Ir al contenido principal

3 Coresma 2021 B

 3º Domingo de Coresma.2021

En tempos de tanto mercadeo, testemuñemos a fe con gratuidade xenerosa

Cantos.-

Entrada.-   Non vou so  ( )

Lecturas.- As túas palabras, Señor ( )

Ofertorio.- Eiqui están Señor ( )

Comuñón.- Xesús chamado amigo. ( )

Mirada de esperanza

Avanzamos temporalmente no tempo de coresma, facémolo tamén na nosa espiritualidade? Imos deixando atrás canto nos impide que a dureza do corazón dea paso á non sentir vergoña da fe, e a tender a man de fraternidade a quen nola pida? Se é así, teremos aproveitado con fondura  este tempo de coresma. Se non  o é, aínda estamos a tempo de corrixir e endereitar o rumbo.

Deixemos logo que a palabra que hoxe se vai sementar nos nosos corazóns dea froito, para que a nosa vida sexa testemuño ledo e evanxélico de que Xesús agarima as nosas vidas, facendo tamén posible que nós agarimemos outras vidas que precisan da nosa man, da nosa palabra da nosa compaña.

Corazón de misericordia

  1. Por ter caído na tentación  de querer comprarte coa nosa oración interesada. Señor, que non caiamos na mediocridade.

  2. Por sentirnos cómodos vivindo unha fe que queremos comprar cos nosos cartos, e non vivila coas nosas actitudes. Cristo, que non caiamos na mediocridade.

  3. Pol comodidade de reducir a fe a ritos e palabras memorizadas, evitando poñela en relación co que facemos cada día . Señor, que non caiamos na mediocridade.


Palabra proclamada


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS


Irmáns e irmás:

 Os xudeus piden signos e os gregos buscan a sabedoría; pero nós 

predicamos un Mesías crucificado: e isto para os xudeus é un escándalo e para os pagáns é unha loucura. Pero para os chamados, tanto xudeus coma gregos, el é Cristo, marabilla do poder e da sabedoría de Deus. Porque a loucura de Deus é máis sabia ca toda a sabedoría dos homes e a debilidade de Deus é máis forte ca toda a fortaleza dos homes.

Palabra do Señor. Gracias a Deus


PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN


Estaba a chega-la Pascua dos xudeus e subiu Xesús a Xerusalén. Atopou no templo os que vendían bois, ovellas e pombas e mailos cambistas, sentados; foi el e fixo un vergallo con cordas de xunco, botounos a todos fóra do templo e as ovellas e os bois tamén; guindou cos cartos e virou as mesas dos cambistas; 16e ós que vendían as pombas, díxolles:

-Arredádeme de aquí estas cousas, non fagades da casa do meu Pai unha casa de negocio.

Lembráronse os seus discípulos de que estaba escrito: "O celo da túa casa devórame".

Pola súa parte, os xudeus preguntáronlle:

-¿Que sinal nos mostras, para faceres estes feitos?

Respondeulles Xesús:

-Derrubade este templo e erguereino en tres días.

Replicáronlle os xudeus:

-Corenta e seis anos levou edificar este templo ¿e halo erguer ti en tres días?

Pero el dicíao referíndose ó templo do seu corpo. Cando se ergueu de entre os mortos, lembraron os seus discípulos o que dixera e creron na Escritura e no dito de Xesús.

Estando Xesús en Xerusalén pola festa da Pascua, moitos creron nel, vendo os signos que facía. Pero, pola súa parte, Xesús non se fiaba deles, porque os coñecía a todos. Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.


Palabra do Señor. Gloria a ti Señor Xesús


Palabra remoída

  1. Como nos custa abrir o corazón á confianza en Deus! Seguimos insistindo unha e outra vez en pedir sinais e feitos, non deixando que Deus entre no noso corazón dese a contemplación da realidade. Unha realidade que vai cambiando co paso das estacións, e na que se vai mostrando a forza da beleza e da presenza de Deus. Como nos custa ser contemplativos da obra de Deus! Un Deus que nos vai mostrando a realidade da súa presenza na vida que comeza a xurdir coa chegada da primavera, e a transformación dos seres vivos que conformamos a casa común que Deus puxo ao noso dispor para coidade a compartila. A pesares de toda esta xenerosidade ao noso dispor, nós, como lle ocorría a aqueles cristiáns aos que lle escribía Paulo, seguimos anelados en pedir sinais e máis sinais, sen acabar de confiar neste Deus Pai/Nai que camiña ao noso lado. Cando acabaremos de descubrir a Cristo, de coñecelo, para poder anuncialo? Esforcémonos logo para que a pedra do corazón se converta en carne que latexa ao sentir a presenza do irm@n e a beleza dunha natureza que xermola traéndonos o agarimo de Deus!


