Ir al contenido principal

PORQUE NOS CHAMAS…AQUÍ ESTAMOS PARA FACER A TÚA VONTADE

PÓRTICO

Estamos nun mundo no que prima a masificación: montóns de xente vestida do mesmo xeito, lendo os mesmos libros, escoitando a mesma música, mirando as mesmas películas e programas de televisión…. e o que é pior, un mundo no que tendemos a pensar tod@s do mesmo xeito. A realidade é que conseguimos un mundo de persoas uniformes no que o individuo se perde completamente na masa.

Por iso, resulta sorprendente a Palabra que hoxe escoitaremos, na que nos atopamos cun Deus que chama persoalmente por cada un e cada unha de nós desde o ventre materno. Para Deus non existe a masa, non existen as persoas sen rostros, senón que El pensou en cada un e cada unha de nós, chamounos polo noso nome e marcounos un camiño singular e particular.

Que a celebración que agora comezamos nos axude a dar unha resposta libre, persoal e positiva a esta chamada de Deus.

O PERDÓN

Porque seguimos créndonos o embigo do mundo, imprescindibles, insustituibles, e non somos quen de deixar paso a outros para que fagan as cousas, SEÑOR, QUE A NOSA RESPOSTA NON SEXA EXCLUÍNTE.

Porque son demasiadas as ocasións nas que cos nosos feitos, coas nosas palabras, co noso talante… non somos luz para os demais, senón máis ben escuridade e tebras, CRISTO, QUE A NOSA RESPOSTA NON SEXA EXCLUÍNTE.

Porque pensamos que o noso xeito de entender e comprometernos na Igrexa é o único, SEÑOR, QUE A NOSA RESPOSTA NON SEXA EXCLUÍNTE.

REMUÍÑO

Isaías, Paulo, Xoán Bautista; tres personaxes coñecidos, importantes na nosa historia de salvación. Séntense chamados a anunciar a Boa Nova:

· Isaías fálalle a unha xente decaída, dispersa, feble, apagada… e quere darlle ánimo non con falsas promesas, senón con feitos concretos: o Señor conta contigo, a pesares de ser pequeno e sen forza, para proclamar a súa salvación dun cabo a outro da terra. Esa é tamén a nosa tarefa: somos unxid@s para ser as súas testemuñas.

· E nós, como estamos a responder a esta misión?, poderá Deus sentirse orgulloso de nós?, a nosa vida é un espello do amor de Deus?. Hoxe tamén, no noso mundo, ferido pola falla de amor, son moitas as persoas decaídas, marxinadas, apagadas, silenciadas… que esperan a nosa axuda e o noso compromiso eficaz e profundo.

· Paulo fálalle ás comunidades nacentes. Son pequenas, con dificultades, incomprendidas, nun mundo hostil, divididas por estúpidas cuestións. Por iso Paulo lémbralles e lémbranos que no proxecto de Xesús cabemos tod@s, ninguén é mellor ca ninguén. Que lonxe estamos da mensaxe evanxélica. Crémonos en posesión da verdade absoluta, excluímos, condenamos, criticamos, rexeitamos. Impoñemos e mandamos no nome de Deus, cando a realidade é que buscamos o noso lucemento, a nosa seguridade, o noso prestixio, o poder.

· Por último, Xoán Bautista móstranos a verdadeira grandeza dun profeta: desaparecer para deixar paso ao que ven detrás. Na evanxelización tod@s somos necesari@s, pero ninguén é imprescindible. Tod@s somos iguais e navegamos nunha barca común. Deixémonos arrolar pola brisa de Deus e non pola treboada da intolerancia.

Hoxe, coma daquela, tamén precisamos testemuñas e anunciadores de Cristo, cristiáns e cristiás convencid@s que dean testemuño. Esa é a nosa tarefa, aquilo para que o Señor conta connosco. Non o defraudemos.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Oremos con confianza a Deus que se nos manifesta no cotiá, no día a día, alí onde nós nos atopamos e onde co noso esforzo contribuímos á construción dun mundo mellor, e digámoslle:

GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS

Grazas pola Igrexa, que desde un traballo silencioso, desinteresado e diario, é quen de atopar o seu sitio nunha sociedade cambiante e en continua evolución. OREMOS.

GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS

Grazas polas nosas comunidades, nas que atopamos xente coa que rezar, traballar, alentar e ilusionar no desenvolvemento do Reino, OREMOS.

GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS

Grazas por tantas e tantas persoas que, ao noso carón, son testemuñas vivas da túa presenza nun mundo en un tempo querido e creado por Ti, OREMOS.

GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS

Grazas, Señor, por contar con cada un e cada unha de nós na fermosa tarefa de levar a túa luz e o teu amor a todas as persoas, sen exclusións. PXNS. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Se a nota dixese: unha nota non fai unha melodía…. non habería sinfonía.

Se a palabra dixese: unha palabra non pode facer unha páxina… non habería libro.

Se a pedra dixese: unha pedra non pode levantar unha parede… non habería casa.

Se a gota de auga dixese: unha gota de auga non pode formar un río… non habería océano.

Se o gran de trigo dixese: un gran non pode sementar un campo… non habería colleita.

Se a persoa dixese: unha persoa non pode salvar a humanidade… nunca habería xustiza, nin liberdade, nin paz, nin dignidade, nin felicidade, nin fraternidade, nin amor sobre a terra.

Coma a sinfonía precisa de cada nota,

coma o libro precisa de cada palabra,

coma a casa precisa de cada pedra,

coma o océano precisa de cada gota de auga,

coma a colleita precisa de cada gran de trigo,

a humanidade enteira ten necesidade de ti…

alí onde esteas, es único e irrempazable.

Hoxe Xesús chámate a Ti…

A que esperas para seguilo?.

CANTOS

· ENTRADA: Todos xuntos

· LECTURAS: Escoita Ti

· OFERTORIO: Ti es o pan do ceo

· COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

Domingo Ramos 2025

TRANSFORMEMOS A FLOR MURCHA DA CORESMA NO VERDE ESPERANZADO CARA Á PASCUA   Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos.  COMEZANDO A CAMIÑAR Xesús púxose en camiño cara a Xerusalén ,escoitaremos na lectura do evanxeo de Lucas. Un camiño que se converte en sinal de contradición. En Xerusalén vivirá a morte; pero tamén alí, na mesma Xerusalén, na resurrección, mostrarase a grandeza e a fondura do Deus que envía ao seu Fillo para ser coma nós. A resurrección é, xa que logo, o triunfo, a esperanza, o punto de chegada dun camiño duro, difícil e cheo de dificultades. Nós hoxe tamén, coma Xesús, poñémonos en camiño cara esa Xerusalén que nos levará da mesa da fraternidade ao triunfo da Noite Santa da vida, pasando pola tristura e o desacougo da Paixón do Venres Santo. Dispoñámonos, poñendo o mellor de nós, a comezar esta andaina de salvación e esperanza. ACOLLENDO A BENDICIÓN DE DEUS Señor, sabénd...