Ir al contenido principal

5 DOMINGO PASCUA

Superemos a lei do funil: a conversión é posible para nós e tamén par os demais

Pórtico

            Non resulta moi doado de entender o noso xeito de facer as cousas moitas das veces, chamándonos como nos chamamos cristiáns. Si, porque de moitas maneiras e en diferentes situacións, Xesús fálanos da conversión; é dicir, desa actitude fundamental da vida na que somos capaces de cambiar e deixar atrás comportamentos e formas de ver e facer as cousas. Diríamos, de darnos unha nova oportunidade.E dicimos que non é doado de entender o noso comportamento porque moitas veces negámoslle aos demais esa posibilidade de cambiar, de empezar de novo, de facer borrón e conta nova na súa vida. Non nos estrañemos, tamén lle pasaba o mesmo aos discípulos, por iso eran incapaces de comprender o cambio que se dera en Paulo: non acababan de ver como aquel que tanto os perseguira, agora lles pedía que o acollesen coma un dos seus. Pero Paulo cambiara, e foron dándose conta. Tamén nós cambiamos, e tamén cambian os demais, e se a nós nos gusta que nos acepten como somos, cambios incluídos, aceptemos tamén os cambios, a conversión, que se dá nos demais.

Perdón

  • Porque somos insensibles aos cambios e esforzos dos demais por deixar atrás comportamentos inxustos e insolidarios, SEÑOR, PERDOA A DUREZA DO NOSO CORAZÓN.
  • Porque somos demasiado comprensivos co que facemos nós, pero pouco abertos á comprensión cara ás outras persoas, CRISTO, PERDOA A DUREZA DO NOSO CORAZÓN.
  • Porque nos fala confianza en Ti para darnos conta de que sempre podemos cambiar e deixar atrás canto non nos axuda, SEÑOR,PERDOA A DUREZA DO NOSO CORAZÓN. 

Remuíño

Todos lle tiñan medo, non crendo que fose discípulo de verdade: Dinos a primeira lectura que os membros da comunidade tiñan medo de Paulo, non acababan de crelo nin de fiarse del. Non esqueceran que ben pouco facía que aquel que agora se achegaba como membro do grupo, andara a perseguilos. A pesares deste rexeitamento, Paulo esfórzase por dar mostras de que cambiara, de que rompera co pasado, que estaba a comezar de novo. Tamén nos pode pasar a nós que non acabemos de fiarnos de tantas persoas que están dispostas a cambiar!. De tantas persoas que queren romper co pasado, deixalo atrás, para reorientar a súa vida, e que buscan en nós unha man amiga que os acolla e acompañe!. Que desde a lectura que acabamos de proclamar, cada un de nós tente reflexionar cal é a nosa reposta diante destas situacións. Que nos esforcemos por superar as desconfianzas e non repetir unha e outra vez o que un foi no pasado. Na fidelidade á fe en Xesús, temos que esforzarnos en coñecer e saber qué supón e esixe ser cristián, e non deixarnos levar nin por ritos nin costumes que non nos fan crecer como seguidores de Xesús nin vivir os valores que emanan do Evanxeo. 

Non amemos de palabra e de lingua, senón con feitos e na verdade: Polo que o confesar a fe ten que levar a que pensemos como debemos de facer as cousas. Pois dificilmente podemos afirmar que somos seguidores de Xesús, crentes, e logo no noso xeito de actuar facemos todo o contrario do camiño que El nos invita a realizar. Non basta, entón, dicir que somos cristiáns, que cremos en Deus, que para nós a fe é moi importante, se despois no noso actuar desdicimos o que afirmamos. E isto é moi importante, xa que nos leva a que reflexionemos como é o noso actuar cotián. A confesión e a confianza en Deus non se aprende nin nas universidades nin nos seminarios, tampouco nas procesións ou na asistencia a moitas novenas, senón no saber converter en vida o mandato fundamental que El nos deixou: ”amádevos”.

Se permanecedes en min e as miñas palabras permanecen en vós, pedide o que queirades e hásevos facer: Non nos estraña logo a afirmación de Xesús cando di que só na confianza e fidelidade a súa mensaxe, non nos costumes ou tradicións, podemos sentir a forza transformadora do que El nos ofrece. Podermos entender qué quere dicir que nos salva, e seremos capaces de entender por qué sentimos o gozo de celebrara a pascua e confesar a súa resurrección.

Oración da comunidade

            Dispoñamos o noso corazón para compartir a oración dunha comunidade que, camiñando na confianza,  sabe poñerse nas mans de Deus. E digamos xuntos:

QUE AMEMOS COS NOSOS FEITOS.

Que a Igrexa  estea sempre disposta a abrir os seus brazos a quen se achega a ela buscando misericordia, acougo e confianza, Oremos. 

QUE AMEMOS COS NOSOS FEITOS

Que nas nosas comunidades evitemos xulgar ás persoas, e saibamos acoller aos irmáns que están dispostos a cambiar e comezar de novo, Oremos.

QUE AMEMOS COS NOSOS FEITOS

Por nós, para que venzamos os prexuízos que temos  respecto das persoas, e saibamos aceptar o perdón sincero de quen se achega recoñecendo os seus erros, Oremos. 

QUE AMEMOS COS NOSOS FEITOS

Acompaña, Señor, esta oración que xuntos poñemos diante de Ti, coa confianza de que sempre somos escoitados.  P.X.N.S.Amén.

Reflexión

É demasiada a vida que hai en ti

como para contentarte con vivir de pequenas migallas,

e só de cando en cando.

Es demasiada persoa para que te enganes a ti mesmo e aos outros vexetando neste mundo.

É demasiado reseca a terra que pisas

para que non vexas que poida nacer unha flor.

É demasiado o ben que podes facer dando a vida,

que chega a ser unha inxustiza  reservala só para ti.

É demasiado grande a forza do compartir a vida,

para que teimes en vivila como un egoísta.

É demasiado verdadeira a felicidade,

para que a busques en tonterías.

É demasiado liberadora a mensaxe de Cristo,

para que continúes encadeándote ti mesmo, sen esperanza.

Está demasiado presente a Cruz de Cristo,

para que os problemas te poidan vencer.

É demasiado vivificante o Espírito de Deus,

para que te poidas pechar unha vez máis.

É demasiada vida a vida, para que non a celebres.

Abre as mans, o corazón e a mente e

déixate agarrar pola vida nova !

(M.Ferrés, en el libro:"Dios cerca" de Jordi Daví)

Cantos

  • Entrada: Que ledicia miña
  • Lecturas: Douvos un mandato novo
  • Ofertorio: Xurdirá / Na nos terra
  • Comuñón: Pan do ceo, pan de vida

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...