Ir al contenido principal

Vixilia Pascual 2017


Descarga o ficheiro

1) ESCOITA ACTIVA
2)           LITURXIA DA LUZ
ð BENDICIÓN DO LUME
ð ACENDEMOS AS VEAS
ð PROCESIÓN AO TEMPLO
ð PREGÓN PASCUAL
ð GLORIA
3)            LITURXIA DA PALABRA
ð MONICIÓN
ð PRIMEIRA LECTURA (Xén.)
ð SEGUNDA LECTURA (Xén.)
ð TERCEIRA LECTURA (Éx.)
ð CUARTA LECTURA (Is.)
ð QUINTA LECTURA (Ez.)
ð SEXTA LECTURA (Rom.)
ð EVANXEO (Lc.)

4)           LITURXIA BAUTISMAL
ð MONICIÓN
ð LADAÍÑAS
ð BENDICIÓN DA AUGA
ð RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS
ð FRATERNIDADE ORANTE
5)            LITURXIA DA EUCARISTÍA
ð OFERTORIO
ð SANTO
ð NOSO PAI
ð PAZ
ð COMUÑÓN
ð MIRADA ESPERANZADA
ð DESPEDIDA
6)             CANTO GOZOSO
  • Ao prender o lume: Lumiño de lúa clara (Nº 123)
  • Na procesión cara o templo: Andarei na presenza do Señor (Nº 11)
  • Lecturas
o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes
o   2º Pai, Pai, eu póñome nas túas mans
o   3º Sementar, sementarei
o   4º O amor é o meirande
o   5º Benaventurados
o   6º Señor Xesús, bendito sexas
  • Aspersión: A auga do Señor (Nº 124)
  • Ofertorio: Eiquí están Señor (Nº 32)
  • Santo: Os ceos e a terra
  • Noso Pai: No camiño do amor (Nº 43)
  • Paz: Por riba das nosas distancias
  • Comuñón: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
  • Canto final á Virxe: Salve, Raíña (Nº 73)

Noite de festa e balbordo, na que a escuridade da tebra que nos trae a morte pasa a ser luz gozosa e relumbrante, Abrente de vida e resurrección

ESCOITA ACTIVA

Desde a ledicia do amor que o papa Francisco nos chama a construír nas nosas familias, xuntámonos esta noite para, con ánimo ledo, testar o noso ADN de familia cristiá que ao redor do lume queda prendada da luz gozosa que nos ofrece Xesús de Nazaret. Unha luz que non esmorece, senón que transforma os corazóns de pedra, dura e fría, en corazón de carne que perdoa, acolle e fai da misericordia guieiro polo que seguir camiñando.
No nome deste Deus damos tamén a benvida á fe aos nen@s que esta noite imos bautizar para incorporalos ao grupo dos amigos de Xesús,e felicitamos ás súas familias por confiar nesta comunidade para que sexan incorporados á fe da Igrexa.
Acompañémos xunt@s e sen exclusións nesta noite de balbordo e esperanza.

1.- Liturxia da luz

Bendicimos o cirio que vai ser ao longo de todo o ano sinal da luz que en Cristo recibimos e da que participamos os crentes. El estará acendido sempre que nos reunamos para participar do sentido comunitario ao longo da Pascua, e nos momentos importantes da nosa comunidade: cando acollamos na fe a un pequen@ ou cando despidamos a un membro da comunidade que se vai ao encontro de Xesús. En toda situación de alegría ou dor, onde a luz de Cristo vai ser sempre sinal da súa presenza.

A)                Bendición do lume

Señor:
por medio do teu Fillo Xesús,
déchesnos a terra, o aire, a auga e o lume.
Neles estás Ti coma principio e orixe de todo.
Coa presenza dos membros da nosa comunidade,
queremos bendicilos +,
para que sexan verdadeiro signo
de transformación renovadora das nosas vidas,
e que a pascua que agora comeza
prenda en cada un de nós
para poder abrir brazos e agarimar, no teu nome,
a tantos irmáns e irmás que agardan de nós
a aperta solidaria do teu amor. P.X.N.S. Amén.


B) Logo da bendición do lume, acéndese nel o cirio pascual. Mentres acendemos, cantamos LUMIÑO DE LÚA CLARA (Nº 123)

(Unhas poucas persoas acenden as súas candeas no cirio, e despois van acendendo coa súa candea as dos demais, ata telas todas acendidas. Como este ano temos bautizos, neste momento padriños e pais, que xa acenderon do cirio a candea, dan razón de por que presentan aos seus fill@s para seren bautizados. A partires dese momento, comeza a procesión cara á Igrexa.

