Ir al contenido principal

30 domingo TO C 2016 DOMUND

Cando se actúa por amor, non son necesarias as explicacións, porque as grazas son compartidas
A web do DOMUND
Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO
*     ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5)
*     LECTURAS: Escoita ao Señor (Nº 15)
*     OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)
*     COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
ESCOITA ACTIVA
A palabra Deus está moitas veces na nosa boca para pedir, agradecer, compartir... Mesmo hai persoas -non sei se ao mellor tamén algunha das que hoxe estamos aquí-, que ao referirse a Deus fano para expresar a súa frustración, a súa carraxe ou o seu descontento. Neste caso a referencia a Deus é pola vía negativa. A pesares de que o facemos así, como se Deus fose ben culpable ben o gran conseguidor, El móstrasenos sempre coa sinxeleza de quen chega, escoita, chama e acompaña...sen pedir nada a cambio, sen ofrecer grandes solucións, simplemente para ,desde o seu amor, dicirnos que nos quere e que para El somos importantes. Acollámolo logo e deixemos que aqueza de tenrura o noso corazón. E que mellor comezar a facelo desde xa, nesta celebración que agora imos comezar.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
·      Porque a diferenza de Ti, nós si facemos distingos e preferenzas coas persoas; SEÑOR, QUE RECOÑEZAMOS QUE TEMOS QUE CAMBIAR.
·      Porque a diferenza de Ti, nós non facemos as cousas con amor, senón moitas veces con desgana e faltas de ilusión; CRISTO, QUE RECOÑEZAMOS QUE TEMOS QUE CAMBIAR.
·      Porque a diferenza de Ti, no canto de pensar no ben dos demais, pensamos nas nosas comenencias; SEÑOR,QUE RECOÑEZAMOS QUE TEMOS QUE CAMBIAR.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
*      Deus está sempre no reverso dos grandes titulares que hoxe inundan as fontes polas que recibimos a información. E namentres que esta chéganos propoñéndonos que a felicidade está no ter, no posuír, no gañar sempre; Deus, o Deus dos cristiáns, aparece como quen está ao lado dos pobres, dos aflixidos, dos que son abandonados á súa sorte, dos... A pesares disto aos cristiáns –a tod@s: bispos, curas, segrares...- parece -un simple parece- que nos gusta máis a primeira parte que a segunda. Porque namentres que na primeira está o momento de gloria que sempre leva o recoñecemento; na segunda está o labor calado, moitas veces descoñecido pola gran maioría, de quen sabe descubrir o rostro do Deus no que cre, celebra e vive nos abandonados do noso mundo triunfalista: os enfermos, os que sofren violencia, os que nos excluídos polas súas deficiencias, os que non teñen cartos, os que non buscan famoseo, os... Cada un de nós temos que decidir de que lado, ou en que proxecto queremos estar para facer da nosa vida un crecer rostro e presenza de Deus alí onde esteamos.
*      Hoxe é o día no que en toda a Igrexa celebramos a Xornada pola evanxelización dos pobos. Evanxelizar é facer da Boa Nova, do Evanxeo, proposta de vida para nós e para aqueles que, a través do noso testemuño, se ven sorprendidos pola nosa coherencia no actuar, a nosa honestidade no traballar e a nosa caridade no acoller. Porque a misión, en palabras de Xesús, sintetízase na tarefa de pasar buscando servir e non ser servido. Un servizo ao que se lle vai poñendo mans, corazón e rostro: o/s outro/s: os que están preto; os que están afastados; os que aínda non están, pero algún día quizais estean... Isto fai que o servizo que sempre debemos prestar os cristiáns, respondendo á misión, sexa xenuína solidariedade enchoupada de entrega xenerosa: escoitar, acompañar, dar. Seguindo, logo, a Xesús, a nosa tarefa está en esforzarnos cada día por ser misioneiros da misericordia: misioneiros de acción e oración; de contemplación e compromiso; de esforzo e acompañamento; de diálogo e escoita. Misioneiros sempre, e non só de cartos, senón de vivir e actuar seguindo a tarefa encomendada por Xesús. E sabéndonos tod@s misioneiros, hoxe na nosa oración debemos ter moi presente o traballo solidario, xeneroso e de gratuidade de tod@s @s misioneir@s que, en distintas partes do mundo e seguindo a Xesús, queren facer da súa presenza alí tarefa permanente de misericordia.
*      Porque a salvación, da que tantas veces falamos, pasa sempre por poñer na man de Deus o produto da nosa tarefa de pasar facendo o ben e recoñecendo que todas as persoas, sen exclusións, somos imaxe e semellanza del, e polo tanto fill@s e irmáns. A súa xustiza está neste esforzo por non crernos nin máis, nin mellores cós outros, senón iguais e e dispostos a facer tarefa común da dignidade das persoas. Por iso, diante o berro do pobre, Deus non fai, non pode facer nunca oídos xordos. El sempre está a espreita, como nos di o salmo de hoxe: "Clamou o pobre e Deus escoitouno". Pero a súa é unha escoita activa e de mediación. Activa porque non queda parado, senón que canto escoita lévao a sentir a solidariedade que move a estar ao lado para compartir, alentar e dar forza para vencer dificultades. Mediación porque vai poñendo en nós a capacidade de non quedar quedos, senón de movernos para ser as súas mans, os seus ollos, o seu corazón e os seus pés, sempre dispostos a facerlle a vida máis agradable, xusta e feliz a cantos poidamos. E con Paulo, dicimos tamén, que esta é unha tarefa que non remata nunca, que non ten vacacións, que non se move por un contrato temporal, senón que con El asínase un contrato que é para sempre. E neste sempre o remate non é o fracaso senón a plenitude, o triunfo da esperanza sobre o pesimismo. A meta á que Paulo lle di a Timoteu que ten chegado é cara onde nós temos que ir orientando a vida. E esta carreira de fondo só a poderemos gañar coa axuda de Deus, e a solidariedade duns cos outros.

