Ir al contenido principal

Domingo 32 TO A



SE NON ESTAMOS Á ESPREITA, NON SÓ SE NOS PASA O ARROZ, TAMÉN DEIXAMOS QUE SE VAIAN AS OPORTUNIDADES DE SER FELICES

Descarga o arquivo


ESCOITA ACTIVA
Estar preparad@s. Con esta afirmación podemos sintetizar o Evanxeo deste domingo. Si, tod@s debemos estar preparad@s para as diferentes situacións que se nos van presentando na vida. Preparados á hora de elixir que estudar; preparados cando tomamos a decisión de compartir a vida con alguén; preparados para cando os anos comecen a pasarnos factura a través dos achaques e doenzas; preprad@s, nunha palabra, para a vida. Porque a vida é isto: ir avanzando pouco a pouco e tomando decisións segundo a situación que nos presente. Pero a pesares desta disposición que sempre debemos ter para o que virá; como neste campo dúas e dúas non sempre, case que nunca, son catro, moitas situacións desbordarannos, outras resultarannos imposibles, e para algunha non teremos máis opción que aceptala e acollela. E en todo este proceso de situacións que se van dando na vida, aparece sempre alguén, para os que nos chamamos crentes, que nos ofrece o seu brazo para acompañarnos neste camiño: Xesús. El sempre está aí. Virán as dificultades, superaremos non poucos atrancos, veremos que moitos non nos comprenden e nos dan as costas, pero El non se vai. A isto nos invita a celebración de hoxe: a non pechar nunca nin os ollos nin os oídos, para así poder descubrilo camiñando ó noso carón. Que compartamos, celebremos e gocemos desta presenza del en nós nesta celebración que agora comezamos.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Porque nos poden as présas e nos falta reflexión; SEÑOR, QUE TE DEIXEMOS CAMIÑAR CON NÓS.
Porque as precipitacións fannos esquecer que as cousas importantes levan tempo; CRISTO, QUE TE DEIXEMOS CAMIÑAR CON NÓS.
Porque cansamos logo e preferimos cangar sobre outros as responsabilidades; SEÑOR, QUE TE DEIXEMOS CAMIÑAR CON NÓS.
PALABRA ENRAIZADA
ü Como lles custa a algunhas persoas, quizais tamén a algúns dos que estamos hoxe aquí, deixarnos atopar; é dicir deixarnos querer e agarimar polos demais. E tanto nos custa que ás veces parecemos toxos bravos á hora de dar/recibir un bico, unha aperta ou unha caricia de parte de quen nos quere e deste xeito busca mostrárnolo. Por que nos custa tanto, por que escapamos das mostras de agarimo como se estas fosen malas ou trouxeran algunha enfermidade?. Diante disto, o libro da Sabedoría chámanos a esforzarnos por deixarnos agarimar; pois no agarimo sinxelo e sincero sempre se fai presente a achega de Deus. El móstrase por medio das persoas, e sobre todo neses momentos cando máis as necesitamos. Aprender a ser maduros é sempre unha tarefa inacabada, porque pouco a pouco e en cada momento imos percibindo situacións, persoas ou testemuños que nos fan cambiar a perspectiva –moitas veces rutinaria e chea de prexuízos– sobre as cousas e as persoas. Por iso é tan importante o que nos di esta primeira lectura: deixémonos atopar polos que nos procuran.

