Ir al contenido principal

10 domingo TO B 2018

TAMÉN NÓS CREMOS, E POR ISO FALAMOS
CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7)
  • LECTURAS: Eu soñei (Nº 58)
  • OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
  • COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

PARA NON PERDER O PASO
Cantas veces na nosa vida temos calado diante de inxustizas notorias contra nós ou contra os nosos irmáns e as nosas irmás. Cantas veces temos “comulgado con rodas de muíño” para non ter problemas, para evitar represalias, por medo ao qué dirán ou qué pensarán. Cantas veces deixamos que pisen os nosos dereitos ou que non respecten a nosa dignidade por sentirnos inferiores, por vergoña, por non armar balbordo. E resulta que o Señor hoxe dinos que non quere que sexamos politicamente correctos, senón profeticamente correctos; que non quere que sexamos mudos, xordos ou cegos, senón que debemos ter os ollos, os oídos e os beizos ben abertos. Nós cremos.... e por iso falamos e testemuñamos a nosa fe con palabras e obras. Que esta celebración que agora comezamos nos dea folgos e alento.
CO CORAZÓN FERIDO
  • Por ter calado ou mirado cara outro lado diante de tantas e tantas inxustizas, sen ter o valor de denuncialas profeticamente, SEÑOR, MÓSTRANOS A TÚA MISERICORDIA.
  • Porque non valoramos nin agradecemos na nosa vida cotiá o feito de que nos escollas para sermos fill@s e mensaxeir@s do teu amor, CRISTO, MÓSTRANOS A TÚA MISERICORDIA.
  • Porque na nosa vida de fe somos moito máis partidarios de impoñer que de espertar e invitar por medio do testemuño dunha vida coherente, SEÑOR, MÓSTRANOS A TÚA MISERICORDIA.
UNHA PALABRA QUE AGROMA

  • As lecturas de hoxe chámannos a tomar conciencia da nosa tarefa de profetas do Señor no medio do mundo. Desde esta afirmación entendemos o que nos di Paulo: cremos e por iso falamos, sendo a súa voz, o seu corazón e as súas mans. Esta mediación esíxenos honestidade no sentir e actuar de cada día, sendo capaces de ver a persoa de Cristo en todos aqueles que nos rodean, inda que isto, moitas veces non resulte doado, e pida de nós un esforzo de comprensión e verdadeira misericordia. Porque El nos elixiu na persoa de Cristo, todos asumimos a responsabilidade de levar a Cristo no noso actuar e tamén no noso saber escoitar, acoller e traballar para ser fermento de esperanza diante de tantas tristuras e dificultades que a vida vai presentando ás persoas.
  • Conscientes de que esa é a nosa tarefa, Xesús envíanos, como enviou aos apóstolos, para que sexamos esa presenza súa alí onde nos atopemos. Desde a palabra que cada domingo imos escoitando, somos chamadas e chamados a non deixarnos ir polos vieiros dunha fe murcha e tristeira, senón que, seguindo as pegadas do mestre, invítasenos a buscar novas realidades desde as que ir proclamando a mensaxe, vivindo a ledicia de poder presentar un camiño novo a quen aínda non coñece a Xesús, desbaratando a idea de que as persoas cristiás somos teimudas e reincidentes no mesmo de sempre, que non arriscamos, que non saímos, porque non estamos convencidos, a anunciar coas nosas actitudes o que dá sentido e forza á vida: a ledicia do evanxeo.
  • E isto non se pode facer desde a división, o enfrontamento, o individualismo ou calquera actitude que camiñe pola vía da desunión. Ser comunidade supón aprender a camiñar cos outros, a escoitar tódalas voces, non só as que soan como a nós nos guste. E para iso non han ser as modas de quen aparece máis nos medios de comunicación –inda que sexa para contar as súas miserias- ou de quen ten medios económicos para que se fale del; senón de quen sabe que o que une, aleda e fai que descubramos a razón e sentido da vida. E este, para nós, non pode ser outro máis ca Xesús, e El non fai capelas de amigos, senón que serve a tod@s e chámanos a facer da nosa vida o evanxeo a través do que sexamos capaces de dar testemuño de que Reino xa está aquí, e temos que ir enredándonos nel.
DESDE A ORACIÓN COMUNITARIA
Con sinxeleza de corazón e co compromiso de traballar por ir cambiando o que nos afasta de ti, dicimos xunt@s:

QUE DEAMOS TESTEMUÑO DA VERDADE

  • Pola Igrexa, para que nunca teña meda a desentonar co que comunmente se fai, se di, se pensa... como facía Xesús, OREMOS.

QUE DEAMOS TESTEMUÑO DA VERDADE

  • Polas nosas comunidades, para que sempre saibamos escoitar, respectar e valorar todas as voces, aínda cando non estean de acordo co que nós pensamos, OREMOS.

QUE DEAMOS TESTEMUÑO DA VERDADE

  • Para que cada un e cada unha de nós, para que descubramos na nosa vida a ledicia de sabérmonos salvad@s e querid@s por Deus, converténdonos así en testemuñas vivas do evanxeo que nos leva a anunciar a súa boa nova e a transformar o noso mundo, OREMOS.

QUE DEAMOS TESTEMUÑO DA VERDADE

Grazas, Señor, por invitarnos a valorar e sentir o gozo de sermos fill@s dun Deus que nos quere e nos invita a querer aos demais. PXNS.

PARA SENTIR A LEDICIA DO COMUNITARIO

Non é bo quedar nas beiras...
Entra na auga,
vai pouco a pouco,
non teñas présa.
Coñece, escoita, acompaña...
e sempre con atención,
con agarimo, sen présa.
Na auga hai moita xente
que pode precisar de ti.
Non lle deas as costas.
Abre os brazos, tende a man,
e nunca perdas pé.
Si o fas, a túa inseguridade
será a dos que están ao teu lado.
Mira ao redor,
bota un sorriso,
abre os teu brazos,
achégate que quen está só.
Coma Xesús.
Coma María.
Que o teu si sexa de esperanza e solidariedade.
Sen medo e con confianza.

Comentarios

Entradas populares de este blog

1 Advento 2024

Carpinteiras do berce da esperanza   CANTOS ·        ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) ·        LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) ·        OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) ·        COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89)   SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido.   ABRINDO O CORAZÓN             Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós.          ...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

Santos 2024

  Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...