C) Procesión e canto: ANDAREI NA PRESENZA DO SEÑOR (Nº 11)
D)             Pregón pascual (con todas as luces apagadas, só mantemos prendidas a luz do cirio e as das nosas candeas)

Aledémonos todos, sen exclusións e camiñando desde o que nos une, porque a vitoria do rei da luz tráenos a tod@s a noticia da salvación. Que as trompetas anuncien a salvación!!!!!

Respectemos e gocemos da terra, casa común que Deus puxo nas nosas mans para que a súa claridade enchoupe cada un dos seus recunchos. E nós, afastemos da tebra que cubría o mundo e nos impedía ver a obra do Deus amor.

Aledémonos como comunidade, Igrexa fraterna e solidaria,
nai e mestra, escoita e palabra; alento e silencio, templo vivo que goza da forza desta noite.

Que o noso corazón latexe, irmáns e irmás, nesta noite santa de purificación e vida. Bendito sexas, Señor que nos levaches da escravitude de Exipto á terra prometida, terra de encontro, terra de familia, terra de pontes construídas para unir e axudar! Recoñezamos a forza da túa luz presente neste cirio que resplandece.

Inda que ás veces é duro e difícil recoñecerte, sabemos, Señor, que estás entre nós, para que ante a tristura da dor, a morte e a enfermidade, ergamos os corazóns e te recoñezamos presente como Pai, amigo e irmán que acompaña.

Aclamámoste coa alegría que sae dos nosos corazóns; alegría verdadeira que nos leva a atoparnos con homes e mulleres que se queren, que gozan da compaña dos amigos, que senten a ledicia do amor ao recibir a nova de que van ser pais/nais. Porque ti vas con nós, e renovas a forza da nosa esperanza.

Nesta festa da Pascua que hoxe comezamos, queremos celebrar a túa xenerosidade para con nós; unha xenerosidade levada ao límite de entregar ao teu Fillo, como fidelidade á palabra que deches de que sempre, ata a fin do mundo, estarías connosco.

Nesta noite na que facemos memoria agradecida da liberación do pobo en Exipto, queremos, tamén nós, pasar con pé enxoito o Mar Vermello da nosa vida. Mar que moitas veces nos afasta de Ti e pon en risco a felicidade á que nos chamas.

Nesta noite na que a forza do teu lume prende no cirio pascual que nos vai acompañar para que non esquezamos nunca que en Ti está a verdadeira luz.

Nesta noite na que percorres toda a nosa casa común, e nos invitas a que confesemos a fe en Cristo, poñémonos en camiño para queimar no lume rexenerador todo canto trae o mal a esta casa de todos que é o mundo. Porque só así seremos capaces de pasar da escuridade do pecado á graza do teu proxecto de salvación.

Nesta noite, Señor, queremos rachar as cadeas da morte para saír do sepulcro que vence a tebra e nos chama a camiñar polos vieiros da luz. Porque, en Cristo, todos nós ascendemos vitoriosos da desesperanza, a tristura e o rancor. Que grande é o teu amor por nós! Que incomparable tenrura e caridade! Para rescatar ao escravo, entregaches ao Fillo!

Nesta noite tan ditosa, sentimos tamén a alegría de sabernos salvados, para, en Cristo, pasar tamén facendo o ben e liberando a cantos atopemos ao noso paso oprimidos pola dor, a enfermidade, o fracaso e o desencontro.

Nesta noite queremos escribir contigo a historia de amor que deseñaches para nós. Unha historia na que todos somos iguais, e na que o teu amor reborda sen medida. Seducíchesnos, Señor, e nós deixámonos seducir pola túa tenrura!

Nesta noite de graza, acougo e paz, acepta, Pai Santo, a oración comunitaria, desta Igrexa que quere ser Sacramento Universal de Salvación no medio do mundo e que segue as túas pegadas, deixándose guiar pola luz deste cirio, que nos enchoupa a todos coa túa presenza.