ü Saber que os demais non son inimigos, senón irmáns, lévanos a medrar desde a perspectiva do encontro e a colaboración. E non só no que se refire ás cuestións da fe, que tamén, senón en calquera dos ámbitos da vida. Os outros enriquécenme e axúdanme, non están para facerme vida imposible nin para crearme tensións. Ben é verdade que pode haber algunhas persoas que si o fagan así; pero non debemos xulgar a todos polo que fan uns, xa que estariamos sendo inxustos cos demais. Por iso a tentación –ás veces facilmente consentida...ás veces, non sempre– de agoniarnos, de só ver problemas, de non facer esforzo ningún para tratar de ver un pouco de luz no medio das dificultades..., é o que nos leva a ese pesimismo que nada pode vencer, e que casa bastante mal co sentido cristián da vida. Para Xesús, sen negar as dificultades, estas non poden ser nunca o final do camiño de ninguén. A diferenza dos que non se confesan crentes, ou o son simplemente por rito, pero non por convicción, os cristiáns que facemos da fe pulo e do Evanxeo esperanza e loita por cambiar e mellorar, no nos deixamos levar pola tentación da agonía. Para nós sempre hai unha raiola que nos mostra un pouco de luz para seguir o camiño. Non hai situación máis triste que atopar con alguén para quen a vida é só baleiro e sensentido. Para que vivir entón, para que facer nada máis; o mellor é desaparecer. Quen ten posto os seus cimentos en Xesús non se deixa levar deste pesimismo existencial, que nunca levanta cabeza e está abocado a permanente desesperación. Cando nós falamos de esperanza estamos a referirnos a que sempre é posible cambiar, inda que só sexa un pouco as cousas; de que a realidade non pode ser sempre a mesma; de que os débiles non teñen porque ser sempre as vítimas. E iso non será posible sentilo e vivilo se non é desde o seguimento e a proposta que nos fai Xesús.

ü O atoamento nunca ten bo final, tal e como acabamos de escoitar no evanxeo. Quen sempre anda ás présas nunca ten tempo para nada; pero tampouco nunca é capaz de facer nada ben porque sempre se sente inseguro, ansioso e coa sensación de non ser capaz de chegar. Por iso cando é necesario dar un paso adiante non é capaz. Porén, quen reflexiona, distribúe ben o seu tempo, sabe valorar e priorizar, e se esforza por non ser arroutado, é capaz de ver a realidade desde outra perspectiva. Xesús hoxe dinos que esteamos atentos e vixiantes para non converternos en atolados, senón en seguidores seus asisados que non teñen/mos medo a afrontar retos nin a abrir camiños de diálogo e encontro con quen quere facer do mundo casa común. Non podemos mirar atrás –iso fixeron as atoladas”: abrídenos, somos nós, non nos recoñeces?”-. O noso é mirar adiante, e iso supón camiñar con actitude vixiante, que non desconfiada, para encontrarnos e facer cousas que nunca permitan que as persoas sexan menos cos cartos, a ideoloxía ou as estruturas. Vixiemos logo para non caer nesta tentación.
FRATERNIDADE ORANTE
Agradezamos xunt@s a invitación que nos fai Xesús de camiñar asisadamente e digamos:
QUE APRENDAMOS A VIVIR SEN ATOLARNOS
*       Para que a Igrexa non sexa un Igrexa precipitada en condenar e xulgar e preguiceira en acoller e escoitar, OREMOS.
QUE APRENDAMOS A VIVIR SEN ATOLARNOS
*       Para que nas nosas comunidades practiquemos sen cansar a capacidade de escoitarnos, axudarnos e agradecernos uns aos outros o que facemos para o ben de todos, OREMOS.
QUE APRENDAMOS A VIVIR SEN ATOLARNOS
*       Para que na nosa vida esteamos sempre preparados e dispostos a poñer tempo, ilusión e esperanza nas vidas e nos corazóns de quen se sente triste, desacougado e esquecido polos seus, OREMOS.
QUE APRENDAMOS A VIVIR SEN ATOLARNOS
Señor, que a precipitación e as présas non nos leven a esquecer o importante: as persoas. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
Rezamos o Salmo 62 despois da comuñón: SEÑOR DE TI TEN SEDE A MIÑA ALMA...
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Non vou so
LECTURAS: Eu sei de quen me fiei
OFERTORIO: Cantádelle ao Señor
COMUÑÓN: Acharte presente

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

4 advento 2024

    HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...