Ir al contenido principal

25 domingo TO B 2015

HAI PERSOAS QUE SERVEN UN DÍA E SON BOAS. HAI OUTRAS QUE SERVEN UN ANO E SON MELLORES. OUTRAS SERVEN MOITOS ANOS E SON MOI BOAS... PERO TAMÉN HAI AS QUE SERVEN TODA A VIDA: ESAS SON IMPRESCINDIBLES E IMPORTANTES
Descarga o ficheiro

RECENDOS DE SONS AGRADECIDOS

·        ENTRADA: Amigos nas penas
·        LECTURAS: Benaventurados
·        OFERTORIO: Déixate querer
·        COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco

OLLOS ABERTOS

Na nosa sociedade é importante o home de prestixio, seguro de si mesmo, que acadou o éxito nalgún campo da vida, que sobresae por riba dos demais. Asemade, é importante a muller estupenda fisicamente, bela (aínda que só sexa por fóra), que acapara portadas das revistas, que ten ao seu lado un home “relevante”, con poder e con cartos....
Porén, a Palabra volve insistir unha e outra vez en que eses non son criterios morais válidos para catalogar á xente como “importante”. Segundo o criterio de Xesús son importantes eses miles e milleiros de homes e mulleres anónimos, de rostro descoñecido, a quen non se lles fará nunca ningunha homenaxe nin se lles adicará ningunha portada de revista; pero que se desviven no servizo desinteresado aos demais, ocupándose e preocupándose da felicidade doutras persoas.
Que a celebración que agora comezamos nos axude a espertar do soño no que estamos mergullados para descubrir que servir é ledicia.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

A pesares de non termos descuberto que a túa novidade consiste en facer grande o pequeno e o insignificante, SEÑOR, NON NOS DEIXES DA TÚA MAN.
A pesares de que seguimos perdendo tempo, enerxía e esforzo en discusións inútiles que non fan máis que amargar a nosa vida e a dos demais, CRISTO, NON NOS DEIXES DA TÚA MAN.
A pesares de que non acabamos de entender que seguirte a Ti, supón e esixe sinxeleza, compromiso,dispoñibilidade e servizo e non boato, beatería, prácticas baleiras e ambición de poder e prestixio, SEÑOR, NON NOS DEIXES DA TÚA MAN.

PALABRA ACOLLIDA E PÉS NO CHAN

  • A primeira lectura, do libro da Sabedoría, fálanos do difícil que é camiñar polo carreiro da xustiza. Si, porque ilustra moi ben dúas actitudes na vida e diante da vida: a dos xustos, é dicir, a das persoas que viven e queren vivir nunha sociedade de dereito, xusta, en paz, solidaria e respectuosa; e a das persoas para as que o fin sempre xustifica os medios (chantaxe, traizón, crítica cruel....), aquelas que non teñen escrúpulos, que burlan a lei, que buscan prebendas, que pisotean dereitos... Sóanos o conto?. Porque tod@s nós, en maior ou menor medida, en certos aspectos da vida, somos das persoas que nadamos entre dúas augas, arrimándonos ao sol que máis quenta. Na nosa vida, tamén na nosa vida de fe, ás veces somos coma botellas de refresco con gas: ao comezo, cando quitamos a cortiza, todo é forza, vitalidade, entusiasmo.... Pero, co tempo, na posta en práctica dos compromisos bautismais, nas decisións que debemos tomar, nas opcións que temos que sopesar.... chega un momento de proba: críticas ao redor, camiño diferente ao da meirande parte da sociedade, @s amig@s cada vez enténdennos menos, perdemos a tranquilidade..... e chega a sensación de fracaso, a apatía, mesmo o baleiro. Xurde entón a idea de que non pagou a pena ter dedicado tempo, esforzo, ilusións.... Perdemos o gas e deixámonos ir polo de sempre, polo que fan todos, polo que se leva.... esquecendo dúas cousiñas importantes. Por unha banda o feito de que cando unha sociedade vai mal (como está ocorrendo agora mesmo), fai falla un cambio desde a raíz, cómpre volver comezar, porque non se pode aprender xustiza nunha sociedade inxusta; non se pode aprender a ser solidarios nunha sociedade que explota; non se pode amar a paz nun mundo cheo de violencia física e verbal; non se pode aprender a ser persoa nun mundo inhumano.... xa que aprendemos do que vemos e vivimos e cando o que se di está en contradición co que se fai, aprendemos tamén a mentir e a enganar, a explotar e a matar. Doutra banda, non menos importante, esquecemos que Deus non nos deixa so@s, senón que vai pondo no noso camiño persoas que nos tenden a man e que nos axudan a erguernos demostrándonos que nos queren, que se preocupan por nós, que non nos abandonan... o que fai que a pesares das dificultades e das cruces da vida non deberiamos nunca perder o norte: Deus. El invítanos a ver a realidade con outros ollos e danos forza e alento para volver comezar de novo.
  • Un recomezar sempre desde a tolerancia, o respecto e o diálogo. Moitas veces non somos capaces de entender e asumir que os cristiáns e as cristiás somos un grupo dentro da sociedade, dentro dunha sociedade plural e democrática chamada a construírse desde o respecto dos Dereitos Humanos, e iso fainos caer na tentación da imposición e da intolerancia, que levan a enfrontamentos, descualificacións e a crear un clima de crispación que non é bo para ninguén, e menos para as persoas que nos consideramos seguidoras de Xesús de Nazaré, que deberamos ter como compromiso facer do mundo a casa de tod@s. Parapetados na nosa verdade, autosuficientes, non estamos dispostos a escoitar, e moitos menos aceptar a quen pensa, reza, opina, ama ou actúa dun xeito distinto ao noso. En definitiva, pásanos o mesmo que lles ocorría a aqueles aos que lle escribía Santiago: tod@s queremos ser “machos dominantes da manada” e, desde esta perspectiva, comezamos a ver o resto do mundo coma un obstáculo a eliminar ou coma alfombra sobre a que pisar. Xorden entón as divisións, as loitas, os ciumes..... Hoxe é un bo día para recomezar desde a óptica de que “o froito da paz é a xustiza” e que acoller o Reino é acoller á persoa de Xesús. Se non conseguimos entender isto estaremos sempre na disputa, na tensión, no enfrontamento e na división que tanto dano fan.
  • Só así aprenderemos, tamén nós, a responder á pregunta que Xesús lle fai aos seus discípulos: de que falabades polo camiño?. Certamente non era de servizo, de entrega ou de compromiso. Non, tristemente eles tamén se deixaran embaucar, tamén se deixaran ir e falaban de prestixio, poder, importancia.... Que pouco cambiou o conto despois de dous anos de historia!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!.Non entenderan nada... Non entendemos nada. E Xesús, explicóullelo e explícanolo hoxe a nós: “quen queira ser primeiro, que se faga último e servidor”. Estamos tan afeitos a escoitar esta frase que é pouca a impresión que nos causa, a pesares de que non entendemos moi ben que para ser primeiros teñamos que ser últimos. E non o entendemos porque nos falta fe, porque non confiamos de verdade en Xesús. Por se acaso preferimos ter os nosos propios medios, os nosos propios recursos, as nosas reservas e as nosas seguridades para non quedar de últimos, porque iso sería unha catástrofe, unha traxedia....Xesús propón como modelo aos nenos, símbolo das persoas pequenas, daquelas que o mundo non ten en conta: refuxiados, pobres, parados, marxinados, enfermos, desposuídos, escravos....e tantas e tantas persoas ás que ignoramos ou miramos por riba do ombreiro por estar os nosos ollos pousados nos grandes e poderosos. Nestas palabras de Xesús resoa a parábola do xuízo final. O neno é o famento, o nu, o que está no cárcere, o marxinado... O que fai grandes non é dominar, senón servir aos máis pequenos e desprezados. Tod@s nós (xerarquía, relixiosas e leig@s), que formamos a Igrexa de Xesús debemos seguir con fidelidade as súas palabras e o seu exemplo se non queremos enredarnos nas formas mundanas de pensar e actuar. Calquera afán de dominio, de búsqueda de poder ou de prestixio; calquera afán de manipular ou de sobresaír sobre os demais ocultará o rostro de Cristo que debemos transparentar. Será un antitestemuño. Cando aprenderemos?.

