Ir al contenido principal

DOMUND 2021 - 30 Domingo TO B

 Domingo 30 do Tempo ordinario

CONTEMOS O QUE TEMOS VISTO E OÍDO

CANTO GOZOSO

  • Entrada.-  Que ledicia miña ( 4)

  • Lecturas.- Escoita ti ( 26 )

  • Ofertorio.-  Misioneiro (115)

  • Comuñón.- O pouco que Deus nos da (Pan do ceo, pan de vida Nº 53) 

 

OLLOS ABERTOS

         Neste domingo celebramos a dimensión misioneira da Igrexa: a xornada do Domund, o domingo das misións. Unha invitación a mirar máis alá dos nosos pequenos mundos particulares, porque a Igrexa é universal, e como servidora de canto humaniza a vida daxente, a súa misión é estar alí onde a situación das persoas máis empobrecidas o precise.

         A lenda desta xornada lémbranos que todo o turbillón de vivencias compartidas e de presenzas múltiples ao lado das persoas descartadas deste mundo, non podemos gardalas para nós, senón que estamos obrigadas e obrigados a comunicalas ao mundo para que non esqueza que Deus move a facer o ben e a traballar pola xustiza sempre.

         Que afondemos na nosa fe para que todo canto temos visto e oído o compartamos nunha sociedade que, moitas veces, lle dá as costas ás persoas máis necesitadas do noso mundo.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

  • Polas veces nas que non somos verdadeiras testemuñas da Xesús; SEÑOR,GRAZAS POR QUERERNOS.

  • Porque non sempre somos testemuñas de alegría e esperanza; CRISTO,GRAZAS POR QUERERNOS.

  • Porque o noso testemuño moitas veces non nos move á solidariedade; SEÑOR,GRAZAS POR QUERERNOS.

 

PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

Así fala o Señor:

- Aclamade a Xacob con gritos de alegría,

gritádelle á primeira das nacións.

Pregoade, louvade, clamade:

"Salva, Señor, o teu pobo, salva o resto de Israel".

Vede: vounos traer do país do norte,

vounos reunir desde os cabos do mundo.

Entre eles haberá cegos e coxos,

a que está en cinta xunto coa parida,

volverán en enorme multitude.

Velaí, chegarán chorando;

pero entre aclamacións de agradecemento,

heinos conducir, heinos levar ós regueiros de auga

por un camiño seguro onde non han tropezar.

Si, volvereime pai de Israel,

e Efraím será o meu primoxénito. .  

Palabra do Señor. Grazas a Deus

 

.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS

Chegou Xesús a Iericó. Cando saía cos seus discípulos e outra moita xente, Bartimeo, o fillo de Timeo, un cego pobre de pedir, estaba sentado a carón do camiño. Oíndo que pasaba Xesús o Nazareno, empezou a berrar:

- ¡Xesús, Fillo de David, ten piedade de min!

Moitos mandábano calar; pero el berraba aínda máis alto:

-       Fillo de David, ten piedade de min!

Deténdose  Xesús, dixo: 

-       Dicídelle que veña aquí.

E chamaron polo cego, dicíndolle: 

- ¡Veña, érguete, que te chama!

El, ceibándose do manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús. Este preguntoulle:

- ¿Que queres que che faga?

O cego respondeu: 

- Mestre, que volva a ver.

Xesús díxolle: 

-       Ve, salvoute a túa fe.

E no instante comezou a ver, e seguiuno polo camiño.

                                      Palabra do Señor. Gloria a ti Señor Xesús.

PALABRA REMOÍDA

  • O noso mundo, contra o que moitas veces puidera parecer, é precario e fragmentado. Ser conscientes disto evítanos ter unha concepción equivocada do que nel ocorre. Dicimos equivocada porque moitas veces a imaxe que temos e transmiten os medios de comunicación, é a do mundo rico, o norte, o mundo no que nós estamos. E iso leva a que a visión do que se mostra, conta ou di sexa sesgada e parcial. A mellor mostra diso é a xornada do hoxe, o día do Domund. Andamos tan as présas e metidas e metidos nas nosas cousas que non nos damos conta da desigualdade do mundo, e da necesidade pola que están a pasar as persoas que non tiveron a sorte, coma nós, de ter nacido na parte do mundo rico. Con esta xornada quéreselles dar visibilidade a tantas vidas esquecidas, e que grazas a nosa xenerosidade e á entrega das misoneiras e misioneiros, van vendo albiscar o sol nas súas vidas. Van vendo como a esperanza é posible para saír da pobrez e de tantas carencias. Por iso é tan importante a nosa colaboración! 

