Ir al contenido principal

2 domingo advento C 2018


Desde a ledicia de sabernos sempre acollidos, traballemos tamén nós por acoller

Descarga o ficheiro

Cantos
Entrada.- Volve, Señor     (   )
Lecturas.- Escoita ao Señor  (     )
Ofertorio.- Non vou só (  )
Comuñón. - Xesús chamado amigo ( 89)

Sinal de Advento
No noso ir construíndo, ao redor da Palabra e a luz, a reflexión sobre o tempo de Advento, engadimos ao cartel a referencia á mocidade.Tamén para ela este Advento ha ser tempo de luz e escoita da Palabra e das palabras.


Abrindo os ollos e mirando aos lados

      Ao longo deste tempo de Advento a palabra dos profetas vainos alentando a espertar do sono que non nos deixa mirar a realidade con ollos de denuncia das situacións que non poñen ás persoas no centro das súas decisións. O profetismo é alento de esperanza e contestación ante a tentación de xustificar accións, actitudes e comportamentos que, desde os ollos de Deus, son sempre escándalo e ocasión de falta de respecto á dignidade das persoas.

       Dispoñámonos entón a participar nesta celebración coa intención de  mirar ao noso interior e comprometernos a non deixar que asente en nós todo canto , pola nosa pasividade, vai facendo posible que as persoas sufran e non sexan respectadas na súa dignidade de fillos e fillas de Deus.

Corazón misericordioso
      Por ser moitas veces condescendienstes con comportamentos violentos que teñen sufrido persoas achegadas a nós. Señor, que nos abramos a túa misericordia.

      Por deixar que a alegría desapareza da nosa vida para que aniñe a tristura. Cristo, que nos abramos a túa misericordia.

      Por acostumarnos a vivir de soños que nos estancan e nos silencian ante a dor allea. Señor, que nos abramos a túa misericordia.

Palabra encarnada
      Tempo de Advento; tempo de  sinceridade e recollemento; tempo de busca e realismo; tempo de poñerse en camiño e deixar atrás as adherencias que se nos foron pegando pola rutina na que temos convertido moitas veces a nosa vida. Desde esta clave que enmarca este tempo litúrxico, somos hoxe chamados a poñer a fondura da nosa mirada naquelas situacións que foron aniñando en nós e nos foron levando á comodidade, á despreocupación polo que lle pasa a quen temos ao lado ou preto, a mirar cara outro lado cando comportamentos que sabiamos inxustos e non acordes co proxecto de Deus, deixamos que foran asentando en nós. E como indica o cartel, sería bo que nos preguntaramos de que maneira estamos sendo transmisores de proxectos que poñan á persoas no centro deles, e así llos vaiamos transmitindo á mocidade. Poderiamos preguntarnos, que non queixarnos, que estamos a facer para que a mocidade pare e pense, á vez que aprenda a mirar ao seu redor e non só sobre eles mesmos.Poderiamos preguntarnos, como facía o profeta Baruc en relación con Xerusalén, de que maneira a nosa boca pechada, e a nosa renuncia a ser transmisores de valores e testemuñas de solidariedade, foron facendo posible que agromasen entre os nosos desinterese por todo canto esixa compromiso social e preocupación, acollida e escoita para cos máis maiores e excluídos. Poderiamos preguntarsnos, de que maneira a nosa desconfianza para con Deus acabou en desconfianza duns para cos outros.Poderiamos... Porque, non é tempo de chorar nin de laiarse,senón de aledar e buscar.

      E a isto é ao que non invitan as palabras de Paulo aos filipenses. A facer da oración experiencia comunitaria; a aprender a cambiar o eu polo nós; a non facer da exclusión niño que asente no corazón. E de novo esta invitación volve facérnola o apóstolo desde a alegría, interior e exterior. Non desde o sorriso hipócrita da aparencia, senón desde a entrega e a xenerosidade de quen expresa e vive o que sente. A tenrura coa que Paulo o expresa, é esa tenrura da que tantas veces nos fala Francisco cando insiste da importancia da  alegría para poder transformar o mundo desde o cambio persoal e comunitario. A tenrura de quen, neste complexo, pero tamén marabilloso, poliedro social, é capaz de sementar sen esperar recoller para levar os parabéns fola folgura da colleita.

      E no terceiro chanzo da Palabra que hoxe foi proclamada aparece Xoán o Bautista chamando á conversión no medio do deserto, e dos desertos, daquel e deste tempo. Uns desertos que nos chegan en forma de egoísmo, inmediateza, cortoplacismo, individualismo ou calquera desas actitudes e comportamentos que nos van separando uns dos outros e levándonos a vivir na incomunciación  no tempo, que grande paradoxo!, da maoir existencia de madios e tecnoloxías que, seica, serven para comunciar. Coma Xoán, tamén nós temos que dicir:preparemos o camiño do Señor. Vaimos facendo oco para que cando chegue quede con nós.

Pés no chan e confianza en Deus
Ao Deus que nos chama á participación para cambiar e transformar a vilolencia en paz, e o rencor en misericordia lle dicmos xunt@s: que sementemos alegría e non desesperación.
      Para que entre tod@s construamos unha Igrexa xeradora de perdón e misericordia; unha Igrex aque non xulga senón que acolle e escoita. Oremos.que sementemos alegría e non desesperación.
      Para que sexamos nas nosas parroquias sementadores de sorrisos, paciencia e xenerosidade.Oremos. que sementemos alegría e non desesperación.
      Para que non deixemos que o superficial secuestre e escureza a fondura da nosa ledicia que nos fai non ser xulgadores do que fan os demais, senón sementadores de solidariedade e colaboración para con quen a necesite. Oremos.que sementemos alegría e non desesperación.
Grazas, Señor, por esta expereincia de comuñón participativa á que nos chamas sempre que rezamos xunt@s. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Aquecendo o corazón
Señor con alegría e sen medo quero buscarte cada día! Ti es o meu Señor, concédeme a graza de encontrarte cada día na oración, na  Eucaristía , no mi encontro co próximo, nas miñas actitudes e no meu ser cristián! Necesito da graza que ven do Espírito, Señor, porque a miña conversión cotián vese freada moitas veces polos meus medos! Envíama, Señor, para quedar libre de temores e servirte con santidade e xustiza! Señor, non permitas que os medos me paralicen e encadeen o meu corazón e non permitas que cren resistencias ao cambio! Noo permitas, Señor, as miñas falsas seguridades que amortiguan a miña alegría de vivir e a converten en mediocre argumento para afastarme de ti! Hoxe entendo, Señor, que esta chamada á alegría e a non tener medo é un desexo para facer as cousas novas en min, para darlle máis sentido a miña vida, para darme a serenidade cando me ameace a tormenta, darme máis liberdade cando me sinta máis oprimido, para darme o perdón cando teña caído e amor cando me encerre en min mesmo!
                               (orarconelcorazonabierto.wordpress.com)


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...