FRATERNIDADE ORANTE

Abramos o noso corazón á oración compartida, tendo nela presentes as dores, loitas e sufrimentos dos nosos irmáns e das nosas irmás, e digamos:
QUE DESCUBRAMOS A LEDICIA DE SERVIR
Para que tod@s nós, que formamos a túa Igrexa, mostremos cos nosos feitos que vivimos para servir a todas as persoas, e non buscando prestixio, poder, loanza efémera ou recoñecemento, OREMOS.
QUE DESCUBRAMOS A LEDICIA DE SERVIR
Polas nosas comunidades, para que deixemos de perder tempo, esforzo e ilusión en discusións estúpidas e baleiras e, pola contra, busquemos a paz que é froito da xustiza, OREMOS.
QUE DESCUBRAMOS A LEDICIA DE SERVIR
Por cada un e cada unha de nós, que queremos camiñar no seguimento de Xesús, para que o fagamos sempre con dispoñibilidade, esperanza, alegría e diálogo, manifestando na nosa vida a ledicia de sermos servidor@s, OREMOS.
QUE DESCUBRAMOS A LEDICIA DE SERVIR
Grazas, Señor por darnos a verdadeira sabedoría que brota do Evanxeo: para ser grande cómpre ser servidor de tod@s. PXNS. Amén.

MIRADA DE ESPERANZA

Non digas que non.
Ti, coma min, coma tod@s,
tamén levas no teu interior esta pregunta:
quen é o máis importante?.

Porque para ti, para min, para case tod@s,
do que se trata é disto: de ser o máis importante.

Na escola ensínannos a ser os máis listos.
Na Igrexa ensínannos a ser os máis perfectos.
Na televisión ensínannos a ser os máis famosos.
Na casa ensínannos a ser os máis ricos.
Case ninguén quere os últimos postos.
Case ninguén acepta ser servidor dos demais.

Xesús si.
Xesús escolleu o último lugar: fíxose servidor de todos.

A xente de letras case nunca entendeu a Xesús.
A xente de Igrexa case nunca entendeu a Xesús.
A xente de poder case nunca entendeu a Xesús.
A xente dos cartos case nunca entendeu a Xesús.

E foi Xesús e colleu un neno,
e púxoo no medio coma sinal para toda a xente do mundo:
sinal da debilidade, á que é bo achegarse,
sinal da tenrura de Deus da que carecen moitos corazóns,
sinal da humildade coa que cómpre camiñar na vida,
sinal dos postos sen importancia que busca o seguidor de Xesús,
sinal de Xesús mesmo, morto e resucitado,
por unha melloría radical do mundo que nos acolle.


                                                M. REGAL “Un caxato para o camiño” (pax. 226-227)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel