Ir al contenido principal

7 domingo TO A 2023

 7º Domingo do tempo ordinario

FRONTE Á TEORÍA DO OLLO POR OLLO VENGATIVO, XESÚS BUSCA O ENTENDEMENTO

 

CANTOS

            Entrada.- Con ledicia  vamos todos ao altar ( 2)

            Lecturas.- Camiñando pola vida ( 9)

            Ofertorio.- Cantádelle ao Señor unha cantiga nova ( 33)

            Comuñón.- Acharte presente ( 51)

 

OÍDO Á ESPREITA

            No evanxeo de hoxe volve falar Xesús en contraposición: tedes oído... eu dígovos. E fronte ao que viña sendo a lei xudaica, Xesús, sen rexeitala, busca darlle un sentido moito máis amplo. De aí o seu eu dígovos. E alí onde eles dicían ollo por ollo, El propón devolvede ben; onde eles dicían amor só aos nosos e aborecemento dos diferentes, Xesús di: amade aos vosos nimigos. 

            A proposta de Xesús, sen rexeitar o que xa viña sendo, dálle unha volta de humanidade e esperanza universal diante da tentación de pecharse nos nosos e no noso, para abrirse aos outros, que non poden ser máis ca todas e todos.

            Esta é hoxe a nosa tarefa neste mundo de tanta exclusión e invisibilidade.

 

CORAZÓN AQUECIDO

•      Porque excluimos máis que achegamos. SEÑOR, LÉVANOS POLS TEUS VIEIROS.

•      Porque enfrontamos no canto de pacificar. CRISTO, LÉVANOS POLOS TEUS VIEIROS.

•      Porque só nos preocupamos polo noso e os nosos. SEÑOR, LÉVANOS POLOS TEUS VIEIROS.

 

 

PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO LEVÍTICO

 

Díxolle o Señor a Moisés: 

‑"Fálalle á comunidade dos fillos de Israel e dilles: Sede santos, porque santo son eu, o Señor, o voso Deus.

Non terás odio de corazón ó teu irmán; e reprenderás con decisión o teu próximo, para non cargar co seu pecado.Non te vingarás nin lles terás xenreira ós teus conveciños: amara-lo teu próximo coma a ti mesmo. Eu son o Señor. 

 

 

SALMO RESP.     Sal 102, R/  (8a):  O Señor é misericordioso e clemente,

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

 

Irmáns e irmás:

¿Non sabedes que sodes templo de Deus e que o Espírito de Deus habita en vós? Se alguén destrúe o templo de Deus, Deus destruirao a el. Porque o templo de Deus é sagrado e iso sodes vós.

Que ninguén se engane. Se entre vós hai algún que se crea sabio ó xeito deste mundo, decátese de que é parvo para volverse sabio de verdade. Porque a sabedoría deste mundo é parvada diante de Deus. 

Que está escrito:

El pilla os listos na súa propia astucia.

E tamén:

O Señor coñece os pensamentos dos sabios

e sabe que son vans.

De modo que ninguén apoie o seu orgullo nos homes. Porque todo é voso certamente: tanto Paulo coma Apolo coma Cefas, tanto o mundo coma a vida e coma a morte, tanto o presente coma o futuro. Todo é voso; pero vós sodes de Cristo e Cristo é de Deus.

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

 

Dilles Xesús ós seus discípulos:

Tedes oído que se vos dixo: Ollo por ollo e dente por dente. Pero eu dígovos: non volvades mal por mal. O contrario, se alguén che dá un lapote na túa meixela dereita, preséntalle a outra; a quen queira preitear contigo e che leve a túnica, déixalle ir tamén o mantelo; a quen te obrigue a camiñar con el unha milla, acompáñao dúas. A quen che pide, dálle; e non te vires de costas a quen che pida emprestado.

Tedes oído que se vos dixo: Amara-lo teu próximo e aborrecera-lo teu inimigo. Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo, que fai saí-lo seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos. Porque, se amáde-los que vos aman, ¿que recompensa ides ter? ¿Non fan o mesmo os recadadores de impostos? E se saudades soamente a vosos irmáns, ¿que facedes de máis? ¿Non fan outro tanto os pagáns? Daquela sede bos sen exclusivismos, coma o voso Pai celestial é totalmente bo.

 

 

PALABRA REMOÍDA

•      Moisés recibe unha encomenda: fálalle á comunidade. Porque para Deus Israel era principal e fundamentalmente unha comunidade que compartía un proxecto de vida, un horizonte como pobo, unha esperanza de plenitude. Por iso, diante da tentación de ir por libre ou ao seu aire, Deus insiste na importancia de sentirse, e selo, comunidade. E para acadar tal fin é preciso  querer, por o mellor de un para acadalo; aparcar as ansias individuais e pensar  desde o diálogo, a escoita, o compartido e a capacidade buscar obxectivos que non deixen nunca a ninguén nas beiras. E isto que Moisés recibe como encomenda para transmitir ao pobo, servenos tamén a nós hoxe, neste tempo de présas, inmediatez e individualismo. Non nos deixemos levar por aquelas mensaxes, actitudes ou retrousos que, coma cantos de serea, non fan máis que entorppecer o noso horizonte. O Deus de Xesús non cansa, tamén hoxe de insistir: todas e todas en comunidade, coma Israel.

