Ir al contenido principal

A Inmaculada 2018


Na celebración da festa do rostro materno de Deus, non nos queda nada máis que dicir: grazas, María. Muller e crente sen prexuízos e chea de liberdade
Cantos
    Entrada.- Noraboa, María (  )
    Lecturas.- Cantádelle ó Señor unha cántiga nova (  )
    Ofertorio.- Grazas, Señor, na mañá  (  )
       Comuñón.- Cantas veces / Esa é María  (  )
Abrindo os ollos e mirando aos lados
            Paz e ben  a tódalas persoas que hoxe queremos honrar a María desde o seu ser muller referente do compromiso cristián. Muller que dicindo si a Deus non se limitou a calar e a obedecer, senón que foi quen de mostrarse como voz e palabra de tódalas mulleres oprimidas, silenciadas e relegadas, do seu tempo e do noso tempo.
         Queremos facer entón deste noso encontro orante unha experiencia solidaria de dignidade , en María, e desde María a tódalas mulleres que  non se deixan secuestrar pola aparencia da cousificación e a utilización das súas persoas como meros obxectos ,por parte de quen non entende que somos persoas. Homes e mulleres, e desde este noso ser, é a igualdade, que non a superioridade, a que ha de mover proxectos, ilusións e esperanzas comprometid@s en facer do mundo espazo de encontro, acollida e agradecemento.
Corazón misericordioso
1.   Polas veces nas que  deixamos entrar en nós actitudes de discriminación respecto á muller. Señor, que nos deixemos transformar por Ti.

2.   Polas veces nas que temos xustificado comportamentos e actitudes que degradan e non valoran o papel da muller na sociedade e na Igrexa. Cristo, que nos deixemos transformar por Ti.

3.   Polas veces nas que as nosas miradas non son de paz senón de enfrontamento. Señor, que nos deixemos transformar por Ti.

