Ir al contenido principal

Trindade 2009

Comuñón liberadora na misión do amor: Pai, Fillo e Espírito Santo

Pórtico

Nun mundo no que as relacións comerciais unen aos países, no que Internet é un fío que xunta e crea modas e tendencias, no que o idioma xa non é barreina e as distancias vense reducidas a un intre no tempo, resulta paradóxico que as persoas esteamos cada vez máis separadas e actuemos indo só ao noso.

Enfróntanse así intereses económicos, sociais, de poder... que fan que as relacións persoais se fundamenten no interese e no material, esquecéndonos do que temos de verdadeiramente humano: a relación, a gratuidade, a solidariedade.

A festa de hoxe, a Trindade, vén poñer luz para axudarnos a descubrir que é o amor na comuñón, o xeito que temos as persoas de fundamentar as nosas relacións humanas e de fe, no seo dunha sociedade que camiña no respecto, na paz e na igualdade.

ACTO PENITENCIAL

  • Por negarnos a abrir o corazón cando estamos necesitados de que nos escolten, SEÑOR, GUÍANOS Á COMUÑÓN
  • Por tódalas veces nas que, pechándonos en nós mesmos, perdemos a posibilidade de recoñecer a quen está ao noso lado, CRISTO, GUÍANOS Á COMUÑÓN.
  • Polas veces en que tratamos de dominar ás persoas por medio do medo, da exclusión, da chantaxe e a descalificación, SEÑOR, GUÍANOS Á COMUÑÓN.

REMUÍÑO

  • A festa da Trindade, situada no tramo final do tempo de pascua, é un bo momento para que nos preguntemos qué poñemos cada un de nós alí onde estamos, para favorecer a comunicación e as relacións de uns cos outros. Si, porque a festa de hoxe é unha invitación a que levemos á nosa vida a capacidade de amor que o Pai, o Fillo e o Espírito Santo nos mostran. O Deus que nos convoca, por amor, envía ao seu Fillo, desde o amor; e para que non nos sintamos solos e na soidade, déixanos ao Espírito para que sexa o compañeiro da viaxe, a Ruah vivificadora do amor na nosa vida. A forza que fai que non nos deixemos levar polo que escoitamos que outros din, senón que nos invita a facer da Palabra de Deus, do Evanxeo, a Boa Nova estimulante que é capaz de descubrirnos que a pesares da corrupción, os enganos, a hipocrisía, a falta de coherencia…dentro e fóra da Igrexa, segue sendo válido confesar e confiar en Xesús. Que o testemuño que nos deixou segue tendo plena actualidade e validez para nós, e para todos aqueles aos que nós queiramos.
  • Os textos que hoxe proclamamos fálannos de comunidade e de amor. Dous aspectos fundamentais sen os que sería imposible vivir o proxecto de Xesús no medio do noso mundo. E sería imposible porque ser Igrexa ou sentirse membro activo dela, non é un ir á celebración o domingo ou cumprir coas normas que nos ensinaron hai anos, senón esforzarnos por descubrir como ese amor que Pai, Fillo e Espírito viven e comparten, somos nós capaces de vivilo no medio das nosas comunidades. Unhas comunidades que sabemos, porque nós tamén formamos parte delas, e tampouco o somos, non son perfectas, marabillosas e sempre bondadosas.
  • Vivir a comuñón, fainos saír de nós mesmos, dos nosos guetos, dos cuarteis de inverno e sementar esa comuñón: poñer paz onde hai liortas, poñer unión en tanta división, respecto onde hai marxinalidade, xustiza onde hai exclusión. É, entón, algo que vivimos na nosa vida, facéndose presente nos diversos ámbitos de relación que temos: a familia, a Igrexa, o traballo, os nosos compromisos pola sociedade... Estamos chamados, por un lado, a revitalizar a Igrexa, a poñer máis amor e humanidade en tanta burocracia, a poñer rostros e persoas nas grandes decisións, a fomentar a participación activa dos seus membros, e non só duns poucos elixidos...Por outro lado, tamén estamos chamados a revitalizar as familias, valorando o que une, superando tendencias egoístas e creando máis lazos de amor e afecto, xa que estes vense moitas veces rotos. Asemade, tamén estamos chamados a revitalizar o tecido social, traballando pola paz, a liberdade, o respecto, a dignidade, os dereitos humanos, a ecoloxía, a gratuidade.
  • Que a festa da Trindade nos leve a tomar moito máis en serio que está nas nosas mans, non lle botemos a culpas logo a Deus, facer o posible, esforzarnos para que o amor do que tantas veces falamos o convertamos en actitudes reais e auténticas. E iso só podemos facelo mellorando o xeito de tratar aos que están máis ao noso lado, os que mellor nos coñecen e aos que máis coñecemos, e logo continuar coas tarefas que unen, co traballo que faga que outros sexan felices, coa visita a quen sabemos que está so… é dicir, facer do amor unha experiencia verdadeiramente trinitaria, unha experiencia de Deus.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Se o amor ten que ser o eixo da nosa vida, convertámolo agora en solidariedade e encomendemos a cantos necesitan da nosa man e do agarimo de Deus, dicindo xuntos:

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DE AMOR COMUNITARIO

  • Para que na Igrexa, dun recuncho a outro do mundo, saibamos facer do amor e da comunicación un canto de solidariedade, preocupación polos outros, alegría sincera e defensa da dignidade humana , OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DE AMOR COMUNITARIO

  • Para que nas nosas comunidades poidan atopar acougo tódalas persoas, crentes ou non, que estean necesitadas de amor, xustiza, liberdade e paz interior, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DE AMOR COMUNITARI

  • Para que nós sexamos capaces de descubrir e vivir que o misterio da Trindade é un misterio de amor, entrega xenerosa aos demais, preocupación sincera por quen o está pasando mal, e coherencia persoal para que fagamos que o que vivimos non vaia por un camiño distinto ao que cremos, OREMOS.

QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DE AMOR COMUNITARIO

Con sinxeleza e apertura de corazón, puxemos nas túas mans as nosas preocupacións e ledicias. Fai delas unha verdadeira acollida de amor que nos impulse a vivilo comunitariamente. P.X.N.S. Amén.

Reflexión

Dicir comunidade é dicir camiño compartido,

moitas mans que se xuntan para facer a andaina máis liviá.

É compartir a vida entrelazada,

é xuntar, baixo as mesmas esperanzas,

as nosas diferenzas, que, así, non nos separan.

Dicir comunidade é falar de proxecto común,

de soños compartidos,

de camiño acompañado.

É pensar no outro,

no mellor para o outro,

e pensar, xuntos, no mellor de nós para os outros.

Dicir comunidade é alentarse uns aos outros

e corrixirse sen medo a anoxarse.

É animarse a medrar xuntos, paseniñamente.

É falar de apertura e de entrega, de servizo aos demais.

É aprender a ofrecerse, xenerosos.

É compartir a vida de Deus,

fonte de vida, esperanza e amor.

Dicir comunidade é común-unidade de criterios verdadeiros,

os do Evanxeo.

de opcións valentes,

as de Xesús;

de retos difíciles,

os do Reino en marcha.

Aquí estamos, Señor, xuntos e en camiño,

para facer medrar o teu Reino onde pidas.

(M. Murúa)

CANTOS

  • ENTRADA: Vinde axiña
  • LECTURAS: Non vou só
  • OFERTORIO: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova
  • COMUÑÓN: Ti es o pan do ceo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...