Ir al contenido principal

Domingo 4 TO 2008

BENAVENTURADO TI QUE NON TES MEDO ARRISCARTE

PÓRTICO

Xa case ás portas da Coresma, hoxe a Palabra proponnos as benaventuranzas. É unha oportunidade máis que nos brinda o Señor de enfocar a nosa vida, de buscar por este camiño de esixencia, de renuncia a verdadeira felicidade. A felicidade do compromiso, do traballo e da loita por construír un mundo renovado. Contamos con tódalas persoas nesta tarefa, unamos esforzos e ánimos e miremos que nas nosas comunidades está o peor e o máis humilde do mundo, só así poderemos descubrir a grandeza do Señor que nos anima.

Que esta celebración que agora comezamos, nos descubra que a felicidade verdadeira é posible se somos quen de comezar este camiño que o Señor hoxe nos presenta.

PERDÓN

Porque moitas veces pensamos que co ter, co acaparar, podemos ser mais felices, SEÑOR, MÓSTRANOS O CAMIÑO.

Polas veces en que queremos ter sempre a razón e non escatimamos medios para conseguir os nosos obxectivos, aínda que sexa a costa dos demais, CRISTO, MÓSTRANOS O CAMIÑO.

Porque moitas veces buscamos o éxito no que facemos, que nos loe a xente, créndonos o centro da tarefa evanxelizadora, SEÑOR, MÓSTRANOS O CAMIÑO

REMUÍÑO

Benaventurados. Está é a primeira afirmación e a máis repetida nos benaventuranzas. Polo tanto aínda que nos parezan un camiño difícil ou case que imposible, é o único camiño que nos pode dar a felicidade completa. Unha felicidade que brota do profundo do corazón, que brota do seguimento de Xesús e da construción deste mundo ao que todos estamos chamados dende estas actitudes. Unha construción que vai ao revés dos valores dominantes na nosa sociedade. Se no mundo se nos fala de éxito, de superación a calquera prezo, de comodidade... as benaventuranzas son unha aposta radical de cambio destes valores, unha aposta sempre nova e que require de nós un fondo compromiso. É o programa de vida de Xesús e polo tanto o noso programa. Dende a humildade, a loita pola xustiza, a igualdade, a paz, sen importarnos quedar mal con outros por buscar a verdade, por sufrir cos que sofren neste mundo, sendo limpos na mirada e no pensar, indo ao profundo dos corazóns e non quedándonos na superficie. Un programa de cambio radical cara un mundo máis humano e no que todos estamos chamados a colaborar, o mundo que Xesús nos viu a traer e que nos estamos chamados a construír continuamente.

Sen resignarnos. Pero as benaventuranzas non son unha chamada a conformarnos, a deixar que o mundo siga igual. Ao contrario as benaventuranzas lánzanos á acción, ao compromiso con tódalas persoas, especialmente aquelas que máis reflectidas están nelas. Que non teñamos medo á última benaventuranza, a ser marcados polos demais, a que nos miren con recelo ou a que non respecten o noso xeito de vivir e de actuar. As benaventuranzas son unha chamada á desinstalación, a poñernos en camiño.

O mais pequeno do mundo. San Paulo dinos por qué tipo de persoas estaba formada a comunidade de Corinto, polos máis pobres e excluídos dunha cidade rica. Verdadeiramente eran os que estaban máis receptivos a esta mensaxe, os que estaban dispostos a atopar a ledicia nas benaventuranzas. Esperábano todo e recibírono todo sendo valorados, queridos e animados polo Señor. Unha chamada de atención a nós, que moitas veces buscamos o éxito, que nos loen os demais, destacar coma os que máis facemos ou os que máis temos con tal de aparentar. Unímonos pois a Isaías e san Paulo nunha actitude de humildade, sinxeleza e apertura ao cambio.

Que esta celebración nos mostre máis claramente o camiño ao que todos estamos chamados para a topar a verdadeira felicidade, o camiño das benaventuranzas.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Dende a necesidade que temos de que ti nos escoites e nos guíes na nosa vida, elevamos a ti a nosa oración coa confianza de que nos concedas aquilo que máis necesitamos. Dicimos con fe:

QUE NON TEÑAMOS MEDO A DICIRCHE QUE SI

Pola Igrexa, para que mostremos ao mundo o verdadeiro sentido das benaventuranzas como un camiño de alegría e de transformación da realidade dende Xesús. OREMOS:

QUE NON TEÑAMOS MEDO DICIRCHE QUE SI

Polas nosas comunidades, para que dende a renuncia, a sinxeleza, a austeridade, o diálogo a tolerancia e a comprensión, sexamos quen de levar unha palabra de ánimo e de esperanza en tantas situacións de dor, incertidume e desesperanza. OREMOS:

QUE NON TEÑAMOS MEDO DICIRCHE QUE SI

Por todos nós, para que renunciemos a todo o que significa poder e soberbia e entendamos que só dende unha postura de colaboración e de compromiso con todos, poderemos construír un mundo mellor e máis humano, o Reino que Xesús nos trouxo. OREMOS:

QUE NON TEÑAMOS MEDO DICIRCHE QUE SI

Grazas Pai porque sempre nos escoitas e queres o mellor para nós. Dende unha actitude de humildade e sinxeleza, queremos comprometernos a vivir as benaventuranzas que o teu fillo nos deixou. PXCNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

BIENAVENTURANZAS

Ditosos os que saben rirse de si mesmos,

porque nunca rematarán de divertirse.

Ditosos os que saben distinguir unha montaña dunha pedriña,

porque evitarán moitos inconvintes.

Ditosos os que saben descansar e durmir sen buscar escusas

porque chegarán a ser sabios.

Ditosos os que saben escoitar e calar,

porque aprenderán cousas novas.
Ditosos os que son suficientemente intelixentes,

como para non tomarse en serio,

porque serán apreciados por quen os rodean.
Ditosos os que están atentos as necesidades dos demais,
sen sentirse indispensables,
porque serán distribuidores de alegría.
Ditosos os que saben mirar con seriedade as pequenas cousas
e con tranquilidade as cousas grandes,
porque irán lonxe na vida.
Ditosos os que saben apreciar un sorriso
e esquecer un desprezo,
porque o seu camiño será pleno de sol.
Ditosos os que pensan antes de actuar
e pregan antes de pensar,
porque non se turbarán polo imprevisible.
Ditosos vos se sabedes calar e sorrir
cando vos quiten a palabra,
vos contradigan ou cando vos pisen os pes,
porque o Evanxeo comeza a penetrar no voso corazón.
Ditosos vos se sodes capaces de interpretar
sempre con benevolencia as actitudes dos demais
aínda cando as aparencias sexan contrarias.
Pasaredes por inxenuos: é o prezo da caridade.
Ditosos sobretodo, vos,
se sabedes recoñecer ao Señor en todos os que atopan
entonces atoparedes a paz e a verdadeira sabedoría.

(Santo Tomás Moro)

CANTOS.

Entrada: Unha xuntanza de amor

Lecturas: Canta o sol

Ofertorio: Velaquí

Comuñón: Benaventurados.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...