Ir al contenido principal

12 Domingo TO B 2018

O AMOR VERDADEIRO NUNCA É SOMETEMENTO SENÓN RESPECTO, LIBERDADE E TOLERANCIA. NON DEIXEMOS QUE NINGUÉN, NO SEU NOME, NOS CONTROLE E ESCRAVICE

CANTO GOZOSO
    • ENTRADA: Amigos nas penas
    • LECTURAS: Cantade ao Señor (Nº 23)
    • OFERTORIO: Señor da mañá (Nº 131)
    • COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49)
    PARA NON PERDER O PASO
    Deus é permanente coidado, preocupación, sentido e razón de ser na vida de moitas persoas. É verdade que tamén hai xente, que non ten sido capaz de experimentar a súa achega ou a súa presenza, e para a que nada existe se non pasa polos sentidos. Pero Deus vaise facendo presente na vida a través do pequeno e sinxelo; aquilo que, na maioría das veces, os que deciden e toman decisións polos demais, son capaces de ver e sentir. Por iso as persoas crentes facemos confesión en Deus cada vez que vemos alguén que supera unha dificultade, cada vez que non se deixa abater polo sufrimento, cada vez que vai sendo capaz de endereitar o que se foi torcendo a pesares do esforzo e constancia que se lle foi poñendo. Deus é entón, non algo, senón a forza, a razón o Alguén que nos move e nos alenta no camiño da esperanza sen pedir nada a cambio nin exercer chantaxe sobre nós. El é o que non deixa de dicirnos que a pesares de que as ondas sexan grandes e fortes, estará aí, para que non nos deixemos vencer por elas.
    Traballemos para que sexa este Deus, e non os deuses do poder, os cartos ou a violencia os que movan a nosa vida!

    CO CORAZÓN FERIDO
      • Porque non acabamos de darnos conta que só podemos atoparte no pequeno, sinxelo e necesitado; SEÑOR, QUE NON CANSEMOS DE SENTIRTE.
      • Porque gastamos moito tempo en xustificarnos e pouco sen asumir que facemos moitas cousas mal; CRISTO, QUE NON CANSEMOS DE SENTIRTE.
      • Porque somos moito de pedir explicacións e esixirlle aos demais, e pouco de dalas e recoñecer os nosos erros; SEÑOR, QUE NON CANSEMOS DE SENTIRTE.
      UNHA PALABRA QUE AGROMA


