Ir al contenido principal

6 Domingo Pascua 2011

Mans para enviar e servir, non para matar, extorsionar e silenciar:

a forza do Espírito.

O gozo da saúde


 

PÓRTICO

Hoxe celebramos o día do enfermo. Este día, situado no tempo de Pascua, é dicir tempo de esperanza, de superación de solidariedade, de… quérenos invitar a todas as persoas que formamos parte das comunidades cristiás a que non esquezamos que a fe e mais a vida van xuntas, e polo tanto non se poden separar. De aí que o que creo, celebro, pido, agradezo… ten que ir sempre acompañado co que fago, vivo e digo: SIRVO. A fe sen obras é morta, e as obras sen fe, son compromiso ético, filantropía pero non expresión do amor entregado e igualitario de Xesús. E se fe e vida van unidas, a preocupación polas persoas doentes non é nin unha foto electoral nin un día ao ano con cartel e peticións, senón unha preocupación constante por parte nosa, os crentes. Saber visitar, acompañar, achegarse, superar medos e fobias, que non só non axudan senón que nos afastan do amor testemuñado por Xesús, é tarefa e compromiso dos que temos a obriga de testemuñar o que cremos. Que a celebración de hoxe reforce o noso compromiso de visitar, alentar e escoitar a cantas persoas coñezamos e que poden necesitar de nós.

O PERDÓN

  • Porque segues lembrándonos que non é bo nin san querer vivir como se os irmáns non existiran, SEÑOR, QUE SIRVAMOS A QUEN NOS NECESITE.
  • Porque o noso pesimismo impídenos, tantas veces, ser testemuñas do que celebramos nos templos, cando saímos ás rúas, CRISTO, QUE SIRVAMOS A QUEN NOS NECESITE.
  • Polas veces en que a nosa fe dista moito da nosa vida, sendo un espazo de intimismo e individualismo que nos fai afastarnos da realidade, SEÑOR, QUE SIRVAMOS A QUEN NOS NECESITE.

REMUÍÑO

ESCOITARAN FALAR DOS SINAIS E ESTÁBANOS MIRANDO: Deus vainos falando a través das pequenas cousas que nos rodean: un sorriso, unha palabra agradecida, o compartir o noso tempo e o noso esforzo... son pequenos sinais que, coma ás primeiras comunidades cristiás, tamén a nós nos fan decatarnos de que o Reino que Xesús comezou, é tarefa pendente para cada un e cada unha de nós. Pero claro, nun mundo no que só se valora o que é grande, importante e poderoso, é moi difícil percibir a voz de Deus, de xeito que podemos dicir que miramos os seus sinais, hoxe, coma onte e coma sempre; pero non lle prestamos atención, porque cuestiona o noso xeito de facer as cousas e ese crérmonos os mellores e os únicos. Porén, El segue a dicirnos que é un Deus do cotián, das pequenas cousas que facemos cada día, que o mundo non é un culebrón nin unha telenovela, senón que está composto de pequenos xestos que nos transmiten e a través dos cales transmitimos, a presenza de Deus, compañeiro de camiño.

SABENDO DAR RAZÓN DA NOSA ESPERANZA: E así, se estamos atentos e abertos aos sinais dos tempos, poderemos dar razón daquilo que cremos. Nun mundo no que parece que só existe o que se ve, o que se toca, e sobre todo o que se merca, dificilmente poderemos presentarnos con argumentos como costume ou tradición referidos á fe e esperar que nos tomen en serio. Pero, claro, como poderemos dar razón da nosa esperanza cando nós mesmos andamos desorientados?; como poderemos falar de amor cando non lle falamos ao veciño?; como poderemos pedirlle a Deus perdón por terlle fallado cando nós non somos capaces de perdoar a quen nos ten ofendido?; como poderemos falar de compromiso cando nós non estamos dispostos a mover un só dedo para axudar a quen precisa de nós?, como podemos falar de liberación cando só vivimos a fe coma unha manchea de normas e obrigas que cangan sobre os nosos ombreiros?, como imos dicir que paga a pena fiarnos de Deus cando lle seguimos pondo unha candea ao demo?... Porque claro, ser cristián e cristiá non é agarrarse a algo estático, non é levantar muros ou pasar as pechaduras para defendernos dos ataques e non perder a nosa identidade; non é quedar á calor confortable da norma, do costume, do camiño feito..... Iso non sería dar razón da nosa esperanza, senón quedar nun inmovilismo estéril. Entón, como poderemos dar razón da nosa esperanza?. Pois tomando en serio aquilo que cremos, deixando que sexa o Espírito que Xesús nos deixou o que mova a nosa vida, non actuando por arroutadas, senón tomándonos un tempiño que nos permita madurar as nosas decisións para decatarnos de que non todo vale, nunha palabra, ORANDO E FORMÁNDONOS. Ninguén pode falar do que non sabe, do que non vive, só desde a teoría, senón que hai que falar, como ben nos di Pedro, con mansedume e respecto, desde a nosa opción de vida por Cristo e polas persoas.