Que ledicia a desta noite, na que se unen ceo e terra, o humano a mailo divino! Pedímosche, Señor, que este cirio, consagrado ao teu nome, para destruír a escuridade das noites cheas da tebra que todo o confunde, arda sen apagarse; e, aceptado como recendo, se una ás lumieiras do ceo. Que o lusco da mañá o atope ardendo, ese lusco que non coñece ocaso: Xesucristo, o teu Fillo, que, volvendo da escuridade, brilla sereo para toda a humanidade, e vive e reina por séculos de séculos. Amén.

Xesús resucitou, e con nós xa vai quedar!
Aleluia, veña a luz!

Acéndense as luces e cantamos/rezamos o GLORIA (Nº 14))



2.- Liturxia da Palabra

1.    PRIMEIRA LECTURA (Xén 1, 1-2, 2)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

No principio creou Deus o ceo e a terra.
Despois dixo Deus:
- “Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, varón e femia os creou.
E bendiciunos así:
- “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra”.
E díxolles aínda:
- “Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e tódalas arbores que dan froito, coa súa propia semente, a fin de que vos sirvan para a mantenza; ás feras todas do monte, ós paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra doulles a herba para a mantenza”.
E así foi.
E viu Deus canto fixera e velaí que era de verdade moi bo.

                                   PALABRA DO SEÑOR

Salmo : Canto: Ergo os meus ollos cara aos montes


ORACIÓN: Pai, que pos diante de nós o mundo e nos convertes en señor@s de canto fixeches, aleda o noso esforzo por facer del a casa de tod@s, onde ninguén se poida sentir estraño e desprazado. P.X.N.S. Amén.





2          SEGUNDA LECTURA ( Xén., 22, 1-18)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE

Naqueles días, Deus puxo a proba a Abraham, chamándoo:
-      Abraham!
El respondeu:
-      Aquí estou!
Deus mandoulle:
-      Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cumio dunha das montañas que eu che mostrarei.
Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dous criados e mailo seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ao camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara. Ao terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o sitio desde lonxe.
Abraham colleu a leña do sacrificio e púxolla a Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na man o lume e o coitelo, e camiñaban os dous xuntos.
Isaac díxolle ao seu pai:
-      ¡Meu pai!
El respondeu:
-      Que queres, fillo?
O rapaz dixo:
  - Levamos lume e leña; pero, onde está o año para o sacrificio?
Abraham respondeulle:
-      Meu fillo, o año Deus o proverá.
Chegados ao lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou ao seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña. Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrificar ao seu fillo.
Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo:
-      ¡Abraham!, ¡Abraham!
El respondeu:
-      Aquí estou
O anxo dixo:
         - Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún.
Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en sacrificio,no posto do seu fillo. Abraham púxolle ao lugar de nome Moria.
O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo:
- Por faceres isto e non me negares ao teu fillo, o único que tes, bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido.
      PALABRA DO SEÑOR

Salmo : Canto: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans

ORACIÓN: Pai, aquí estamos, como estivo tamén Abrahám, para dicirche si; para acoller a túa invitación e poñernos en camiño. Que saibamos devolverche coa nosa vida toda a confianza que vas pondo en nós. Que ela nos axude a ir sementando de luz e vida o camiño que percorremos xunto cos nosos irm@ns. P.X.N.S. Amén.



3          TERCEIRA LECTURA ( Éx., 14, 15-15, 1)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

Naqueles días, o Señor díxolle a Moisés:
-      “Que queixas son esas cara a min?. Manda aos israelitas que se poñan en marcha. Ti ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen polo medio a pé enxoito. Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros. Ao mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son o Señor”.
Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor moveuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas. Os israelitas entraron polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda. Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros, entraron no mar tras deles.
Cerca da madrugada, ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o campamento exipcio e cubriuno de confusión. Pexou as rodas dos carros, de xeito que non podían case que andar. Os exipcios entón dixeron:
- “Fuxamos dos israelitas, pois o Señor loita por eles contra nós”.
O Señor díxolle a Moisés:
- “Estende a man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os seus cabaleiros”.
Moisés alongou a man cara ao mar e, contra a mañá, este volveu ao seu sitio. As augas, ao xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón, que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.
Os israelitas pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa dereita e á súa esquerda.
Aquel día salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios. Israel recoñeceu con que man poderosa o Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu o Señor e creu nel e no seu servo Moisés.

