Ir al contenido principal

16 Domingo TO A 2020

A VIDA, COMO A SEMENTEIRA, É APOSTA DE ESPERANZA NON DE SEGURIDADE

CANTO GOZOSO
ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2)
LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15)
OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 34)
COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53)
ESCOITA ACTIVA
Acostumad@s a escoitar que hai solución para todo: enfermidades, problemas informáticos, economía, política... podemos acabar crendo que a vida é sempre unha aposta segura. Que enganad@s estamos! E que crédulos somos! Esquecemos que estamos de paso, que somos para un tempo. As seguridades de quen pensa que ten todo “controlado”, que todo o coñece e que todo se soluciona non existen. E isto é o que nos lembra hoxe o Evanxeo de Xesús, para que non collamos o camiño equivocado e acabemos sendo dos permanentemente insatisfeitos e “ofendidiños”... cando non somos máis ca persoas libres... pero tamén limitadas. Por iso o importante é facer sempre a sementeira e poñer o medios para coidala. O demais, será ou non será; xa non vai depender de nós.
  • CORAZÓN MISERICORDIOSO
  • Por pensar que temos todo dominado, controlado e seguro. SEÑOR, QUE APRENDAMOS A ASUMIR A NOSA LIMITACIÓN.
  • Por crer que a nosa seguridade non necesita da axuda e colaboración dos demais; CRISTO, QUE APRENDAMOS A ASUMIR A NOSA LIMITACIÓN.
  • Por prescindir de Deus, e fabular con ser pequenos deuses; SEÑOR, QUE APRENDAMOS A ASUMIR A NOSA LIMITACIÓN.
PALABRA PROCLAMADA
Proclamación da palabra recollida no libro da SabedoríaNon hai, fóra de ti, un Deus que se considere de todas as cousas, a quen tiveses que probar que non xulgaches inxustamente; Xa que o teu poder é a fonte da xustiza, seres ti o dono de todo lévate a amosarte indulxente. Só fas proba da túa forza cando non se dá creto á totalidade dese poder confundindo a audacia dos que o coñecen; así, dominando a túa forza, xulgas con equilibrio gobernándonos con toda consideración, pois na man tes o poderío cando queres. Tamén o xusto debe ter misericordia .Con feitos semellantes ensinaches ó teu pobo que ó xusto lle cómpre ser humano; e a teus fillos décheslles a ditosa esperanza de concederlles despois dos pecados tempo de se arrepentir. Palabra do Señor. Grazas a Deus.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO EVANXEO DE MATEU‑Parécese o Reino dos Ceos a un home que sementou boa semente na súa leira. Pero mentres todos durmían, o seu inimigo veu sementar xoio polo medio do trigo e marchou. Cando espigou a planta e deu trigo, apareceu o xoio tamén. Os criados do dono fóronlle dicir: "Señor, ¿ti non sementaras boa semente na túa leira? ¿De onde lle vén, logo, o xoio?" El contestoulles: "Isto é obra dun inimigo". Os criados preguntáronlle: "¿Queres que o vaiamos arrincar?" El respondeulles: "Non, non sexa que ó collerdes o xoio arrinquedes tamén o trigo. Deixádeos medrar xuntos deica a sega, que no tempo da sega heilles dicir ós segadores: Apañade primeiro o xoio, e atádeo en mollos para queimalo; e o trigo recollédeo na miña arca". Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús.
PALABRA DO SEÑOR
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
  • O libro da Sabedoría fainos hoxe unha chamada a non deixarnos levar do arrouto e a irreflexión cando temos que tomar decisións importantes na nosa vida. Porque, neste noso mundo tecnolóxico onde a comunicación flúe sen filtros de ningún tipo, e crémonos o centro de todo e de tod@s, esquecese a necesidade de mirar o mundo coa sinxeleza dos ollos de Deus. Uns ollos que valoran a vida desde o respecto e coidado da Casa Común na que tod@s vivimos. Nós, en non poucas ocasións, miramos con ollos de dominio, control, imposición, utilidade... mesmo de destrución para acadar, única e exclusivamente, o noso. A dureza desta mirada acaba volvéndose contra nós mesmos cando nos imos dando conta de este é o camiño e que, se seguimos por el, acabaremos na soidade de quen chega ao fracaso e desilusión permanente. Fronte esta perspectiva, o libro da Sabedoría danos outra clave: a clave da presenza de Deus. O Deus que nos acompaña e nos fai descubrir o fermoso, pero tamén o limitado da vida. Na súa indulxencia acompáñanos mostrándonos que o que humaniza e nos achega a felicidade é sempre o xusto. E aí, na xustiza, si que atoparemos o sorriso de Deus para compartilo cos irm@ns.