      • Convencid@s de que Deus é compañía e non castigo; solidariedade e non individualismo; acollida e non desprezo, como acabamos de escoitar na palabra que temos proclamado hoxe, non está de máis que fagamos un esforzo por preguntarnos de que xeito somos capaces de ilo percibindo. Do seo materno saimos para comezar un proxecto da vida. Ao principio acompañados e guiados pola achega dos nosos pais e nais, que van sementando para que nós poidamos recoller en forma de froito o que nos fai felices e persoas con capacidade e experimentar e sentir, tamén de compartir, a tenrura e a benaventuranza de quen quere o mellor para nós. El chámanos a superar as brétemas que todo o volven confuso e escuro ata impedirnos ver que o noso camiño non é desapego líquido, senón a busca de canto nos produce acougo e alegría. Loemos, sen poñer límites, a este Deus que sae ao noso encontro para ofrecernos un proxecto a desenvolver.
      • Porque o amor de Deus nos preme, sentimos que non debemos/podemos calar cando descubrimos a ausencia dese amor no actuar de moita xente que utiliza o seu nome para os seus propios intereses; para aproveitarse dos máis débiles; para exercer coacción moral, tamén física, sobre os máis indefensos. Se en algo ten que distinguirse hoxe que somos persoas crentes, seguidoras do proxecto e do estilo de vida de Xesús, é na maneira de entender e tratar aos demais. Sen que poidamos poñer desculpas por mor dos pasaportes, linguas, culturas ou continentes. Que é o mundo senón casa de tod@s? Casa onde acubillar e non excluír, casa onde achegarse e non poñer distancia, casa onda sentirse acollid@ e querid@ e non rexeitad@ e escravizad@. Como non nos vai premer o amor dun Deus que non deixa que esquezamos que sen esperanza non pode haber futuro. Por que non acabamos de entender que non é o que foi, senón o que está sendo e será o que nos ten que mover desde ese amor? En Cristo xurde unha realidade nova, unha realidade na que estamos inmersos e que nos leva a non pasar mostrando indiferenza senón urxencia por poñer ás persoas, e non outras cousas, no curuto das nosas decisións e do noso actuar. Como non nos vai premer un amor así?
      • O “vamos á banda de alá” que Xesús lle dirixe aos apóstolos tráenos ao pensamento a insistencia do papa Francisco de que a Igrexa ten que saír ás periferias do noso mundo, onde están as persoas que sofren, as que son explotadas, as que están solas, as que viven a vida coma un fracaso... Xa pasou o tempo de esperar que os demais veñan a nós. Nin veñen nin pensan vir, polo que temos que cambiar o “chip” e tomar conciencia de que o anuncio do evanxeo hoxe esíxenos saír das nosas zonas de conforto e das nosas aparentes seguridades, cómodas e acomodadas, para ir ao encontro dos demais: os que xa non cren, os que nunca creron, os que queren crer pero para os que non somos testemuñas cribles que os movan a achegarse ao evanxeo. E que nos fará pasar por situacións de verdadeiro turbillón, onde se cuestionarán as nosas seguridades, onde farán que trema a nosa fe vivida como un simple consumo de ritos e devocións, e non como un compromiso de esixencia por non deixar que as persoas desaparezan das prioridades dos que mandan, dirixen e toman decisións sobre cada unha delas/nós. Cando non temos claro no nome e por que facemos as cousas, e actuamos dunha determinada maneira, deixándonos levar do que fan e din todos, das presións, dos intereses económicos, políticos ou de calquera outro xeito, non estamos a camiñan polo carreiro ao que nos invita Xesús. Pásanos coma aos discípulos, tal e como acabamos de escoitar no evanxeo, mostrámonos inseguros, perdemos o rumbo, precipitámonos ou quedamos sen facer nada, porque o medo atenázanos e impídenos gozar da nosa liberdade e ser nós mesmos. Tamén a nós nos pregunta Xesús hoxe: por que temos tanto medo? Por que a fe non está sendo a forza que nos leva a facer da vida unha experiencia de gozoso compartir poñendo corazón, vista, mans e pensamento en facer cousas polo ben común e pola mellora e humanización da sociedade? Por que nos falta tanta empatía que non somos capaces de distinguir que non todos os que veñen de fóra son delincuentes e usurpadores do que consideramos noso; cando sabemos que entre nós si hai delincuentes que nos rouban e utilizan, sen que nos digamos nada, senón que mesmo os apoiamos e defendemos? O evanxeo, teñamos isto sempre claro, non é un entretemento para abrigarnos e evadirnos da realidade, senón un compromiso pola xente, coas súas, nosas, debilidades e fortalezas. Que aprendamos a camiñar, como nos di Xesús, cara todas as bandas de alá onde nos esperan!

      DESDE A ORACIÓN COMUNITARIA

      Compartimos comunitariamente a nosa fe dicindo xunt@s:

      QUE A TÚA PALABRA SEXA VENTO ESPERANZADO PARA  NÓS
      • Para que nos esforcemos por construír unha Igrexa en saída, disposta a non rexeitar nunca ás j,, senón a acollelas, escoitalas e acompañalas nos difíciles vieiros das súas vidas, OREMOS.
      QUE A TÚA PALABRA SEXA VENTO ESPERANZADO PARA NÓS
      • Para que que sexamos comunidades vivas, creativas e sempre dispostas a mirar cara adiante, porque é no futuro, e non no pasado, onde podemos atoparte, OREMOS.
      QUE A TÚA PALABRA SEXA VENTO ESPERANZADO PARA NÓS
      • Para que non deixemos que a Palabra que hoxe nos tes dirixido esvare por nós sen deixar que enchoupe o corazón, facéndonos sensibles á dor dos demais e comprometidos na súa superación, OREMOS.
      QUE A TÚA PALABRA SEXA VENTO ESPERANZADO PARA NÓS
      Acolle, alenta e acompaña coa túa forza a oración que hoxe temos compartido. PXNS.

      PARA SENTIR A LEDICIA DO COMUNITARIO 

      Bendito, Xesús,
      que viñeches entre nós,
      e entre nós falaches e viviches sempre
      no nome de Deus!
      Bendito, Xesús,
      polas túas maneiras fortes e humildes
      de actuar en todo,
      facéndote accesible especialmente
      á xente máis humilde e popular!
      Bendito, Xesús,
      na túa vida e na túa morte,
      no teu sufrimento solidario
      e na túa morte liberadora.
      (M. Regal Ledo)

      Comentarios

      Entradas populares de este blog

      Corpus 2024 B

      ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

      3 Coresma 2024

      DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

      6 Pascua 2024

        CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...