*      O que non nos dá a seguridade dos que se cren mellores e máis xustos cós demais -o fariseo do evanxeo- senón a necesidade de non crenos mellores nin únicos, senón sempre necesitados dos demais. E isto non é un estado de ánimo, senón un principio que ha mover canto fagamos na vida. O fariseo críase perfecto, non necesitaba dos demais, e coma tal xa se ía poñendo el mesmo as medallas; porén, o publicano víase pequeno, con erros e necesitado, por iso se situaba na confianza de quen sabe que aquel ao que se dirixe non lle vai fallar. Aquí, neste xeito de actuar é onde Xesús pon hoxe a forza da súa Palabra, para que tamén nós sexamos dos que nos vemos necesitados de todos e dispostos a ofrecer o que a outros os pode facer felices.
FRATERNIDADE ORANTE
Señor, agradecidos por mover os nosos corazóns a descubrirte nos demais, dicimos xuntos:
SEÑOR, QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN FIRMES NO AMOR
·      Para que a Igrexa que todos formamos, sexa unha Igrexa que non canse, senón que busque e se esforce por atopar o rostro de Cristo nos máis empobrecidos e débiles do noso mundo, OREMOS.
SEÑOR, QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN FIRMES NO AMOR
·      Por tod@s cantos conformamos a Igrexa, para que nos esforcemos por ser unha Igrexa de misión, unha Igrexa en saída cara aos descartados da nosa sociedade, unha Igrexa de portas abertas, OREMOS.
SEÑOR, QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN FIRMES NO AMOR
·      Para que nas nosas parroquias sigamos facendo cousas que poñen quentura nos corazóns e alegría nos ollos dos que se senten maiores, enfermos e solos; OREMOS.
SEÑOR, QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN FIRMES NO AMOR
·      Polos misioneiros e misioneiras de todo o mundo, que dan o mellor de si na misión de levar o Evanxeo da dignidade ás persoas dos países máis empobrecidos, para que sigan saíndo coa alegría da misericordia ao encontro dos demais, OREMOS.
SEÑOR, QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN FIRMES NO AMOR
·      Para que non deixemos que o pesimismo das noticias que escoitamos e vemos cada día, afogue a esperanza de crer nun Deus que ama por amor, e se fai presente no actuar solidario e entregado dos que, sen saír nas noticias de cada día, fan o ben poñendo alegría e acougo no corazón de quen está necesitado de ser acollido, escoitado e acompañado; OREMOS.
SEÑOR, QUE AS NOSAS PEGADAS SEXAN FIRMES NO AMOR
Señor, que o que temos compartido nesta oración non o deixemos en simples palabras. Que saibamos levalo á maneira de facer nós as cousas cada día. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DE ESPERANZA
Señor, espértanos, chámanos.
Sácanos do noso mundo.
Que non nos inventemos máis historias
para xustificar que non nos movemos,
que non reaccionamos.
Que abramos o corazón
a lugares que non sabemos onde están,
a culturas que non coñecemos,
a persoas que nos necesitan....
case tanto coma nós a elas.
Ponnos en camiño
cara esas persoas que agardan por nós
porque soñan con alguén
que poida falarlles de Ti;
dun Pai bo, compasivo,
dun Pai de verdade...
non coma os deuses dos homes.
Señor, dínolo tamén a nós:
Saíde da vosa terra”.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...