Ir al contenido principal

DOMINGO DE RAMOS

ESQUEMA DOMINGO DE RAMOS

FÓRA DO TEMPLO

* MONICIÓN PARA O COMEZO

* SAÚDO

* PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Mt 21, 1-11)

* OACIÓN E BENDICIÓN DOS RAMOS

* CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR

DENTRO DO TEMPLO

* GLORIA
* ORACIÓN COLECTA
* LECTURA DA PALABRA

* Filipenses

* Paixón segundo Mateo

* HOMILÍA

* CREDO

* ORACIÓN DA COMUNIDADE

* PRESENTACIÓN SIGNOS DO OFERTORIO

* OFERTORIO: GRACIAS SEÑOR, GRACIÑAS

* CANTO E REZO DO NOSO PAI: NO CAMIÑO DO AMOR.

* CANTO DA PAZ: FAGAMOS A PAZ, IRMÁNS

* CANTO DA COMUÑÓN: TI ES CAMIÑO E VERDADE

* REFLEXIÓN

DOMINGO DE RAMOS

Que os ramallos non nos impidan ver a realidade


MONICIÓN PARA O COMEZO
( faise fora, onde se bendizan os ramos)
Reunidos como comunidade cristiá, comezamos a nosa celebración do domingo de Ramos. Coma Xesús, tamén nós queremos pornos en camiño para ir a Xerusalén. É dicir, queremos vivir, compartir e celebrar os grandes acontecementos da nosa fe, para poder chegar ao final: á pascua, e participar comunitariamente do renacer esperanzado da vida, do abrirnos ao cambio, ao esforzo, ao traballo por facer as cousas máis fáciles a cantos comparten con nós tempo, vida, preocupacións e proxectos. Dispoñámonos a participar de xeito activo e gozoso. e entoemos xuntos o moito me alegrei dos que queremos ir á casa do Señor.

LECTURA DA PALABRA

Mt 21, 1-11.PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Cando se aproximaban a Xerusalén e chegaron a Betfagué, ó pé do Monte das Oliveiras, mandou Xesús a dous discípulos, dicíndolles:

‑Ide á aldea que tendes aí de fronte, e de seguida atoparedes unha burra atada e un burriño con ela; ceibádeos e traédeos. Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta ó Señor, e que de seguida llos mandará de volta.

Isto sucedeu para que se cumprise o que fora dito polo profeta:

Dicídelle á filla de Sión: Velaí o teu Rei que vén onda ti,

humilde e montado nunha burra, nun burro, fillo de animal de carga.

Foron os discípulos, e fixeron o que Xesús lles mandara. Trouxeron a burra e mailo burriño, botáronlle enriba os mantos, e Xesús montou. Moita xente estendeu os mantos no camiño; outros cortaron polas das árbores, e estendéronas tamén no camiño. E a xente que ía diante e mailos que o seguían gritaban: ‑¡Hosanna ó Fillo de David! ¡Bendito o que vén no nome do Señor! ¡Hosanna nas alturas!. E ó entrar en Xerusalén, toda a cidade conmovida preguntaba: ‑¿Quen é este?. A xente respondía:

‑Este é o profeta Xesús, o de Nazaret de Galilea.

Palabra de Señor. Grazas a Deus.

ORACIÓN

Señor do amor e a misericordia, bendice + estes ramos e palmas, e concédenos a cant@s os levamos a túa capacidade de vivi-la solidariedade e o teu compromiso pola xustiza. Que cant@s agora nos pomos en camiño, lembrando o teu camiño ata Xerusalén, saibamos segui-las túas pegadas de tolerancia, de servizo aos necesitados e de diálogo con todas as persoas que se senten chamadas a facer do mundo un verdadeiro fogar. Que neste camiño, que nos levará ata a Pascua, saibamos camiñar na mansedume, a paciencia, a confianza e o amor, para así poder celebrar con ledicia e esperanza, o triunfo sobre a morte. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

PROCESIÓN CARA O TEMPLO

CANTO: CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR

GLORIA

ORACIÓN COLECTA

LECTURA DA PALABRA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS FILIPENSES

Cristo, con ser de condición divina,

non se agarrou cobizosamente á súa categoría de Deus;

senón que se espiu do seu rango,

asumiu a condición de escravo;

fíxose un home normal e presentouse coma tal

abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte,

¡e a morte na cruz!

Por iso tamén Deus o exaltou sobre todo

e lle concedeu un título que está por riba de calquera título

para que ante o título de Xesús se dobre todo xeonllo

no ceo, na terra e mais no abismo,

e para que toda lingua proclame

para gloria de Deus Pai

que Xesús Cristo é o Señor. Palabra do Señor. Grazas a Deus

PAIXÓN DO NOSO SEÑOR XESÚS CRISTO SEGUNDO MATEO


REMUÍÑO
Na celebración de hoxe, a bendición dos Ramos quere ser símbolo da necesaria acollida que debemos prestar a cantos se achegan as nosas comunidades; ou mesmo a nós, buscando ser escoitados e axudados. Neste momento podemos ir facendo un esforzo por revisar cáles son as nosas actitudes, e ver se verdadeiramente estamos a responder ao seguimento de Xesús. El foi capaz de poñerse a disposición de tod@s, darse e entregarse, e sempre buscando facer moito máis agradable a vida dos demais. Tamén nós hoxe somos invitados a mirar á persoa de Xesús para, como El, sufrir con quen sufra e disfrutar con quen disfruta. En palabras de hoxe, Xesús tiña verdadeira empatía cos demais, coñecía o que era poñerse no sitio do outr@.