  • Nesta busca de canto nos leva a aprender a mirar coa ollada de Deus non imos sos. Paulo lémbrallo aos cristiáns de Roma daquela primeira hora. O Espírito é a forza que nos fai descubrir outras mans ao noso redor que nos mostran que de xeito individual nin o podemos nin endexamais conseguiremos chegar moi lonxe. Sabendo da nosa debilidade, descubrimos tamén que precisamos dos demais, e deste xeito non só é máis doado o camiño, senón que a presenza de sabernos acompañados danos azos para, nos momentos de debilidade, non virnos abaixo e abandonar. Esforcémonos entón en abrir cada mañá os ollos dispostos a mirar ao noso redor e descubrir quen nos vai tendendo a man, e a quen lla podemos tamén tender nós.
  • Tendo en conta este camiño que nos foron preparando as dúas primeiras lecturas, o Evanxeo invítanos a estar sempre atent@s ao que pasa no campo sementado do mundo no que poñemos cada día os nosos pés. Porque nel: plural, aberto, diverso e sempre en construción é necesario que teñamos os ollos ben abertos. Sen prexuízos e dispostos a facer del unha mirada de gratitude; pero tamén de responsabilidade para non confundirnos e non deixar que na hora da toma de decisións importantes, no canto de cortar/sega-lo xoio, seguemos o trigo e ao final non teñamos colleita. Crentes si, crédulos e ilusos non!
FRATERNIDADE ORANTE
Deus invítanos sempre a sementar de maneira comunitaria, polo que agora nos dispoñemos a facer a semente da oración comunitaria dicindo:
SEÑOR, QUE CORTEMOS O XOIO E RECOLLAMOS O TRIGO
Para que a Igrexa sexa sementadora do mellor trigo en forma de opción polas persoas empobrecidas e aposta pola igualdade e a cultura do encontro, OREMOS.
SEÑOR, QUE CORTEMOS O XOIO E RECOLLAMOS O TRIGO
Para que o noso esforzo nas parroquias sexa para ser persoas sementadoras e coidadoras de trigo en forma de tempo compartido e ofrecido a quen precise de nós, OREMOS. 
SEÑOR, QUE CORTEMOS O XOIO E RECOLLAMOS O TRIGO
Para que na nosa vida non esquezamos nunca que sendo limitados temos que estar atent@s a non deixarnos engaiolar polos cantos de serea que nos afastan de Deus e do seu proxecto de compromiso por todo canto humaniza e coida da Casa Común na que vivimos, OREMOS
SEÑOR, QUE CORTEMOS O XOIO E RECOLLAMOS O TRIGO
Grazas, Señor, por non deixar de lembrarnos que precisamos uns dos outros para facer do mundo Casa de humanización, encontro e colaboración. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA
Señor, Ti chegas ao noso mundo
e invítasnos a abrir a porta do noso corazón a todas as persoas.
Dixéchesnos que es Ti quen vén cando alguén peta na nosa porta.
Coa túa Palabra disnos: ”Aquí estou á porta e chamo.
Se alguén escoita a miña voz e me abre a porta,
eu entrarei, sentarei e cearei con el”.
Señor, que saibamos escoitar a túa voz.
A voz que nos chega a través dos irmáns e das irmás.
Que abramos a porta para acollerte a Ti,
E en Ti, a todas as persoas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

3 Advento 2024

  CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA XUSTIZA SINAL DE ADVENTO:  Colocamos no taboleiro a terceira parte do noso berce. CANTO GOZOSO   §      Entrada: Volve, Señor (Nº 90)  §      Lecturas: Que ledicia miña (Nº 4) §      Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) §      Comuñón: Ven axiña visitarnos (Nº 86)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Estamos xa no terceiro domingo do Advento. Nas semanas anteriores a Palabra de Deus invitábanos a espertar e a ir preparando o berce do noso corazón. Neste domingo, entre as palabras de ánimo do profeta Sofonías e a invitación á ledicia de Paulo, fáisenos unha nova indicación que vén responder, coma nos tempos do Bautista, á nosa pregunta de “que temos que facer?”. A indicación desta terceira semana é ben directa e clara: convértete e practica a xustiza!. Porque non nos enganemos: todas as persoas estamos necesitadas de conversión, de cambiar actitud...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...