1
5) LITURXIA DA EUCARISTÍA
ð OFERTORIO
ð SANTO
ð NOSO PAI
ð PAZ
ð COMUÑÓN
ð MIRADA ESPERANZADA
ð DESPEDIDA
ð
6) CANTO GOZOSO
• Ao prender o lume: A Cristo cantamos (Nº 110)
• Na procesión cara o templo: Amigos nas penas
• Lecturas o 1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112) o 2º Pai, Pai, póñome nas túas mans o 3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida o4º Benaventurados (Nº 119) o Canta Aleluia (Nº 21)
• Aspersión: A auga do Señor (Nº 124)
• Ofertorio: Sementar, sementarei
• Santo: Santo es ti (Nº 39)
• Noso Pai: No camiño do amor (Nº 43)
• Comuñón: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
• Canto final á Virxe: Boas noites (Nº 70)
PORQUE A MORTE FOI VENCIDA, FAGAMOS QUE
AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS
LUME DE QUENTURA E LUZ
Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a celebración da vida, da esperanza, da resurrección.
Coma El, tamén nós esta noite comezamos o camiño que nos vai levar da escuridade da tebra á claridade da alba; a alba da luz e máis da vida; a alba da esperanza e da resurrección; a alba da acollida fronte á exclusión. E facémolo seguindo as pegadas do Señor.
Atrás quedaron as bágoas coas que fomos facendo o camiño da coresma. Desde elas fóisenos invitando a esforzarnos por convertelas en sorrisos: sorrisos de man tendida e aberta, sorrisos de camiño compartido, sorrisos de diálogo e entendemento, sorrisos de paz e solidariedade.
Que ao remate da celebración saiamos co corazón aquecido e co sorriso nos beizos para recoñecer a quen temos aos lados como irmán e irmá que nos farán compaña neste camiño que agora comezamos.
1.- Liturxia da luz
Co paso da tebra á luz, queremos, coma Xesús, facer unha opción de vida e pola vida, polo respecto das persoas, polo rexeitamento da guerra e do enfrontamento; polo compromiso sincero de non ser nós axentes de violencia para cos demais.
O sinal que agora imos facer de bendicir o lume e prender nel o cirio invítanos a descubrir que, no lume compartido, estamos chamad@s a ser as mans deste proxecto de fraternidade.
A) Bendición do lume
Señor, coa presenza dos membros da nosa comunidade,
queremos bendicir + este lume,
sinal de túa presenza, e luz no noso camiñar cotián. Que a pascua que agora comeza prenda en cada unha e en cada un de nós para poder abrir brazos e agarimar, no teu nome, a tantos irmáns e irmás que agardan de nós a aperta solidaria do teu amor. P.X.N.S. Amén.
B) Logo da bendición do lume, acéndese nel o cirio pascual.
(Unhas poucas persoas acenden as súas candeas no cirio, e despois van acendendo coa súa candea as dos demais, ata telas todas acendidas).
AMIGOS NAS PENAS |
C) Procesión e canto:
D) Pregón pascual (con todas as luces apagadas, só
mantemos prendidas a luz do cirio e as das nosas candeas)
Naquela noite que trouxo a alba, as voces dicían: xa é de día! A tebra marchou, a luz xa chegou, ao relampo do día volveu a alegría, e con ela a vida, a paz, a harmonía.
E como non podemos calar, dicimos na festa da vida:
As bágoas quedaron atrás, chegounos o sorriso da vida!
E o profeta non atopaba palabras mais xa non sentía frío. As escamas caían dos ollos, e a mirada outeaba horizontes novidosos e cheos de vida.
Xa non hai nin frío nin morte, senón comunidade ben viva.
E como non o podemos calar, dicimos na festa da vida:
As bágoas quedaron atrás, chegounos o sorriso da vida!
E chegaron palabras de acougo, e esperanza e tenra acollida.
E o mundo volve xermolar nesta noite de festa divina.
No camiño da fraternidade pasamos do algo ao alguén.
Deus aliase coma compañeiro, deixando ao seu Fillo entre nós.
E como non o podemos calar, dicimos na festa da vida:
As bágoas quedaron atrás, chegounos o sorriso da vida!
Na tarefa de dalo a coñecer, somos nós hoxe a voz de Deus.
Berremos logo ata rebentar: a morte non nos vai gañar. E se o mundo é moi desigual, aquí está a comunidade, sempre atenta e moi vixiante para acoller a quen chega migrante.