                                        PALABRA DO SEÑOR

Salmo: Canto: Sementar, sementarei

ORACIÓN: Tamén nós, Señor, temos desexado moitas veces saír de Exipto, é dicir, deixar atrás escravitudes que nos van atando e impedindo ser nós mesmos e verdadeiramente felices: unhas escravitudes do efémero que van esmorecendo e deixándonos no máis absoluto dos baleiros. P.X.N.S. Amén.



4        CUARTA LECTURA (Is. 55, 1-11)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Isto di o Señor:

         “Oíde, sedentos todos, vinde por auga!
         Os que non tedes prata, vinde,
         comprade comida e comede,
         vinde e comprade comida;
         sen prata e sen diñeiro comprade viño e leite.
           Porque cambiades prata polo que non é pan
         e o voso xornal polo que non farta.

           Escoitádeme ben:
         comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa.
           Baixade o oído e vinde onda min,
         facédeme caso e revivirán as vosas ilusións,
         pois pactarei convosco unha alianza eterna.

           Velaquí: como a chuvia e a neve baixan do ceo
         e non voltan alá sen enchoupar a terra,
         fecundala e facela brotar,
         para que lle dea semente ao que sementou
         e pan ao que come,
         así tamén será a miña palabra que sae da miña boca:
         non volverá a min en van,
         senón que fará o que eu queira,
         e conseguirá aquilo para o que a mandei”.

                 PALABRA DO SEÑOR

Salmo: Canto: O amor é o meirande

ORACION: Señor, aquí estamos tamén nós sedentos e famentos de paz, de consolo, de esperanza, de silencio. Si, Señor, facemos moito barullo; pero con el só conseguimos disimular as nosas incapacidades para escoitarte e descubrirte no silencio de quen non ten voz para defenderse dos que poñen por diante das persoas, os papeis, as leis ou o que deciden os que mandan e dominan. Queremos volver a ti e deixar que a túa auga e o teu pan nos sacien de esperanza, forza e solidariedade. P.X.N.S. Amén.



5        QUINTA LECTURA (Ez. 36, 16-28)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL

Veume a palabra do Señor nestes termos:
“Fillo de Adán, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra,
         volvérona impura co seu comportamento e cos seus feitos.
Pero eu desafoguei o meu noxo neles polo sangue
         que verteron sobre a terra,
         e polos feitos cos que a mancharon.
Entón eu esparexinos por entre os pobos
         e dispersáronse polos países;
         xulgueinos conforme o seu comportamento
         e conforme os seus feitos.
Ao entraren nas nacións onde foron,
         profanaron o meu santo Nome.
Pero eu vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome,
         profanado entre as nacións nas que vós o profanastes.
Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor
         -é o meu Señor quen fala-,
         cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.
Pois recollereivos das nacións,       
         xuntareivos de tódolos países
         e traereivos á vosa terra.
Asperxirei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros;
de todas as vosas impurezas
e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.
Dareivos un corazón novo
         e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;
         sacarei da vosa carne o corazón de pedra
         e poreivos un corazón de carne.
Porei nas vosas entrañas o meu espírito
         e farei que camiñedes conforme os meus preceptos
         e que gardedes os meus mandamentos e os cumprades.
Viviredes no país que lles dei a vosos pais:
         seredes o meu pobo e eu serei o voso Deus”.

                                                     PALABRA DO SEÑOR

Salmo: Canto: Benaventurados

ORACION: Que duros son moitas veces os nosos corazóns: duros para chorar con quen chora, para amar a quen o necesita, para unirse a quen está fundido e necesita de nós para erguerse. Que a dureza dos nosos corazóns non impida que abramos as nosas mans e nos fundamos nunha aperta fraternal e sincera. P.X.N.S. Amén.



6         SEXTA LECTURA (Rom. 6, 3-11)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE PAULO AOS ROMANOS
Irmáns e irmás:

         Ignorades que a cantos nos bautizaron en Cristo Xesús, bautizáronnos na súa morte?. Enterráronnos, logo, con el polo bautismo na morte, para que, como Cristo resucitou dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.

         Pois se nos enxertaron nel pola semellanza dunha morte coma a súa, seguro que tamén o farán por unha resurrección semellante.

         Pois habedes saber que o noso home vello foi crucificado para destruír o corpo pecador, de xeito que non sirvamos máis ao pecado. Porque o que morre, queda liberado do pecado.

         Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. Porque o seu morrer foi un morrer ao pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus.

         Así tamén, vós considerádevos mortos ao pecado e vivos para Deus en Cristo Xesús.