ACOLLENDO O MANDADO DO AMOR QUE HOXE SE NOS CONCRETA NAS PERSOAS ENFERMAS: Como Xesús e os primeiros cristiáns, nós tamén estamos chamad@s a descubrir no amor a razón que nos mova a estar á carón de todas aquelas persoas que precisan de nós: familia, veciños, pobres, vellos, parados..... Hoxe, sexto domingo de Pascua, xornada do enfermo, chámasenos a atención sobre o colectivo das persoas enfermas, das persoas doentes. O noso mundo está cheo de dor; e moitas veces as persoas enfermas vense discriminadas, maltratadas, abandonadas, excluídas, separadas.... Visitar aos enfermos, consolar a quen sofre, facer compaña aos abandonados e esquecidos, estar con aquelas persoas ás que os demais rexeitan... segue a ser obras que poden dar razón da nosa fe e da nosa esperanza, para que o mundo, por fin, crea na Boa Nova que trae o Resucitado e a nós nos toca anunciar. . Fagámonos hoxe o test do amor desde a preocupación que temos polas persoas doentes. E enfermos témolos ao noso redor: enfermos de soidade, de sufrimento, de dor física, de desesperanza e tristura; na casa, no barrio, na parroquia ou entre os amigos.Estamos sendo para ele@s a man, a cabeza e o corazón de Xesús?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Compartamos agora as nosas preocupacións e inquedanzas, e poñámolas na man de Aquel que non quere que camiñemos de xeito solitario e individualista. Digamos xunt@s:

QUE FALEMOS DE TI, SEÑOR, COA NOSA VIDA

  • Para que saibamos sentírmonos sempre Igrexa universal e solidaria con todo canto diga e signifique loita e compromiso contra a corrupción, o engano, a mentira e o abuso, OREMOS.

QUE FALEMOS DE TI, SEÑOR, COA NOSA VIDA

  • Polas nosas comunidades, para que sempre valoremos os espazos e tempos que nos permitan formarnos para ir dando razón da esperanza da fe a todas as persoas que camiñan ao noso carón, OREMOS.

QUE FALEMOS DE TI, SEÑOR, COA NOSA VIDA

  • Para que non esquezamos nunca que a saúde é un ben que tod@s: nen@s, moz@s, adult@s e maiores non deberamos estragar, senón coidar e valorar, OREMOS.

QUE FALEMOS DE TI, SEÑOR, COA NOSA VIDA

  • Para que as persoas doentes das nosas parroquias teñan sempre un sitio na nosa oración e unha man que non dubide en abrirse e tenderlla cando a necesiten, OREMOS.

QUE FALEMOS DE TI, SEÑOR, COA NOSA VIDA

  • Pechamos a nosa oración pedindo por aquelas persoas cuxo traballo é estar a carón dos doentes: médic@s, enfermeir@s, celador@s, capeláns... para que nunca esquezan que traballan con persoas, e sempre saiban poñer corazón e entrega xenerosa ao seu cometido, OREMOS.

QUE FALEMOS DE TI, SEÑOR, COA NOSA VIDA

Grazas, Señor, por invitarnos a facer o noso camiño de fe acompañados dos irmáns e sen esquecer a quen máis necesita de nós: os enfermos, os solos, os tristes… e tant@s outr@s aos que lles damos as costas. P.X.N.Señor.Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Non é bo quedar na beira

coma o paseo ou o molusco,

que queren imitar a rocha…

Entra na auga,

coma o bañista que, temeroso,

con moito amor e receo á auga,

mete primeiro os seus pés,

a escuma,

e sente subirlle a auga,

e atrévese,

e xa case se decide.

E agora, coa auga na cintura,

aínda non se confía;

pero el estende os seus brazos,

abre a fin os brazos

e entrégase completo.

E alí recoñécese forte,

e crece,

e lánzase,

e avanza,

e ergue escuma,

e salta e confía,

e fende e latexa nas augas vivas.

E canta e moz@.

(Vicente Alexandre)

CANTOS

  • ENTRADA: Vinde axiña
  • GLORIA:
  • LECTURAS: Benaventurados
  • OFERTORIO: Cantádelle ao Señor
  • COMUÑÓN: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...