Palabra encarnada
1.   Este ano que agora estamos a rematar podemos definilo como o ano no que a muller acadou visibilidade social. Si, porque inda que nos pareza que as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes, e que vivimos nun mundo onde , a realidade móstranos que hai diferenza entre o que din as leis e o que está a ocorrer cada día. Non hai máis que poñer oído atento ao que din informativos de radio e televisión ou titulares de xornais. Non vivimos nun mundo imaxinario senón real, e nesta realidade é necesario non cansar poñer a mirada no Evanxeo e tentar descubrir, e logo aplicar ao noso actuar, que como crentes estamos chamados a non ser superficiais nin a xustificar o que ocorre co que debería ser. E se poñemos os ollos en María descubriremos que é tarefa permanente traballar por unha sociedade máis igualitaria, xusta e inclusiva, onde as diferenzas veñan pola capacidade ou incapacidade de  facer as cousas ben, e non polo xénero ao que pertencemos. Que mellor festa que a de hoxe para, desde a persoa de María, nos esforcemos por facer dos espazos onde nos movemos cada día vivencia que mostre que a dignidade compartida esíxenos recoñecera Deus aprendendo a valorar o traballo de tod@s e a non calar cando alguén se esforza, a través da mentira, a violencia ou o silencio, manipular a realidade na que estamos e contribuímos a construír entre tod@s !
2.   Que non nos deixemos enganar polas serpes do noso tempo; serpes da inmediateza , serpes das presas, serpes da mentira, serpes da negación da verdade, serpes da aparencia e da incapacidade para buscar espazos de igualdade e recoñecemento de unhas e outros. Esforcémonos entón para que a serpe do engano non sexa a que mova as nosas decisións e as actitudes que cada día van desenvolvendo a nosa vida. Porque se deixamos que iso ocorra, estaremos negando unha realidade, complexa e plural, que ten que loitar contra a tentación de botar a culpa a outr@s do que nos facemos ou do que non quixemos facer. Aprender a recoñecer os erros e loitar para mellorar cada día sen poñer dor nin tristura no que facemos, lévanos a camiñar polos vieiros que o Deus da tenrura, que nos crea como imaxe e semellanza súa, pon ao noso dispor para poder encontrarnos e colaborar, na reciprocidade, uns/has cos outr@s. 
3.   E nesta tarefa atoparemos a bendición do Deus no que cremos e que nos urxe, constantemente, a facer do noso actuar recoñecemento da filiación e fraternidade que nos iguala e nos chama a traballar en común sen superioridades nin imposicións. Somos iguais en dignidade, e diferentes en maneiras de traballar e ver a vida, e  mesmo en configuración física. O que non fai a uns superiores e a outras inferiores ou de menos. El ofrécenos o seu proxecto que busca a felicidade, e  esta non será nunca posible se non tomamos en serio que as capacidades non dependen do xénero, senón da pluralidade que conformamos homes e mulleres no noso mundo. E para isto tod@s temos que esforzarnos para, como María, poñernos en camiño e comezar a actuar non desde a imposición senón desde o servizo.
Pés no chan e confianza en Deus
      As palabras do Evanxeo invítannos a facer do servizo camiño polo que ir poñendo cada día os nosos pés de maneira comunitaria para construír solidariedade compartida; desde esta invitación dicimos xunt@s:
Que fagamos da nosa fidelidade encontro fraterno
1.  Para que tod@s traballemos por construír unha Igrexa inclusiva, igualitaria e que sabe recoñecer e valorar o compromiso das mulleres por facer do Evanxeo diálogo e encontro sen discriminación. Oremos.
Que fagamos da nosa fidelidade encontro fraterno
2.  Para que  nas nosas comunidades non nos deixemos levar pola rutina nin por comportamentos patriarcais, onde unhas traballan e outros deciden. Oremos.
Que fagamos da nosa fidelidade encontro fraterno
3.  Para que as persoas que hoxe nos reunimos para celebrar a festa de María e honrala coa nosa participación, nos esforcemos por facer as cousas en positivo, esforzándonos por buscar o que nos une e fai posible proxectos comunitarios. Oremos.
Que fagamos da nosa fidelidade encontro fraterno
Grazas, Señor, porque en María proposnos un compromiso de acollida e dispoñibilidade permanentes. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Aquecendo o corazón
O concilio Vaticano II presenta María, Nai de Xesús, como “prototipo e modelo para a Igrexa”, e descríbea como muller humilde que escoita a Deus con confianza e alegría. Con esa mesma actitude temos que escoitar a Deus na Igrexa actual.
«Alégrate». É ao que primeiro María escoita de Deus e o primeiro que temos de escoitar tamén hoxe. Entre nós falta alegría. Con frecuencia deixámonos contaxiar pola tristeza de unha Igrexa envellecida e gastada. Xa non é Xesús, a Boa Nova? Non sentimos a alegría de ser os Seus seguidores? cando falta a alegría, a fe perde frescura, a cordialidade desaparece, a amizade entre os crentes arrefece. Todo fica mais difícil. É urxente espertar á alegría nas nosas comunidades e recuperar a paz que Xesús nos deixou de herdanza.
«O Señor estea contigo». Non é fácil a alegría na igrexa dos nosos dias. Só pode nacer da confianza en Deus. Non estamos orfos. Vivimos invocando cada dia a un Deus Pai que nos acompaña, nos defende e procura sempre o ben de todo o ser humano.
Esta igrexa, as veces tan desconcertada e perdida, que non acerta en volver ao Evanxeo, non está só. Xesús, o Bo Pastor, procúrannos. O Seu Espírito atráennos. Contamos co seu alento e compresión. Xesús non nos abandonou. Con El todo é posible.
«Non temas». Son moitos os medos que nos paralizan, aos seguidores de Xesús. Medo do mundo moderno e da secularización. Medo de un futuro incerto. Medo da nosa debilidade. Medo da conversión ao Evanxeo. O medo está a facernos moito mal. Impídenos camiñar cara o futuro con esperanza. Péchanos na manutención estéril do pasado. Crecen os nosos fantasmas. Desaparece o realismo san e a sensatez cristiá. É urxente construír unha Igrexa da confianza. A forza de Deus nono se revela nunha igrexa poderosa senón humilde.
(  José Antonio Pagola )





Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...