PALABRA DO SEÑOR

Salmo. Canto: Señor Xesús, bendito sexas

ORACION: O bautismo, Señor, fai que non poidamos ser outra cousa máis ca comunidade; pero moitas veces estas nosas comunidades esmorecen pola nosa pouca alegría e a nosa indiferenza. Que está incorporación á vida nova da graza e esperanza na que fomos incorporados o día do noso bautismo, saibamos mantela viva en cada momento da nosa vida. P.X.N.S. Amén.

7         EVANXEO (Mt 28, 1-10)

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO LUCAS

Pasado o sábado, na alborada do primeiro día da semana, María Magdalena e maila outra María foron visitar o sepulcro. Entón produciuse un grande terremoto, xa que o anxo do Señor, baixando do ceo, removeu a lousa e sentou enriba dela. Tiña o aspecto dun relampo e o seu vestido era branco coma a neve. Os gardas tremeron co medo, ficando coma mortos. Mais o anxo díxolles ás mulleres:
- Non teñades medo, ben sei que buscades a Xesús o crucificado. Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde ver o sitio onde estaba. E ide axiña dicirlles ós seus discípulos: "Resucitou de entre os mortos e vai diante de vós para Galilea: alí o veredes". Iso é o que vos tiña que dicir.
Elas marcharon do sepulcro con toda a présa, con temor pero cheas de gozo; e correron para llelo comunicaren ós seus discípulos.
Entón Xesús saíulles ó encontro dicindo:
- Alegrádevos.
Elas, achegándose, abrazáronlle os pés e postráronse ante el. Xesús díxolles:
- Non teñades medo: ide avisar a meus irmáns de que marchen para Galilea, que alí me verán.

PALABRA DO SEÑOR





OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

   O corazón é o órgano que nos mostra a capacidade que tod@s temos de dar e xerar vida, de querer ou rexeitar, de acoller ou afastar, de... Cando latexa con forza fainos persoas cheas de enerxía, forza, proxectos, ilusións... pero moitas veces toda esa riada de cousas, pola tentación que sempre temos da autorreferencialidade acaba por encherse de tanta carga negativa que se volve duro e insensible. Por iso durante o tempo de coresma fomos invitados a ir deixando atrás toda esa dureza, para que volvese ser un corazón de carne cheo de sentimentos e actitudes que nos leven a achegarnos ás persoas e a loitar por buscar sempre canto une e non canto separa. O corazón de carne ten que ser na nosa vida a ponte que achegue beiras, por moi diferentes que estas sexan, e o camiño que faga posible que non vaiamos solos, senón sempre en compaña de alguén a quen poidamos servir e que nos axude cando sexamos nós os necesitados. Porque a soberbia de pensar que non necesitamos dos demais, tamén endurece e fosiliza o corazón.
   Nesta noite de luz e auga, de tebra e claridade, saímos da celebración coa esperanza recuperada e o corazón disposto a sentir que é posible unir mans, pensamentos, proxectos, ideas... para facer máis felices aos demais, e para selo nós tamén.
   Que toda a simboloxía da celebración desta noite, a vixilia de todas as vixilias, nos  axude a tomar conciencia do moito que podemos facer polos e cos outros, se somos capaces de deixar atrás o noso vitimismo ou a nosa autosuficiencia.

3.- Liturxia bautismal
MONICIÓN

A auga como ben a aproveitar, agradecer e aprezar comeza a ocupar a partires deste momento da celebración un lugar central. Ela quere mostrársenos como sinal de limpeza, purificación e vida. Deixémonos, logo, limpar por esta auga que, sendo símbolo de incorporación á Igrexa, é tamén a que calma as sedes que tantas veces chegan a nós para ser saciadas.

