Ir al contenido principal

24 domingo TO A 2017

-->
PORQUE SABEMOS DE QUEN NOS FIAMOS... GRAZAS, SEÑOR, POR FACERTE COMPAÑEIRO DE CAMIÑO

CANTO GOZOSO
ENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)
LECTURAS: Douvos un mandato novo (Nº 18)
OFERTORIO: Como che cantarei (Nº 28)
COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60)

ESCOITA ACTIVA

Porque sabemos de quen nos fiamos, volvemos reunirnos ao redor do altar para compartir a vivencia comunitaria da fe. Fiándonos del non é que vida sexa distinta á hora de facer as mesmas cousas de quen non ten fe, senón que a vida ten un sentido novo, distinto; cun horizonte de plenitude que nos fai tomar conciencia de que sempre hai esperanza. Non unha esperanza calquera senón a que nos ofrece Xesús. A esperanza que non se deixa invadir polo pragmatismo de quen só ve resultados e ganancias; a esperanza que hoxe vimos compartir e celebrar ábrenos a un esforzo permanente e continuo por pasar mirando cara aos lados e descubrir persoas que nos necesitan e ás que necesitamos; que nos queren e ás que queremos; que nos miran aos ollos non con sentimento de culpabilidade e medo, senón de fraternidade que nos une e nos leva a estar pendentes uns dos outros. Canto agora comezamos a celebrar non nos fai estraños nin afastados uns dos outros, senón que nos achega e nos une nunha mesma tarefa: defender ás persoas por riba das cousas, as ganancias ou os resultados.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

*   Porque nos fiamos de Ti, aparta de nós a tentación de crernos perfectos; SEÑOR, QUE ABRAMOS CAMIÑOS DE ESPERANZA.
*   Porque nos fiamos de Ti, aléntanos cando nos sentimos tristes e desanimados; CRISTO, QUE ABRAMOS CAMIÑOS DE ESPERANZA.
*  Porque nos fiamos de Ti, que non fagamos das persoas algo que utilizamos buscando a nosa propia comenencia; SEÑOR, QUE ABRAMOS CAMIÑOS DE ESPERANZA.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

·      A lectura do libro do Eclesiástico preséntasenos hoxe coma un espello onde tod@s nós non deberiamos de deixar de vernos. E dicímolo porque a Palabra que proclamamos nas lecturas é tan real que parece que foi dita hoxe e para hoxe. Quedémonos coa seguinte frase: “Quen fai vinganza atoparase coa vinganza”. Verdade que máis dunha vez o temos pensado? ,verdade que máis dunha vez temos dito que nós non deberiamos actuar así?, verdade...? Pero coma sempre, as palabras lévaas o vento. Por iso non está de máis deixar que a Palabra refresque as nosas conviccións e nos leve a que nos plantexemos se debemos ou non cambiar as nosas actitudes e as nosas maneiras de dicir e facer as cousas. Porque sempre falamos disto cando nos referimos a outros ou a outras razas e culturas; pero necesitamos achegar máis esa palabra a nós e facernos preguntas con sinceridade e con ganas de cambiar, deixando atrás cando nos fai indignos de levar o nome de crentes.

·      “Perdóalle a inxuria ao teu próximo”: Aquí reside o faro desde o que os cristiáns somos chamados a situar a nosa vida. Ver aos demais coma iguais é poñer en práctica con eles canto a nós nos gustaría que eles puxesen en práctica con nós: o perdón. Sen perdón, a fe diluíse en algo que non dá sentido a canto somos e facemos; sen perdón a fe acaba sendo ideoloxía a favor de grupos de poder e presión. Na Igrexa e fóra dela. Sen perdón, o seguimento de Xesús é pura estética efémera que se dilúe ante a inconsistencia de quen se di cristián. Porque o próximo non é superman, senón un igual a nós, e polo tanto tamén se equivoca e acerta, necesita ser escoitado, comprendido e perdoado.

·      “Home que lle garda a outro xenreira, como lle vai pedir ao Señor que o cure?” Estas palabras entresacadas da primeira lectura que temos escoitado deberan facernos caer na conta da hipocrisía e da incoherencia nas que moitas veces caemos. Como lle pedimos e rogamos a Deus, mesmo con promesas que moitas veces rozan a irracionalidade e o contrasentido da visión cristiá da vida, namentres somos incapaces de concederlle o perdón ao familiar, ao veciño, ao amigo que nolo está a pedir. O perdón, se é auténtico, non pon límites nin se expresa en fórmulas matemáticas. É para sempre e non deixa culpabilidade nin en quen o ofrece nin en quen o recibe ,porque é froito do corazón de carne que sabe que non é perfecto e que do mesmo xeito que alguén nos pode ofender co que di ou fai; tamén nós, que non somos perfectos, podemos ofender co que dicimos e facemos. Que grande é a fe que celebramos e compartimos cando a facemos vida! Cando somos capaces de deixar que sexan só palabras que soan aos nosos oídos pero non ocupan lugar nin na memoria, para pensalas, nin no corazón para vivilas. Por iso Xesús utiliza unha frase que no mundo xudeu significaba sempre. Os seus “setenta veces sete” marcaba unha diferenza nunha sociedade e nun xeito de actuar que tiña como lema o “ollo por ollo dente por dente”. E se nós nos dicimos seguidores de Xesús, a que esperamos para poñer en práctica este camiño que non culpabiliza senón que engrandece ás persoas e fai aquecer os noso corazóns.

FRATERNIDADE ORANTE

Sabendo que a forza da oración comunitaria fai que o noso corazón se abra á solidariedade que vai máis alá dos nosos propios intereses, compartimos as nosas preocupacións e agradecemos que non estamos solos dicindo xunt@s:
QUE NON NOS DEIXEMOS ARREBATAR A ESPERANZA
o   Para que cantos conformamos a Igrexa deixemos que o Evanxeo ilumine, alente e urxa a que traballemos sempre polo ben de tod@s e rexeitemos a tentación de ver só polos nosos; OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS ARREBATAR A ESPERANZA
o   Para que nas nosas comunidades non deixemos nunca de traballar por perdoarnos, axudarnos e preocuparnos uns polos outros; OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS ARREBATAR A ESPERANZA
o   Para que nós saibamos poñer paz onde vexamos enfrontamento, interese onde haxa indiferenza e unión onde haxa individualismo; OREMOS.
QUE NON NOS DEIXEMOS ARREBATAR A ESPERANZA
Grazas, Señor, por abrirnos a mente e o corazón a unha vivencia do Evanxeo que pasa por aprender a ver na xente a túa presenza gozosa e esperanzada. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA

Hoxe cúmprese a túa palabra e renóvanos o teu Espírito, Señor.
Que a nosa vida proclame a paz e a ledicia;
que sexa luz que non se deixa arrastrar pola tebra,
que sexa liberdade que acolla e comprenda,
porque ti, Señor, es o noso Deus.
O Deus que se fai camiño no noso camiño,
que alenta nas nosas tristuras,
que non se deixa enredar polas nosa xenreiras, 
que fai do perdón e da misericordia espellos para as nosa vidas.
Grazas, Señor!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...