E como non o podemos calar, dicimos na festa da vida:
As bágoas quedaron atrás, chegounos o sorriso da vida!
Desta volta volveunos pasar: a tebra non puido gañar.
Porque Aquel que se chama Xesús, derrotouna para quedar con nós.
Trouxo esperanza para xermolar en gomada de fraternidade.
E como non o podemos calar, dicimos na festa da vida:
As bágoas quedaron atrás, chegounos o sorriso da vida!
Cristo xa resucitou!
A terra berra contenta e o aleluia chegou, coas cores da primavera.
A morte xa foi vencida e a ledicia xa chegou.
Toda a Igrexa leda canta, con forte voz sinodal:
Grazas, Señor, da vida;
Grazas pola ilusión que vai xurdindo, día a día, no corazón e na acción de quen segue as túas pegadas loitando con fe e tesón, para que o mundo empobrecido acade a liberación. Cristo, o Señor da vida xunta mans e corazóns, chamando a facer camiños desde a participación para que non haxa fronteiras de guerra e mais división, de xeito que a súa esperanza aniñe nos corazóns.
Aleluia, é a pascua; non perdemos ao Señor. Sinodalmente camiña sempre ao noso carón!
Acéndense as luces e cantamos/rezamos o GLORIA (Nº 14))
2.- Liturxia da Palabra
1. PRIMEIRA LECTURA (Xén 1, 1-2, 2)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
No principio creou Deus o ceo e a terra.
Despois dixo Deus:
- “Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, varón e femia os creou.
E bendiciunos así:
- “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra”.
E díxolles aínda:
- “Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e tódalas arbores que dan froito, coa súa propia semente, a fin de que vos sirvan para a mantenza; ás feras todas do monte, ós paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra doulles a herba para a mantenza”.
E así foi.
E viu Deus canto fixera e velaí que era de verdade moi bo.
PALABRA DO SEÑOR
ORACIÓN: Pai, que pos diante de nós o mundo e nos convertes en señor@s de canto fixeches, aleda o noso esforzo por facer del a casa de tod@s, onde ninguén se poida sentir estraño e desprazado. P.X.N.S. Amén.
Salmo : Canto: Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)
2 SEGUNDA LECTURA (Éx., 14, 15-15, 1)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO
Naqueles días, o Señor díxolle a Moisés:
- Manda aos israelitas que se poñan en marcha.
Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor moveuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas. Os israelitas entraron polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda. Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros, entraron no mar tras deles. O Señor díxolle a Moisés:
- Estende a man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os seus cabaleiros.
As augas, ao xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón, que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un. Os israelitas pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa dereita e á súa esquerda.
Aquel día salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios.
PALABRA DO SEÑOR
ORACIÓN: Coma o pobo de Israel, tamén nós Señor, queremos deixar atrás canto nos vai escravizando e impedindo ser felices. Que non desistamos, coa a túa axuda, nesta tarefa. P.X.N.S.
Amén.
Salmo: Canto: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
3 TERCEIRA LECTURA (Ez. 36, 16-28)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL
Veume a palabra do Señor nestes termos:
-dille á Casa de Israel:
Así fala o meu Señor, Iavé:
Casa de Israel, non por vós vou eu actuar, senón por mor do meu santo Nome,
que vós profanastes entre as nacións onde fostes.
Pois vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome, profanado entre as nacións nas que vós o profanastes.
Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor
-é o meu Señor, Iavé, quen fala-, cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presencia.
Pois recollereivos das nacións, xuntareivos de todos os países e traereivos á vosa terra.
Asperxerei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de todas as vosas impurezas e de todas as vosas idolatrías heivos purificar. Dareivos un corazón novo e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo; sacarei da vosa carne o corazón de pedra e poreivos un corazón de carne.
Viviredes no país que lles dei a vosos pais:
seréde-lo meu pobo e eu serei o voso Deus.
PALABRA DO SEÑOR
ORACION: Señor, pon nos nosos corazóns sementes que xermolen novos proxectos e novas ilusións que vaian facendo de nós corazóns compartidos e mans solidarias P.X.N.S. Amén.
Salmo: Canto: As túas palabras, Señor, son espírito e vida
4 CUARTA LECTURA (Rom. 6, 3-11)
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE PAULO AOS ROMANOS
Irmáns e irmás:
Ignorades que a cantos nos bautizaron en Cristo Xesús, bautizáronnos na súa morte?. Enterráronnos, logo, con el polo bautismo na morte, para que, como Cristo resucitou dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.