  1. Se de verdade cremos que as súas son palabras de vida, non lle quitemos a súa frescura: non deixemos que nos rouben este gran agasallo que ten posto nas nosas mans! Acollamos esa palabra, fagámola nosa, vivámola coa ledicia de quen se sabe querid@ e nunca esquecido polo amor de Deus. Cambiemos a nosa maneira de ve-la realidade. Deus non é un repartidos de favores a quen hai que pagarlle, senón unha presenza que ri cando estamos ledos e sabe acompañar as nosas tristuras e bágoas. Porque é un Deus na vida . E a vida é interacción do que aleda e do que entristece, pero en ningunha destas situacións El nos deixa ou nos esquece. Está; e está sen querer manipularnos nin xogar nin ao Deus que castiga nin ao Deus que premia. El Non é un torturador de conciencias nin o perseguidor que vai fiscalizando canto fixemos, senón o Deus que creándonos libres acompaña cada unha das nosas eleccións. Inda que non lles gusten algunhas das que temos tomado.


  1. Vemos como Xesús se alporiza porque o templo, que debía ser espazo de encontro, comunicación, relación e celebración tíñase convertido nun mercado, nunha feira na que se facía de todo menos agradecer comunitariamente o sentirse membros dun pobo que ten a Deus como guieiro de gratuidade e xenerosidade. A mercantilización daquel espazo para o encontro e a oración alporiza a Xesús. E El non se queda indiferente diante deste xeito de reducir o encontro con Deus a un intercambio materialista e a unha transacción económica. E iso a Xesús quentoulle o sangue, e tal foi así que reaccionou dun xeito que nos pode resultar estraño nel. Pero se algo facía ferver o sangue a Xesús era o engano e o reducionismo da relación con Deus a un simple mercadeo, a unha feira onde todo se compra e vende. Dous mil anos despois, este mal fronte ao que Xesús reacciona, inda segue resente entre nós. Segue habendo crentes que coidan que poden comprar a Deus con cartos; e segue habendo tamén sacerdotes que consideran que a relación con Deus se ha mover  no materialistico e non na gratuidade xenerosa da presenza, da compaña, da escoita e da acollida. Se nós somos dalgúns destes grupos, aproveitemos a coresma para cambiar, para rectificar e darlle outro rumbo a nosa relación con Deus e ao noso ser membros dunha comunidade cristiá. E non calemos nin deixemos que ninguén, no nome de ningún Deus, tampouco do Deus de Xesús, tente reducir o amor de Deus a unha cuestión  monetaria e mercantil. Colaborar co que necesita a comunidade sempre, pero facer de Deus un menciñeiro que actúa segundo teñamos pagado ou non, nunca.


Oración compartida

Compartimos a nosa oración comunitaria dicindo: As túas palabras, Señor, son espírito e vida.

  • Para que sexamos unha Igrexa de gratuidade e non de transacción económica. Oremos As túas palabras, Señor, son espírito e vida.

  • Para que este tempo de coresma nos axude a cambiar comportamentos, e tratemos de vivir a nosa relación con Deus desde a igualdade de quen sabe que ten un Pai/Nai que non nos deixa sos. Oremos. As túas palabras, Señor, son espírito e vida.

  • Para que  rompamos coa rutina de reducir a coresma a non comer carne os venres, e descubramos cales son as nosas eivas sobre as que temos que intentar cambiar, sabendo que nos vai supor e custar moito esforzo. Oremos. As túas palabras, Señor, son espírito e vida.


  • Para que teñamos comportamentos responsables, pensando en nós e nos demais, e non esquezamos que segue habendo moita xente enferma e outra moita que xa nunca estará ao lado dos seus familiares. Oremos. As túas palabras, Señor, son espírito e vida.

Grazas, Señor, ola forza da túa palabra que nos axuda a non caer na tentación de facer da fe mercado. Por Xesucristo o noso Señor. Amén..

Ecos de esperanza

Na debilidade das tentacións, que todos temos, a graza de Xesús axúdanos a non escondernos do Señor senón a pedir perdón para levantarnos e seguir adiante. As tentacións lévannos a escondernos do Señor, permanecendo coa nosa culpa, co noso pecado, coa nosa corrupción.

Moitos corruptos, moitos peixes gordos corruptos que hai no mundo e que coñecemos polos xornais: moitos comezaron por pequenas cousas, por non axustar correctamente a balanza e o que era un quilo convérteno en 900 gramos. A corrupción comeza por pouco, como isto que empeza con un diálogo: ‘Non é verdade que te fará mal este froito! ¡Cómeo, está bo! É pouca cousa, ninguén se dará conta. Faino!’. E pouco a pouco caese no pecado, na corrupción”.  Na tentación non se dialoga, rézase: Señor, axúdame porque son feble. Non quero esconderme de ti ( Francisco )

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...