 

  • Unha colaboración, que seguindo a dinámica do evanxeo, podemos dicir que se converte en luz para as súas vidas e posibilidades de mellorar as súas concicións sanitarias, educativas, sociais e medioambientais. Como ocorría con Bartimeu, tamén elas e eles queren ver; é máis, é xusto que queiran ver. E esa visión chega a través da colaboración de persoas e instutucións que desde a solidariedade non calan ante a inxustza na que as persoas empobrecidas están a vivir, e que toman como opción de vida contalo co seu testemuño persoal e coa denuncia da situación na que viven. Unha situación que, en non poucas ocasións, aos que vivimos no mundo máis rico non nos chega con todos os seus matices. Que do mesmo xeito que Xesús non lle deu as costas a Bartimeu, tampouco nós llas deamos a quen, cada vez en pior situación, nos precisa. 

 

  • O noso compromiso bautismal non se esgota, non pode esgotarse en ritos ou costumes aprendidas cando eramos crianzas. Porque se fose así, pouco poderiamos contar do que temos visto e oído. O bautismo incorpóranos a un xeito de estar no mundo, de sentir no medio das súas divisións e contradicións e de facer o posible para que as cousas cambien e cada vez dignifiquen máis a quen vai quedando descartado e descartada sen que ninguén lles preste atención e sexa quen de recoñecelos/las como iguais en dignidade, respecto e dereitos. Pequenas cousas de cada un e cada unha de nós, acaban conformando a gran cousa a favor da causa dos que menos teñen e máis precisan. Que nunca, por peqeuna que sexa a nosa colaboración, esquezamos que o pouco con Deus é moito; porén, o moito sen Deus non é nada.

 

ORACIÓN DA COMUNIDADE

         Porque  non podemos calar, senón que somos urxidos e urxidas a contalo, contemos con alegría e desde a esperanza que Deus é camiño, verdade e vida en nós. Fagámolo dicindo: 

QUE SAIBAMOS RECOÑECERTE NOS IRMÁNS E IRMÁS MÁIS EMPOBRECIDOS

·       Para que Igrexa non deixe nunca de ser universal e de facerse presente onde a vida das persoas é menos valorada; OREMOS.

  • Para que as nosas parroquias teñan sempre unha mirada misioneira, e practiquen a xenerosidade de maneira solidaria e fraterna; OREMOS.

  • Por nós, para que non deixemos que o corazón se endureza con excusas que o único que fan é converternos en persoas individualistas, fragmentadas e incapaces de ver máis alá de si mesmas; OREMOS.

  • Polos misoneiros e misoneiras, para que nunca deixen de contar o que ven, escoitan e viven; OREMOS.

 

Acolle, Señor, a nosa oración comunitaria. Que tamén nós contemos e vivamos o que hoxe aquí compartimos e escoitamos. P.X.N.S. Amén.

ORACIÓN AGRADECIDA

Deus, o sol do meu inverno,

o frescor do meu verán,

a causa do meu silencio

e a razón do meu falar.

 

Deus, o millo do meu hórreo,

o lévedo do meu pan,

sorriso da miña festa

e bágoa do meu chorar.

 

Deus, a historia do meu soño,

o amencer do meu mañá,

a sombra do meu acougo,

os pasos do meu andar.

Deus, a forza do meu vento,

Deus, a terra do meu chan,

o berce da miña infancia

e o leito do meu finar.

 

Gloria ao Fillo, tamén gloria

á fonte de todo, o Pai,

gloria ao Espírito Santo

que ambos a dous nos dan. ( Himno de completas )


Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

2 Nadal 2026

  PERSOAS BENDICIDAS NA PALABRA ENCARNADA     CANTO GOZOSO           - Entrada: Que ledicia (nº 4)          - Lecturas: Con tódalas criaturas (Nº 22)          - Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36)    - Comuñón: Acharte presente (Nº 51)   A MAXIA DE ABRIR OS OLLOS Escoitaremos hoxe na proclamación da palabra que somos persoas bendicidas por Deus. Unha bendición que temos recibido na Palabra Encarnada que, como dicíamos o día de Nadal, faise dos nosos para que nós poidamos ser Del. Pero grazas á Encarnación non só somos persoas bendicidas, senón elixidas para facer do Deus Amor presenza viva a través do noso testemuño.  A isto se nos convida neste tempo de Nadal: no medio de tanto balbordo chámasenos a facer silencio dentro de nós para escoitar a súa chamada; no medio de tanto lucerío invítasenos a descubrir a Luz verda...