Ir al contenido principal

¿Cumprirase en nós esta escritura?

III DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO (CICLO C)

PÓRTICO

Moitas veces terémonos preguntado, ¿cal é a miña tarefa dentro do mundo, dentro da sociedade, dentro da Igrexa?. Hoxe Xesús vainos presentar o seu programa, que é unha boa nova, unha nova alegre, un ano de graza que nos ven de Deus. Porque o seu programa trae a liberdade de todas as opresións que nos encadean, é luz que alumea as nosas cegueiras e as tebras. Hoxe, coma en Galilea hai vinte anos, Xesús preséntase e fálanos ao corazón a cada un e a cada unha de nós, que nos reunimos para celebrar xunt@s que, por riba das nosas distancias, hai unha fe que nos une.

Que esta celebración que agora comezamos nos axude a identificarnos co proxecto liberador de Xesús, para así facelo vida en nós.

O PERDÓN

  • Polas veces nas que en lugar de buscar a unión somos motivo de división, sementando discordia e buscando enfrontamentos dentro das nosas familias, cos nosos veciños, no noso traballo, na nosa parroquia, SEÑOR, DEVÓLVENOS A ILUSIÓN.
  • Porque nos refuxiamos na comodidade e na autocompaixón fácil do “non sei” ou “non vallo” para evitar comprometer a nosa vida, CRISTO, DEVÓLVENOS A ILUSIÓN.
  • Porque a novidade que es Ti non chega ao noso corazón, que segue sendo de pedra, SEÑOR, DEVÓLVENOS A ILUSIÓN.

REMUÍÑO

  • O pobo de Israel quere reconstruír a súa esperanza despois da amarga experiencia do desterro en Babilonia. Pero esta reconstrucción só será posible dende a unidade, tendo en conta, ou mellor dito, poñendo en primeiro lugar aos máis febles, aos pequenos. Pasaron os anos, os séculos e tanto tempo despois do profeta, seguimos, máis que nunca, necesitad@s desta reconstrucción, dentro dun mundo dividido entre ricos e pobres, dentro dunha sociedade dividida entre dominadores e dominados, dentro dunhas comunidades divididas por vellas e rancias xenreiras, por estúpidas discusións ou por inútiles partidismos e protagonismos.
  • Porque a verdade é que non damos entendido que con Xesús comeza este proceso de reconstrucción e recuperación do novo pobo, da Igrexa. Porque a liberación que propón Cristo é unha liberación total, que abrangue todas as dimensións da persoa. Deus non pode, e nós tampouco, ser neutral diante dun mundo dividido e desgarrado pola inxustiza. El trae a liberdade a un mundo no que tanto se fala dela, pero no que paradoxalmente cada vez son mías os deuses que nos encadean e tiranizan: o poder, a riqueza, o prestixio... Trae a luz para unhas persoas que, pode que saibamos e teñamos moito; pero que non sabemos vivir e valorar as cousas cotiás, sinxelas e pequenas. En definitiva, El trae VIDA, pero vida en abundancia.
  • E nós, a que esperamos?. Hoxe, na nosa celebración, Xesús preséntanos o seu programa, que cada un e cada unha de nós, seguidores seus, debemos facer propio. Polo tanto non debemos vivir un cristianismo pasivo, senón que cómpre ir dando pasos firmes que xeren vida ao noso redor, que dean boas noticias, capaces de reconstruír e facer xermolar de novo a esperanza de que outro mundo é posible. O Espírito do Señor está sobre cada un e cada unha de nós, e fai que sexamos portadores desta Boa Nova: Deus quérete.
  • E se é un o Espírito que anima a nosa vida, estamos chamad@s a traballar pola unidade dentro das nosas familias, das nosas comunidades, da nosa Igrexa. Cantas divisións, desencontros e enfrontamentos por mor dos nosos egoísmos e do noso afán de protagonismo!. ¿Cando nos decataremos, como nos lembra Paulo, de que todos nós somos membros do corpo de Cristo, iguais en importancia e que polo tanto non podemos atribuírnos a exclusividade?. Comecemos xa. Non perdamos máis tempo: tamén hoxe, coma nos tempos de Nehemías, é hora de reconstruír a comunidade na unidade e na liberdade.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Abramos o corazón a Deus, e confiémoslle a nosa vida, para que a acompañe coa súa presenza e o seu alento e digámoslle:

QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

  • Pola Igrexa, para que non peche as súas portas á chamada do Pai, unha chamada esixente, comprometedora, sólida, alegre, humanizante, e así dea exemplo ante o mundo de que as palabras do Pai se cumpren sempre e con forza na vida de tod@s, OREMOS.

QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

  • Polas nosas comunidades, para que de verdade tomemos conciencia de que somos parte dun mesmo corpo, e polo tanto é máis forte o que nos une que o que nos afasta, OREMOS.

QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

  • Por cada un e cada unha de nós, para que sexamos mensaxeir@s da Boa Nova para aqueles que están máis precisad@s da salvación de Deus: @s enferm@s, @s marxinad@s, @s parad@s, @s tristes, @s anciáns, @s que están solos..., OREMOS.

QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

Grazas, Señor, por invitarnos a ter unha fe activa e comprometida con todo canto supoña e signifique o traballo comunitario de facer a vida máis agradable e alegre aos demais. Pedímoscho por Xesucristo, noso irmán, noso Señor. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Eu atéñome ao dito:
a xustiza,
a pesares da lei e do costume;
a pesares dos cartos e da esmola.

A humanidade,
para ser eu verdadeiro.
A liberdade,
para ser persoa.
E a pobreza
para ser libre.

A fe, cristiá,
para camiñar de noite,
e, sobre todo, para andar de día.

E, en todos casos, irmáns e irmás,
eu atéñome ao dito:
¡a esperanza!.

(Casaldáliga, P. en Gritos e Plegarias pax. 276)


CANTOS

ENTRADA: Camiñando pola vida
LECTURAS: A túa palabra
OFERTORIO: Recibe, Señor
COMUÑÓN: Eu soñei

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...