Ir al contenido principal

4 Advento 2018

Fagamos do Advento un tempo no que tomemos conciencia de que, sendo a Igrexa de tod@s; e sendo tod@s Igrexa, é tempo de empoderar . Porque somos persoas adultas, non tuteladas por ninguén. 
Cantos 
Entrada.- Volve, Señor     ( 90  ) 
Lecturas.- Escoita ao Señor  ( 15 ) 
Ofertorio.- Eu soñei  ( 58 ) 
Comuñón. - Xesús chamado amigo ( 89) 

Sinal de Advento 

Engadimos no cartel a referencia á familia. Ela é  comunio de encontro  interxeracional: nen@s, mocidade, adult@s e maiores conflúen conformando unha relación de  acompañamento, participación, escoita, acollida, perdón... e sempre guiados polo amor como elemento que une e desde o que se crece á comunicación.  

Abrindo os ollos e mirando aos lados 
Na sociedade que imos conformando, moitas veces da a impresión que só se valora o grande, o poderoso, o que promoven, de xeito interesado, quen ten cartos e capacidade de influír. Porém, a palabra de Deus insiste unha e outra vez no sinxelo, no pequeno, no desprezado e esquecido. É toda unha proposta para que non nos deixemos engaiolar polo externo que fai chispear os ollos, pero incapacita para ver con claridade o importante. Deus quere nacer na periferia do excluídos e cos excluídos. Acollamos con sinxeleza esta invitación e fagamos do Advento tempo gañado ao cambio do corazón. 

Corazón misericordioso 

  • Por non deixarnos gañar polo sinxeleza do tempo de Advento, que nos chama ao cambio de corazón e a superación da desesperanza . Señor, que nos deixemos gañar por Ti. 
  •  Para que  superemos a tentación de mirar moito cara atrás, esquecendo a quen temos ao lado. Cristo, que nos deixemos gañar por Ti. 
  • Que a nosa presa sexa sempre para tender a man a quen está caído, e non para axudar a caer. Señor, que nos deixemos gañar por Ti. 

Palabra encarnada 
  • Deus móstrasenos sempre, non na grandeza dos grandes proxectos e das grandes, e tantas veces puramente aparentes obras, senón na sinxeleza das cousas pequenas. As cousas que engrandecen ás persoas e fan que poidamos ter corazóns aquecidos e sempre dispostos a pararnos coas persoas e non a pasar delas. Nas familias a pequeno está sempre nas beiras: os nen@s e os maiores. Son os máis débiles e necesitados, pero son tamén a mellor expresión de que falar de familia é falar de tarefa común, de encontro, de capacidade de doazón, de entrega e xenerosidade. O profeta Miqueas dinos na primeira lectura que no pequeno e , tantas veces desprezado , é onde sempre atoparemos a Deus. Poñamos logo hoxe os nosos ollos na pequenez da xente nova de dos maiores das nosas familias, e preguntémonos de que xeito facemos do servizo cara eles camiño de encontro co rostro de Deus. 

  • E para que esta tarefa a poidamos desenvolver  co compromiso ao que move o ser seguidores de Xesús, é necesario que nos deixemos transformar pola chamada que nos fai a Palabra a saber escoitar e a empeñar o noso tempo á dedicación das persoas que trouxemos á vida e polas persoas que, tempo antes, nos trouxeron á vida. Unha mesma tarefa en tempos diferentes. Pero unha mesma tarefa necesitada de ser continuada e prolongada no tempo. E do mesmo xeito que Deus naceu ha dous mil anos longos, tamén segue a nacer en cada xesto, en cada momento dedicado a facer da vida dos que conformamos as nosas familias, experiencia de colaboración, compromiso e participación. Porque ser familia non é levar un mesmo apelido, senón querer compartir a preocupación, con amor e por amor, polas persoas. Estreitando lazos que unen, acompañando proxectos que ilusionan e consolando dificultades que sempre chegan. Preguntémonos, neste final do tempo de Advento, se esa está sendo a tarefa desde onde desenvolvemos e facemos crecer a nosa vida de familia. 

  • Deste xeito estarémonos poñendo en camiño, como fixo María indo onda Sabela, a súa prima. Non di o Evanxeo que a chamaran, que a obrigaran ou que lle prometeran non se sabe que cousas por facelo. Non di nada máis    que se puxo en camiño .Nesta  actitude de dispoñibilidade de María, descubrimos tamén nós na dispoñibilidade a poñernos en camiño cara quen nos necesite, cara quen sabemos que non o está a pasar ben, cara quen lle urxe a man que o acompañe e non o esqueza. Se nós nos paramos a pensar agora, seguro que descubrimos a persoas, familiares ou veciñas, que necesitarían esta man que podemos ofrecer, achegar e acoller. Esforcémonos entón por facer do noso actuar experiencia de bendición e de servizo, para que tamén no corazón de quen recibe a nosa achega, brinque de ledicia o Deus da salvación . Xesús, o Deus que nace indefenso e necesitado . Que mellor dita ca esta! 

Pés no chan e confianza en Deus 
Compartamos o noso ser familia que busca seguir os vieiros  de Xesús, a nosa oración comunitaria rezando e dicindo xunt@s:    Señor, que sigamos traballando por ser familia que educa, corrixe e se quere. 
  • Para que saibamos construír unha Igrexa que se sabe e sente familia que educa, acompaña, corrixe, perdoa e pide perdón.  Oremos . Señor, que sigamos traballando por ser familia que educa, corrixe e se quere. 
  • Para que nas nosas parroquias aprendamos a mirar aos demais cos ollos do corazón e non coas da indiferenza. Oremos. Señor, que sigamos traballando por ser familia que educa, corrixe e se quere. 
  • Para que o noso esforzo nos leve a preocuparnos polas persoas das nosas familias, non deixando que o tempo ou a distancia nos vai esquecendo e silenciando. Oremos . Señor, que sigamos traballando por ser familia que educa, corrixe e se quere. 
Alenta sempre ,Señor, a nosa tarefa de ser construtores de relación fraternas e humanizadoras. Por Cristo o noso Señor. Amén. 

Aquecendo o corazón 
O coidado acompáñanos ao longo do noso peregrinar na vida: é o noso permanente compañeiro... A conciencia de ser fillos e fillas do coidado condúcenos a intentar ser, na medida do posible, artesáns do coidado . O coidado é a síntese dunha vida ben construída non cara o éxito, senón desde a fraxilidade... enraizados no coidado poderemos fundar un novo sentido do noso vivir cotián: máis atentos ao aquí e ao agora, máis espertos para que non se nos pase a vida por diante en branco e negro, máis dispostos a empregar palabras amables que engadan quentura de corazón e non nos embrutezan, máis abertos á tenrura no medio de tanta dureza. 
(Luis Aranguren Gonzalo, La entraña del cuidado)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...