Ir al contenido principal

28 domingo TO 2010

Unha fe de convicións

PÓRTICO

Hoxe, a celebración resalta unha serie de actitudes cristiás que estamos chamad@s a vivir: paciencia, humildade, sinxeleza, confianza... ; pero coa nosa vida, porque é desde o noso testemuño existencial como llas temos que mostrar aos demais, tratando de que as relacións interpersoais nunca se fundamenten no odio, no egoísmo, na autosuficiencia… Así, cando todo nos chama a ir por outro camiño, hoxe queremos seguir o vieiro que Xesús nos ensinou, un vieiro de superación, de risco, pero sobre todo de felicidade. Non teñamos medo a seguilo. É a comunidade a que nos invita e nos envía a ser a luz e sal no medio do noso mundo.

Perdón

  • Porque preferimos botarlle a culpa aos demais, enganándonos a nós mesmos, e metendo a cabeza debaixo da terra diante dos problemas, SEÑOR, PERDOA A NOSA INDIFERENZA
  • Polas veces en que nos poñemos diante de Deus e incluso dos demais para lembrarlles o moito que facemos por eles, para facelos conscientes da súa dependencia de nós, SEÑOR, PERDOA A NOSA INDIFERENZA
  • Porque o noso corazón, duro coma o ferro, non é capaz de compadecerse de quen sofre, de quen pasa por momentos de soidade, de quen é incomprendido, SEÑOR, PERDOA A NOSA INDIFERENZA

Remuíño

  • Cantas veces nos escandalizamos do mal que hai no mundo. Xorde entón a pregunta tantas veces socorrida: como pode permitir Deus estas cousas?. Por que parece que a can fraco todas son pulgas?. Parece que Deus se mostra ausente diante deste panorama. Pero, que enganados estamos!!!!. Deus sofre cos que sofre, está presente en aqueles que non atopan consolo nin compaña. E nós, que temos que facer?. Temos que poñer o noso gran de area ante tanto sufrimento e desgraza, temos que seguir comprometéndonos por un lado en sensibilizar as demais persoas de que o mundo pode ser mellor, de que o que acontece de malo pode cambiar, de que somos nós os encargados de cambialo dende o máis preto: a educación na familia, a colaboración e a solidariedade nos pobos, a comprensión, o diálogo e o respecto nas nosas comunidades.. Temos que ser luz que anime a construír un mundo máis xusto. De nada serve lamentarse, darse golpes no peito se non somos quen de poñernos mans á obra… Só así daremos cumprimento á profecía de Habacuc: cumprindo o tempo de que as cousas cambien e melloren.
  • E sempre poñendo a nosa confianza en Deus. Confianza en que El está pendente de nós e que sempre premia o noso esforzo dende a humildade… Non vale ser autosuficientes con Deus, non temos dereitos adquiridos por ser bos cristiáns, nin méritos. Temos que loitar contra a reacción espontánea que nos chama a pedir contas, a levar nota de todo o que facemos. O que facemos, facémolo gratuitamente. Acaso os pais levan contas do que fan polos fillos?. Acaso levan contas os verdadeiros amigos do que se fan mutuamente?. Xorde do corazón o axudar, xorde do saír do eu e ir cara o ti.. como un encontro amoroso. Pero para isto necesitamos que…
  • Nos aumente a fe. Cantas veces temos que pedir que nos aumente a fe para descubrilo a El na nosa vida: na dor, na incomprensión, na enfermidade… Descubrilo nos acontecementos que nos pasan e lle pasan as demais persoas, para poder entender o porque das cousas e descubrir as motivacións polas que actúan as persoas. Non coller o camiño fácil da comodidade, do egoísmo, dos cartos, do sálvese quen poida.. É a nosa fe a que nos impide ir por este atallo e nos dá forza para andar polo vieiro da xustiza. Por iso cómpre mantela, acrecentala, coa promesa de que Xesús estará connosco deica a fin do mundo.. Estamos chamados a transformar a realidade desde o noso sermos cristiáns e cristiás. Comecemos xa.

Oración da comunidade

Señor, ti chámasnos día a día a construír un mundo máis xusto e fraterno e dásnos as forzas suficientes para non desfalecer nesta tarefa. Por iso dicimos confiados:

SEÑOR, AUMENTANOS A FE

  • Pola Igrexa, para que sexa esa voz profética que denuncia inxustizas, que valora as persoas por riba de todo e que non ten medo a poñerse en contra dos grandes poderes deste mundo, OREMOS:

SEÑOR, AUMENTANOS A FE

  • Polas nosas comunidades, para que sexan fermento de persoas comprometidas e abertas ao que o Señor lles pide dende unha actitude de entrega, gratuidade, sinxeleza e solidariedade, OREMOS:

SEÑOR, AUMENTANOS A FE

  • Por todos nós, para que sexamos conscientes de que a fe non é algo accesorio na nosa vida, senón parte fundamental e estímulo que fai que esteamos atentos e dispostos a dar razón do que cremos, OREMOS:

SEÑOR, AUMENTANOS A FE

Grazas Señor porque a pesares de todas as dificultades, Ti segues alentando o noso camiñar. PXNS

Para a reflexión

SOLIDARIEDADE!

Manter sempre atentos os oídos ao grito de dor dos demais

e escoitar a súa chamada de socorro

é solidariedade.

Sentir como algo propio o sufrimento do irmán de aquí e de acolá,

facer propia a anguria dos pobres

é solidariedade.

Converterse un mesmo nun mensaxeiro do abrazo sincero e fraternal

que uns pobos envían a outros pobos

é solidariedade.

Deixarse transportar por unha mensaxe cargada de esperanza, amor e paz,

ata apertar a man do irmán

é solidariedade.

Cantos

  • Entrada: Unha xuntanza de amor
  • Lecturas: Escoita ti
  • Ofertorio: O pouco que Deus nos da
  • Comuñón: Eu soñei

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...