cando temos que mergullarnos na Palabra para entender que a fe é unha acollida libre, sinxela, aberta, leda e sempre renovada! Por que a temos convertido en rutina, costume, fría repetición do ‘sempre foi así’? Xa é hora de deixar atrás o de ser “ socioloxicamente” católic@s, para comezar a ser, dunha vez e por todas: seguidores convencidos de Xesús, comprometidos na construción do seu reino desde a tolerancia, o diálogo o traballo común e a personalización da fe.

  • Un soño que ilusiona e esperanza
  • E para que iso poida ser así, temos unha gran axuda sempre ao noso lado: a PALABRA. Ela é compañeira de camiño que nos enche de ilusión, que nos saca da mediocridade, que nos abre novos camiños e novas presenzas no medio das múltiples realidades do mundo. Deixémonos ilusionar por ela, prestémoslle atención, que o soño do amigo de Nazaret, que tan ben quedou reflectido na Palabra, sexa o que anime a nosa vida, e nos leve a seguir pensando e confiando, que outro mundo, outra Igrexa, outros modelos de familia, outros xeitos de vivir a fe,... son posibles.
  • A paz como acollida do outro, non como mera ausencia de enfrontamento
  • Se nos deixamos ilusionar, se o que facemos é desde o convencemento, a oración sincera, a dispoñibilidade, o saber pornos nas mans do Señor, para deixarnos levar da súa man e ir abrindo camiños que anuncien e non berren, que acheguen e non crispen, que unan e non se crean exclusivos, estaremos respondendo á invitación de ser construtores de paz, transformadores de corazóns e anunciadores de que solo camiñando xuntos e sentíndonos comunidade seremos capaces de vencer as desconfianzas e construír camiños polos que poidamos ir tod@s, sen que ninguén se sinta excluído, afastado ou non recoñecido. Está na nosa man, é posible. A que esperamos? A paz de Xesús é dinamismo, superación, cambio, novo amencer. Espertemos dunha vez!

Oración da comunidade

Convidados a construír a paz desde a acollida e o recoñecemento do outr@, e non como simple esconder a discrepancia.Nós queremos avanzar na fidelidade a túa chamada, por iso dicimos xunt@s:

Que a túa paz sexa a nosa paz.

  • Para que a Igrexa saiba anovar a mensaxe no medio dun mundo en cambio, sen perder a súa fidelidade. Oremos

Que a túa paz sexa a nosa paz.

  • Polas nosas comunidades, para que sexamos quen de sementar comportamentos liberadores e tolerantes entre nós, e así poder vivir desde actitudes de encontro, diálogo e esperanza. Oremos.

Que a túa paz sexa a nosa paz.

  • Por cada un e unha de nós, para que a escoita da Palabra nos leve a ser promotores de lugares onde poidamos atoparnos, escoitarnos, axudarnos e querernos, sen desconfiar uns dos outros, senón a portando e unindo. Oremos.

Que a túa paz sexa a nosa paz.

Grazas por abrirnos os ollos a un novo xeito de ser e estar no mundo, vivindo a fe desde unha opción liberadora e promotora de xustiza. Amén.

Reflexión

Hoxe en día, e unha vez máis, Xesús segue a vir onda os seus, e os seus resístense a darlle acollida.

Ven nos corpos desfeitos dos pobres.

Ven incluso a través de ricos abafados polas súas propias riquezas.

Ven na Soedade dos corazóns, cando non hai quen o ame.

Xesús ven a ti e a min.

Moitas veces, demasiadas veces, nós pasamos de largo e non o acollemos, ( T. de Calcuta)

Cantos

  • Entrada.- Unha parroquia nova
  • Lecturas.- Señor Xesús, bendito sexas
  • Ofertorio.- Velaquí,Señor, o viño
  • Comuñón.- Deixade esta terra // Ide e pregoade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...