Pois se nos enxertaron nel pola semellanza dunha morte coma a súa, seguro que tamén o farán por unha resurrección semellante.
Pois habedes saber que o noso home vello foi crucificado para destruír o corpo pecador, de xeito que non sirvamos máis ao pecado. Porque o que morre, queda liberado do pecado.
Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. Porque o seu morrer foi un morrer ao pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus.
Así tamén, vós considerádevos mortos ao pecado e vivos para Deus en Cristo Xesús.
PALABRA DO SEÑOR
ORACION: Señor, que o bautismo que nos incorpora á vida nova da graza e da esperanza manteña a nosa vida chea de ilusións liberadoras e renovadas. P.X.N.S. Amén.
Salmo. Canto: Canta, aleluia (Nº 21)
5 EVANXEO (Lc.Mc 28, 1-10)
PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO LUCAS
A madrugada do primeiro día da semana foron ao sepulcro, levando os perfumes que tiñan preparados. Pero atoparon quitada a lousa, arredada do sepulcro. Entraron, e viron que o corpo do Señor non estaba alí. Entón, mentres estaban todas perplexas por aquilo, apareceron dous homes con vestidos resplandecentes. Cheas de medo, miraban para o chan; pero eles preguntaron:
- Por que buscades entre os mortos a quen está vivo? Non está aquí; resucitou. Recordade o que vos dicía en Galilea: que cumpría que entregasen o Fillo do Home nas mans dos pecadores, que o crucificasen e que resucitase ao terceiro día.
A elas acordáronlles aquelas palabras súas, e, volvendo do sepulcro, anunciáronllelo aos Once e a todos os demais. Eran elas: María Magdalena, Xoana, María a de Santiago. E tamén as outras que as acompañaban lles dicían o mesmo ós apóstolos; pero eles non lles daban creto: parecíalles un desatino das mulleres.
Mesmo así, Pedro ergueuse e foi correndo ó sepulcro; abaixándose, viu as vendas soas; e, todo abraiado polo acontecido, volveu para a súa casa.
PALABRA DO SEÑOR
RETROUSO DE ESPERANZA
Cambiar as bágoas en sorrisos de esperanza. Ao longo da coresma fomos construíndo no taboleiro das bágoas, algunhas das cruces do noso tempo. A celebración desta noite ofrécenos unha proposta distinta, novidosa: cambiar as bágoas por sorrisos. Sorrisos que animen, aleden, fagan visibles a tódalas persoas, desenmascaren os descartes que as xentes “ben pensantes” van facendo coas persoas, non calen ante os abusos e o maltrato... Esta noite ábrese unha nova xeira e só se poderá camiñar por ela se somos capaces de manter a coherencia e non nos deixamos vencer polo fácil, polo que non supón esforzo, polo que o xustifica todo, polo que relativiza tódalas cousas e mesmo ás persoas. Esta noite, canto celebramos poderá chegar ao noso corazón, se nós nos convertemos en testemuñas convencidas de que o proxecto de Xesús segue a ter frescura, vitalidade, novidade e capacidade de impresionarnos cada día. Se somos capaces de vivilo así, nada, nada poderá facernos calar nin derrotarnos. E entón, si que poderemos dicir que estamos a celebrar que O Señor resucitou!
3.- Liturxia bautismal
MONICIÓN
É o momento de que a auga, tan importante, e cada día máis escasa, teña o seu protagonismo na celebración. Ela é sinal de vida, de purificación, de limpeza. Derramándoa sobre as nosas cabeza, no bautismo, comezamos a formar parte da comunidade cristiá. Renovemos logo o compromiso bautismal que por nós fixeron o día do noso bautismo.
A) LADAÍÑAS
v Señor, ten piedade.
v Cristo, ten piedade.
v Señor, ten piedade.
