Ir al contenido principal

4 DOMINGO CORESMA 2009

SE TI NON XULGAS, ¿POR QUE NÓS SI?

Pórtico

Moitas veces temos escoitado ou experimentado en nós mesmos que cando atopamos unha cousa que paga a pena, empeñámonos a fondo nela. E que triste é que iso nos ocorra só coas cousas materiais: queremos conseguir este ou aqueloutro producto ou aparello e sacrificámonos ata que xuntamos o necesario para mercalo.

¡Canto mellor nos iría se esa mesma disposición e esforzo o tivésemos coa nosa fe!. Porque Xesús tamén nos invita a empeñar a nosa vida nel, a deixar as tebras para vivirmos desde a luz. Invítanos a crer nel e , sobre todo, a amalo, deixándonos transformar e cuestionar, abrindo o noso corazón á súa Palabra.

Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrir que paga a pena apostar fondo por el.

Perdón

Ø  Porque moitas veces somos causa de división e de enfrontamento coas nosas actitudes e palabras, SEÑOR, ALENTA A NOSA VIDA

Ø  Porque somos inconscientes do que nos rodea, pasando superficialmente por riba, sen cuestionarnos nada e sen asumir responsabilidades dos nosos erros, CRISTO, ALENTA A NOSA VIDA.

Ø  Porque reducimos a fe ao ámbito privado e íntimo da nosa vida, descoidando o fundamental, que son os demais, SEÑOR, ALENTA A NOSA VIDA.

Remuíño

Ø  Neste domingo de Coresma, xa pasado o ecuador deste tempo, invítasenos a dar vida, a poñer paz, servizo, alegría, fe, unión, amor... Na primeira lectura móstrasenos como Ciro, encargado por Deus, pon vida onde había morte, pon ilusión onde habia derrotismo, pon esperanza ante unha situación de crise e destrución. Salvando as distancias, tamén nós estamos chamados a ser portadores desta vida, recuperando a ilusión e a entrega. Só así seremos quen de achegarnos aos demais, e non cair no perigo de deixarnos levar polas circunstancias: “como a min non me pasa... que mais dá,..., correndo o risco de contaxiarnos do pasotismo, da vida fácil, do non cuestionarnos, de estar por riba dos demais que teñen menos medios ca nós. Nunha época de crise, os cristiáns, estamos chamados a ser luz e esperanza coa nosa vida, coas nosa actitudes e xestos.

Ø  Pero teremos que ser conscientes de que é o Señor o que nos acompaña, o que nos alenta e nos dá forza coa súa palabra e co seu corpo. Só sentindo a nosa pequenez e sinxeleza diante del, seremos capaces de vencer a rutina e a frustración que produce ver que os froitos non chegan, que nos gastamos e que non vemos o cambio, tanto en nós coma nos demais e na realidade que nos rodea.

Ø  Estamos, pois, chamados a facer as obras da luz, unhas obras que buscan o ben, a promoción das persoas e a mellora do medio, obras que non ocultan nada, que non buscan o propio proveito, nin a riqueza nin a fama. Temos que saír de nós mesmos, das igrexas, das sancristías e ser luz para tod@s, conscientes de que só respectando, dialogando e alentando, conseguiremos xa disfrutar aquí na terra dun anaquiño de ceo que nos prometeu Xesús.

Que a celebración que estamos celebrando, sexa para nós vida e alimento no camiñar.

Oración da comunidade

Señor, ti acompáñasnos no camiño da coresma e queres o mellor para nós, por iso dicimos confiados:

QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE VIDA

Ø  Pola Igrexa, para que non teña medo en entrar en diálogo coa sociedade e as súas manifestacións, valorando o positivo que teñen e unindo esforzos para poñer vida onde hai morte, OREMOS:

QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE VIDA

Ø  Polas nosas comunidades, para que teñan espírito crítico e renovador, comezando por si mesmas e rexeitando tódalas actitudes que produzan medo, dor, exclusión social, marxinalidade, infelicidade, OREMOS

QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE VIDA

Ø  Por todos nós, para que neste camiño da coresma, descubramos a presenza do Señor que nos invita ser máis solidarios, e entregados na construción dun mundo mais xusto e fraterno, OREMOS:

QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE VIDA

Grazas, Señor, por alentarnos e facer de nós persoas espertas. Mantennos no camiño con ánimos renovados. PXNS.

 

Para a reflexión

Deus,

amor encarnado

amor namorado,

amor empobrecido,

amor escondido,

amor misericordioso,

amor entregado.

 E Deus,

no amor que chora,

no amor que serve,

no amor que acubilla,

no amor que perdoa,

no amor que libera,

no amor que cura,

no amor que morre,

no amor que resucita.

Deus, amor que sempre permanece.

(Cáritas, Coresma e Pascua 2009; pax. 17)

Cantos

ENTRADA: Cando me colle a noite no camiño

LECTURAS: Arrepentido

OERTORIO: Como che cantarei?

COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...