A)       LADAÍÑAS

v Señor, ten piedade.
v Cristo, ten piedade.
v Señor, ten piedade.
v Santa María, Nai de Deus, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Miguel, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Xosé, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Pedro, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Paulo, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Francisco de Asís, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Santa Clara, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Andrés, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Xoán, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Santa María Magdalena, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Estevo, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Fins, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Lourenzo, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Xoán Bautista, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Santiago, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Breixo, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Mateu, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Rosendo, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Froilán, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Martiño, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Ignacio, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Santa Tareixa de Ávila, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Bieito, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Santa Catarina de Siena, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v San Xoán XXIII, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Nai Tareixa de Calcuta, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Óscar Romero, mártir da causa de Xesús, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Dom Helder Cámara, Bispo do pobres, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Ghandi, Luther King e demais testemuñas de paz e amor, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Tódolos homes e mulleres de ben, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Pola túa morte e resurrección, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Pola forza do Espírito Santo cada día en nós, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
 (Si hai bautizos)
v Para que o bautismo incorpore a esta nen@ á túa Igrexa, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Para que a auga do bautismo sexa para eles símbolo de nova vida, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.
v Xesús, Fillo de Deus e amigo de tod@s, QUE ABANDONEMOS O NOSO CORAZÓN DE PEDRA.

Que a túa presenza nos acompañe, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas nosas tarefas para alentalas e acompañalas. Que a túa man acompañe a acción das persoas que sentimos a ledicia do Evanxeo construíndo unha Igrexa fraterna e misericordiosa. P.X.N.S. Amén.

B)       BENDICIÓN DA AUGA (e inmersión do cirio na pía bautismal)

Señor pegada de esperanza que nos dás a auga da vida, que realizas nos teus sacramentos obras admirables coa túa presenza invisible, e de xeitos diversos servícheste da auga para significar a graza do bautismo.
Señor pegada de novas oportunidades que nos dás a auga da vida, que desde o comezo do mundo quixeches acompañar a presenza do ser humano santificándoo coa compaña do teu Espírito.
Señor pegada de invitación a sementar solidariedade que nos dás a auga da vida, que nas augas do diluvio expresaches o teu proxecto  dunha nova humanidade que fose capaz de deixar  atrás a angustia, o enfrontamento e as ansias de dominio duns para cos outros.
Mira, Pai, esta comunidade que hoxe quere renovarse coa forza da oración, e abre para ela a fonte do bautismo. Que esta auga reciba , polo Espírito Santo, a graza do teu Fillo, de xeito que aqueles que creaches á túa imaxe e semellanza, polo bautismo morramos ao vello que levamos en nós e renazamos á luz dunha nova humanidade inaugurada en Xesús e plenificada na súa pascua.
Que a presenza do Espírito Santo, polo teu Fillo + descenda sobre esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal, para que incorporados a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza. P.X.N.S. Amén.






C)                                                           RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS

Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:

·      Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou dispost@.
·      Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irmáns?. Si, estou dispost@.
·      Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñen a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou dispost@.
·      Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que el creou?. Si, creo.
·      Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María, pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.
·      Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.

Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
(Agora tod@ nós recibimos a aspersión coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser fieis á alianza bautismal)

Canto: A auga do Señor, cambioume o corazón (Nº 124)
FRATERNIDADE ORANTE

Nesta noite de alegría e acougo en Ti, presentamos, Señor, a nosa oración comunitaria dicindo xuntos:

QUE A TÚA LUZ ESCLAREZA O NOSO CAMIÑO

ü Para que a Igrexa sexa luz no medio das tebras e violencias do noso mundo, OREMOS.

QUE A TÚA LUZ ESCLAREZA O NOSO CAMIÑO

ü Para que as nosas parroquias sexan faros que orienten, acollan e non exclúan, OREMOS

QUE A TÚA LUZ ESCLAREZA O NOSO CAMIÑO

ü Para que a luz que hoxe acollemos no corazón saibamos levala sempre con nós para que ilumine as nosas accións e palabras, OREMOS

QUE A TÚA LUZ ESCLAREZA O NOSO CAMIÑO

ü Por est@s nen@s que hoxe bautizamos, polos seus pais e padriños, e por esta comunidade que o acolle na fe da Igrexa, OREMOS

QUE A TÚA LUZ ESCLAREZA O NOSO CAMIÑO

Poñendo en Ti a nosa confianza, presentamos a oración que compartimos, para que nos acompañes neste camiño de ser luceiros entre os homes e mulleres do noso tempo. P.X.N.S. Amén.



4.- Liturxia da Eucaristía

MIRADA ESPERANZADA

Grazas, Señor, por mostrarnos cal é o camiño da vida.
Grazas, Señor, por ensinarnos cal é o camiño da verdade.
Grazas, Señor, por indicarnos cal é o camiño da esperanza.
Grazas, Señor, por ofrecernos cal ha ser o camiño desta comunidade parroquial, que hoxe celebra con gozo a túa resurrección. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...