Ir al contenido principal

Bautismo do Señor 2022

AUGA VIVA E XENEROSA QUE NOS LIMPA E ALENTA

CANTO GOZOSO

         Entrada.- Vinda axiña  ( 10 )

         Lecturas.-A auga do Señor. (125)

         Ofertorio.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova ( 33)

         Comuñón.- Todos xuntos  ( 56 )

ESPERTANDO Á RENOVACIÓN

Remata o tempo de Nadal coa celebración deste domingo: o bautismo de Xesús. Ao longo destes días fomos facendo un percorrido pola historia da salvación. Nel iamos descubrindo como Deus quixo facerse dos nosos asumindo a nosa condición, nacendo dunha muller, ofrecendo o seu proxecto de amor , de xeito universal, a todos os pobos. Hoxe, Xesús atópase con Xoán e pídelle ser bautizado. Isto ponnos na pista de que o bautismo é unha decisión persoal na que se asume 0 compromiso de educar e camiñar no proxecto de Xesús. Se se realiza cando somos crianzas ese compromiso asúmeno os pais, cando xa somos persoas adultas, somos nós as que damos o paso e as que respondemos ás esixencias que supón.
Esta mañá ao xuntarnos, pode ser un magnífico momento para dar grazas a Deus por ter feito posible pertencer a unha comunidade onde se nos quere, se nos recoñece e se nos acompaña.

ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA

· Polas veces nas que non valoramos esixencias do bautismo de ter a Deus como relampo no camiño. SEÑOR, QUE A TÚA AUGA NOS PURIFIQUE.
· Porque vivimos o noso ser persoas bautizadas coma un simple costume. CRISTO, QUE A TÚA AUGA NOS PURIFIQUE.
· Para que non nos deixemos levar da rutina á hora de vivir a fe . SEÑOR, QUE A TÚA AUGA NOS PURIFIQUE.

PALABRA PROCLAMADA 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
Isto di o Señor:
Velaí o meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu me comprazo.
Teño posto sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás nacións.
Non berrará,
non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
Canivela fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a apagará.
Con fidelidade proclamará a xustiza,
non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a xustiza,
e a súa lei, que esperan as nacións.

Eu, o Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte, e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións, para que lles ábra-los ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos, da prisión ós que viven na escuridade.

Palabra do Señor. Grazas a Deus.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Tomou Pedro a palabra e dixo:

‑Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta ó que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa. El mandóulle-la súa palabra ós fillos de Israel, anunciándolle-la Boa Nova da paz por Xesús Cristo: este é o Señor de todos. Vós sabéde-lo que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:8como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a tódolos que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el. E nós somos testemuñas de todo o que fixo no país dos fixo no país dos xudeus e mais en Xerusalén.. Palabra do Señor.Grazas a Deus.



PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán; pero el declarou diante de todos:

‑Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desata-los amallós do seu calzado. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.

Durante un bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse o ceo e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba. Entón oíuse unha voz desde o ceo:

- Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto; en ti me comprazo. Palabra do Señor.

 

PALABRA REMOÍDA

· Na primeira lectura o profeta Isaías dinos que Deus lévanos da man. Que fermosa esta imaxe! Tod@s somos conscientes do que significa que alguén nos colla da man e nos acompañe. Coller da man é sinal de compañía, escoita, cariño, confianza... todas elas situacións e vivencias que temos vivido máis dalgunha vez. Nada que ver co coller da man para impoñer, obrigar ou violentar. Cando isto ocorre temos que saber diferenciar que esta non é a man de Deus. Porque a súa man téndesenos, ofrécesenos. E non se solta se nós non queremos. Deixémonos logo coller da man de Deus sen medo e con toda confianza.

· No evanxeo vemos como Xoán non se deixa engaiolar polo éxito. Non lle gustan as mentiras. Con claridade e sen buscar afán de notoriedade deixa claro que el non é o Mesías, que a súa non é a misión de Xesús, que non se deben confundir. El ten outra misión: abrir camiño e anunciar que Xesús xa chegou. O seu é un bautismo que esperta á sensibilidade para con Deus e ao transcendente, pero non é o bautismo de salvación e incorporación, en plenitude, ao proxecto que nos trae Xesús. Esta actitude de Xoán, en tempos coma os nosos nos que a xente busca quedar ben, aparentar, mostrarse, dicir o que nin pensa nin cre... é unha boa ocasión para que miremos dentro de nós e nos preguntemos se as nosas actitudes, os nosos comportamentos, a nosa maneira de mirar e estar no mundo é como a de Xoán ou como a dos que simplemente buscan o relampo detrás do que non hai máis ca baleiro.

· Deixemos entón que a forza do bautismo que recibimos un día e que nos incorporou á Igrexa nos leve a estar no mundo cunha actitude de sinceridade, sinxeleza, colaboración, creatividade e renovación. Que aprendamos a estar no mundo ao estilo de Xesús. E que o bautismo que un día pediron para nós pais e padriños, non o acabemos convertendo nunha imaxe perdida no tempo e sen entronque na nosa vida actual. O que alí comezou, que saibamos continualo hoxe para facer do Evanxeo boa nova de sinceridade e vida.

COMPARTINDO O QUE NOS UNE

Como comunidade que acolle á persoa que pide ser bautizada e incorporada a ela, rezamos dicindo:
QUE A AUGA DO BAUTISMO SEXA SINAL DE ALEGRÍA
· Para que a Igrexa sexa fonte de auga limpa onde quen se incorpora a ela descubra a forza da solidariedade e a acollida. Oremos.
· Para que as nosas parroquias sexan fontes onde vivamos a fe como busca do que une, axuda e fai felices ás demais persoas. Oremos.
· Para que nos esforcemos por facer da auga do bautismo sinal de esperanza, colaboración e compromiso por facer das nosas casas, parroquias e lugares de traballo espazos de entendemento. Oremos.
Acolle, Señor a frescura da oración que hoxe compartimos. P.XN.S. Amén.

AGRADECENDO O DON DA FE

“Cando as persoas cristiás dicimos que compartimos un só Bautismo, afirmamos que todos nós -católicos, protestantes e ortodoxos-compartimos a experiencia de estar chamad@s ao encontro co Deus vivo, pleno de misericordia... Por iso estamos invitados a redescubrir todo isto, e a facelo xunt@s, indo máis alá das nosas divisións”.

Volver a partir do Bautismo quere dicir reencontrar a fonte da misericordia, fonte de esperanza para tod@s, porque ninguén está excluído da misericordia de Deus. Nós os cristiáns podemos anunciar a tod@s a forza do Evanxeo comprometéndonos a compartir as obras de misericordia corporais e espirituais. Este é un testemuño concreto de unidade”. (Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...