v Xesús, Salvador e vida do xénero humano, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Santa María, Nai de Deus, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN
SORRISOS
v San Miguel, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Xosé, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Pedro, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Paulo, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Francisco de Asís, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN
SORRISOS
v Santa Clara, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San André, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Breixo, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Santa María Magdalena, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN
SORRISOS
v San Mamede, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Santa Comba, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Bieito, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Xoán Bautista, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN
SORRISOS
v San Simón, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Adrián, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Mateu, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Rosendo, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Froilán, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Martiño, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v San Ignacio, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Santa Tareixa de Ávila, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Santa Catarina de Siena, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN
SORRISOS
v San Xoán XXIII, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Santa Tareixa de Calcuta, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v S. Óscar Romero de América, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v S. Paulo VI, home de diálogo comunitario, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Dom Helder Cámara, Bispo do pobres, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Ghandi, Luther King e demais testemuñas de paz e amor, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Tódolos homes e mulleres de ben, CONVERTEDE AS NOSAS
BÁGOAS EN SORRISOS
v Pola túa morte e resurrección, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Pola forza do Espírito Santo cada día en nós, CONVERTE AS
NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
(Si hai bautizos)
v Para que o bautismo incorpore a estas/es fillas/os túas/teus na comunidade, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS
v Para que a auga do bautismo sexa para elas/es símbolo de nova vida, CONVERTE AS NOSAS BÁGOAS EN SORRISOS.
v Xesús, Fillo de Deus e amigo de tod@s, CONVERTE AS NOSAS
BÁGOAS EN SORRISOS
Que a túa presenza nos acompañe, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas nosas tarefas para alentalas e acompañalas. Que a túa man acompañe a acción das persoas que sentimos a ledicia do Evanxeo construíndo unha Igrexa fraterna e misericordiosa. P.X.N.S. Amén.
B) BENDICIÓN DA AUGA (e inmersión do cirio na pía bautismal)
Señor da creación e do amor, que nos dás a auga da vida, e ofrécesnos o bautismo como porta de entrada na comunidade cristiá. Acompaña este momento no que reunidos no teu nome queremos facer da auga sinal da túa presenza.
Señor da creación e do amor, que nos dás a auga da vida, para lembrarnos que a través dela a forza do Espírito camiña sempre con nós.
Señor da creación e do amor, que nos dás a auga da vida, que nos ofreces en Cristo unha nova creación na que deixemos atrás a angustia, o enfrontamento e as ansias de dominio de uns para cos outros.
Mira, Pai, esta comunidade que hoxe que quere renovarse coa forza da oración, e abre para ela a fonte do bautismo. Para que esta auga reciba, polo Espírito Santo, a graza do teu Fillo, de xeito que aqueles que creaches á túa imaxe e semellanza, polo bautismo morramos ao vello que levamos en nós e renazamos á luz dunha nova humanidade inaugurada en Xesús e plenificada na súa pascua.
Que a presenza do Espírito Santo, polo teu Fillo + descenda sobre
esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal, para que incorporadas e incorporados a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza. P.X.N.S. Amén.
C) RENOVACIÓN DAS PROMESAS
BAUTISMAIS
Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:
• Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou dispost@.
• Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irmáns?. Si, estou dispost@.
• Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñen a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou dispost@.
• Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que el creou?. Si, creo.
• Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.
• Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexacomunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.
Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
(Agora tod@ nós recibimos a aspersión coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser fieis á alianza bautismal)
Canto: A auga do Señor, cambioume o corazón (Nº 124)
FRATERNIDADE ORANTE
Nesta noite de comuñón e encontro, na que a luz de Cristo se nos mostra como vida, queremos, Señor:
GRAZAS, SEÑOR, POR ACOLLERNOS
ü Polas persoas crentes do noso mundo, para que a ledicia da Pascua estimule a fidelidade ao proxecto de facer do mundo casa común, OREMOS.
ü Polas persoas refuxiadas, polas persoas migrantes, polas persoas que son descartadas, esquecidas e ás que ninguén presta atención. Para que fagamos o posible para que sentan a nosa solidariedade, OREMOS.
ü Pola paz en Ucraína e en todas as partes do mundo onde non a hai. Para que o Señor cambie a dureza do corazón dos que fan as guerras en fraternidade compartida no Resucitado, OREMOS
ü Por nós que estamos aquí nesta noite de alegría e esperanza. Para que non deixemos nunca de traballar polo proxecto de Deus nas nosas familias, barrios e parroquias, OREMOS
Xesús, Resucitado, acompaña canto hoxe poñemos nas túas mans. Ti, que vives e reinas por sempre eternamente. Amén.
4.- Bendición final
ð Que nos bendiga Deus que esta noite de Pascua e de misericordia, nos ofrece a esperanza dunha vida sempre acompañada por El. Amén
ð Que Aquel que nos redimiu pola resurrección de Xesús, nos enriqueza co agasallo da salvación compartida ao seu lado. Amén
ð Para que todas as persoas que temos celebrado estes días de fe e experiencia comunitaria compartida, sintamos a graza da súa bendición. Amén.
ð No nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo.
Comentarios