•      E porque sempre se nos invita a pensar desde o nós, a non discriminar, a non diferenciar entre os nosos, os bos; e os outros, os malos. Tamén se nos invita a tomar conciencia de que somos templo, é dicir: ámbito de respecto, de presenza de Deus, de recoñecemento e dignidade compartida. O templo é lugar de sacralidade, e nós, se tamén o somos, e merecemos que esa sacralidade se manifeste no noso xeito de tratarnos. Inda que non pensa¡emos igual, inda que falemos linguas diversas, inda que teñamos visións da vida e do que nela debe ocorrer distintas. Como templo que somos, tódalas persoas merecemos respecto. E isto, tamén nos custa moito entendelo, e moito mais poñelo en práctica. Que mellor que neste domingo, e á luz da palabra que vimos de escoitar, lle deamos unha voltiña para telo sempre presnete.

•      E por iso polo que Xesús non se queda nas palabras da lei, El vai moito máis alá. As contraposicións que propón son un estímulo a cambiar a nosa mirada das cousas; son unha proposta para non deixarnos levar do derrotismo que as veces aniña en todas e todos nós: somos poucos, non valemos, para que...se total. Seguir a Xesús, acoller a súa palabra, querer, sen vergoña vivir os valores do evanxeo, lévanos, como acabamos de escoitar no evanxeo a ir máis alá do sempre foi así, isto xa ven dos vellos ou para que cambiar se á xente lle gusta. Quen non arrisca, quen nos pensa en avanzar pensando nas xeraciósn qeu veñen detrás, que non quere dar pasos cara adiante sen medo, ademais de empobrecerse humana e persoalmente, nunca poderá dicir que entende a mensaxe de Xesús.

 

ORACIÓN COMPARTIDA

Porque tamén nós, como o foi Israel, somos comunidade que compartimos esperanza e vida. Por iso che dicimos: 

GRAZAS, POLA TÚA PROPOSTA DE DIGNIDADE E AMOR.

•      Porque nos ofreces o mundo como casa de todas e todos na que sentirnos irmáns en misión compartida de esperanza. Oremos. 

•      Porque queres que as nosas parroquias sexan berces de acollida e celebración, e non esqueletes faltos de vida que ilusione e una. Oremos. 

•      Porque a cada unha e cada un de nós nos vas pedindo que non nos deixemos levar pola rutina do repetitivo; pola desilusión de ser poucos; pola tibieza do noso xeito de vivir. Oremos. 

Señor, acolle, acompaña e alenta esta oración que compartimos e poñemos baixo a forza da túa esperanza. Por Cristo o noso Señor. Amén.

 

ALENTO RENOVADOR

            A escoita é un encontro de liberdade, que require humildade, paciencia, vontade de comprensión, compromiso para elaborar respostas dun xeito novo. A escoita transforma o corazón de quen a vive, sobre todo cando nos poñemos nunha actitude interior de harmonía e mansedume co Espírito. Polo tanto, non se trata só dunha recollida de información, nin dunha estratexia para acadar un obxectivo, senón da forma en que Deus se relaciona co seu pobo. En efecto, Deus ve a miseria do seu pobo e escoita o seu lamento, déixase conmover nas súas partes máis íntimas e baixa para liberalos (cf. Ex 3,7-8). A Igrexa, pois, escoitando, entra no movemento de Deus que, no Fillo, sae ao encontro de cada unha das persoas. (Francisco, XV ASEMBLEA XERAL ORDINARIA A MOCIDADE, A FE O  DISCERNIMENTO VOCACIONAL

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

2 Nadal 2026

  PERSOAS BENDICIDAS NA PALABRA ENCARNADA     CANTO GOZOSO           - Entrada: Que ledicia (nº 4)          - Lecturas: Con tódalas criaturas (Nº 22)          - Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36)    - Comuñón: Acharte presente (Nº 51)   A MAXIA DE ABRIR OS OLLOS Escoitaremos hoxe na proclamación da palabra que somos persoas bendicidas por Deus. Unha bendición que temos recibido na Palabra Encarnada que, como dicíamos o día de Nadal, faise dos nosos para que nós poidamos ser Del. Pero grazas á Encarnación non só somos persoas bendicidas, senón elixidas para facer do Deus Amor presenza viva a través do noso testemuño.  A isto se nos convida neste tempo de Nadal: no medio de tanto balbordo chámasenos a facer silencio dentro de nós para escoitar a súa chamada; no medio de tanto lucerío invítasenos a descubrir a Luz verda...