El, que non recuou ao chegar a Xerusalén, ten que ser para nós a luz e a forza para que non nos deixemos levar da tentación de recuar tamén nós cando teñamos que afrontar situacións difíciles, tanto para nós como para os demais. Estar permanentemente en camiño debera ser un xeito de asumir a vida, de ver e facer as cousas perdendo medos e asumindo causas que poden levar a outros a ser máis felices e a un vivir moito máis humano. Fixémonos Nel e poñámonos a andar dunha vez. Se El quere seguir entrando nas moitas Xerusaléns que hoxe hai ao noso redor; Xerusaléns nas que tantas persoas, coñecidas ou non, son levadas ao sufrimento e á dor: enfermos, empobrecidos, esquecidos, nenos sen atención por parte dos seus pais, nenos utilizados como se foran “cousas”, maiores vivindo en soidade... camiñemos sen presa cara esa Xerusalén que non se queda na morte a na dor, senón que se transforma en experiencia de renovación gozosa e chea de esperanza. Que esta semana que hoxe comeza nos leve a poder , sabéndonos acompañados de Xesús, chegar xuntos e comprometidos con toda causa xusta á Pascua da resurrección e da vida.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Porque queremos camiñar cara Xerusalén, non para quedarnos no externo do camiño de Xesús, senón para avanzar na renovación da nosa vida e das nosas actitudes e valores, digamos xuntos:

QUE A TÚA BENDICIÓN RENOVE A NOSA VIDA

♱ Bendice, Señor, este mundo tan dividido e enfrontado, por non saber abrirnos a escoitar e a acoller a quen pensa distinto a nós. Oremos.

QUE A TÚA BENDICIÓN RENOVE A NOSA VIDA

♱ Bendice, Señor, a túa Igrexa, para que venza a tentación da influencia e da imposición, para converterse en casa de acollida e fermento de fraternidade. Oremos.

QUE A TÚA BENDICIÓN RENOVE A NOSA VIDA

♱ Bendice, Señor, as nosas comunidades, para que saibamos vivir o amor, sincero e desinteresado, no compromiso pola xustiza e a solidariedade, especialmente cos pobres, os que sofren, os que son desprazados e silenciados. Oremos.

QUE A TÚA BENDICIÓN RENOVE A NOSA VIDA

♱ Bendice,S eñor, a cantos hoxe quixemos poñernos en camiño para ir á Xerusalén da entrega xenerosa e desinteresada das nosas vidas a favor dunha maior e mellor comuñón entre tod@s nós. Oremos.

QUE A TÚA BENDICIÓN RENOVE NOSA VIDA

Señor, que saibamos camiñar acompañados pola túa bendición na nosa tarefa de facer do mundo a casa onde ninguén sexa rexeitad@. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

PRESENTACIÓN DOS SIGNOS NO OFERTORIO

♱ No momento do ofertorio achégase ao altar unha cruz, a poder ser un pouco grande, que poñeremos diante do altar. Adornaremos a cruz con flores –o amor– e ramos de oliveira –a paz-. Con iso quérese expresar que Xesús entra en Xerusalén e é aclamado porque nel recoñécese a Aquel que desde o amor, nos ven traer a paz.

♱ Tamén podemos por ao pé do altar un cartel, o suficientemente grande, con imaxes alusivas ás celebracións da Semana Santa que se van realizar na parroquia, xunto aos respectivos horarios.

CANTO DO OFERTORIO: GRACIAS, SEÑOR, GRACIÑAS.

CANTO E REZO DO NOSO PAI: NO CAMIÑO DO AMOR.

CANTO DA PAZ: FAGAMOS A PAZ, IRMÁNS
CANTO DA COMUÑÓN: TI ES CAMIÑO E VERDADE

REFLEXIÓN

A entrada antitriunfal do Mesías en Xerusalén

Xa se chegan ás portas da cidade. É o derradeiro tramo, e Xesús quixo percorrelo montado nunha burra, coma un humilde peregrino que entra en Xerusalén desexando a tod@s a paz. Neste momento, contaxiados polo aire de festa da Pascua e alporizados pola expectación da pronta chegada do Reino de Deus, no que tanto insistía Xesús, comezan a aclamalo. Algúns cortan uns poucos ramallos que van crecendo á beira do camiño, outros botan as súas túnicas no chan cando vai pasando. Expresan a súa fe no Reino de Deus e o seu agradecemento a Xesús. Non é unha recepción solemne organizada para recibir a un persoeiro ilustre e poderoso, é unha homenaxe espontánea dos discípulos e seguidores que veñen con El. Segundo se nos di, os que o aclaman son peregrinos que “ían diante Del” ou que “o seguían” .Probablemente o seu berro debeu ser este: “Hosanna! Bendito o que ven no nome do Señor!”.
O xesto de Xesús era seguramente intencionado. A súa entrada en Xerusalén montado nunha burra dicía máis que moitas palabras. Xesús busca un reino de paz e xustiza para tod@s, non un imperio construído con violencia e opresión. Montado nunha burra, aparece diante daqueles peregrinos coma un profeta, portador dun orde novo e diferente, oposto ao que impuñan os xerais romanos, montados sobre cabalos de guerra. A súa humilde entrada en Xerusalén convértese en sátira e burla das entradas triunfais que organizaban os romanos para tomar posesión das cidades conquistadas. (José Antonio Pagola, Jesús, aproximación histórica, PPC,2007).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...