Ir al contenido principal

Venres Santo 2009

UN MUNDO CHEO DE CRUCES

PÓRTICO

Hoxe, Venres Santo comezamos a nosa celebración, nun silencio respectuoso, volvendo os ollos cara a cruz, cara tantas cruces que son expresión da dor e da tristura de tantos irmáns e irmás nosos que habitan permanentemente no calvario da marxinación, da soidade, da incomprensión: @s parad@s, @s nen@s escravizad@s, @s enferm@s, @s vell@s, as mulleres maltratadas, as persoas manipuladas, @s fament@s...

Hoxe, xunto á cruz do Señor, queremos reflexionar sobre estes sinais de morte. Detémonos e miramos con calma, como o facía Xesús, con ollos novos e non cunha simple mirada de curiosidade ou de tenrura de telenovela barata. E despois de mirar, de analizar, de xulgar, non podemos permanecer inmóbiles, senón que descubrimos a cruz coma unha parte do camiño, nunca coma unha meta. A meta será a Pascua, o nacemento dunha vida nova en Cristo. Hoxe estamos chamad@s a descubrir que ao noso lado hai moit@s nazaren@s que levan as súas cruces e que esperan que nós sexamos o Cireneo que lles bote unha man.

Con estes sentimentos comezamos a nosa celebración neste Venres Santo. 

A PALABRA

v Is.

v Xn

 REMUÍÑO

·        Experiencia de cruz: Tod@s, ao longo da nosa vida, en maior ou menor medida, temos experiencia de dor, de morte, de sufrimento. A celebración deste Venres Santo invítanos a poñerlle cara a esta cruz que estamos contemplando, porque o Crucificado non é un anónimo, senón que ten rostro e nome de tanta xente do noso mundo á que moitas veces lle custa atopar un motivo para seguir vivindo. Como cristiáns non podemos pechar os ollos ou volver a cara para non ver estes sinais de morte, senón que temos un compromiso fondo de axudar para que saian desta situación inhumana.

·        Cruz que é etapa, nunca meta: Porque paradoxalmente, a cruz é ao mesmo tempo sinal de morte e de vida. En Xesús, que morre na cruz, dásenos unha vida anovada, unha vida na que a morte, o sufrimento, a dor… non teñen a derradeira palabra, senón que sabemos que estamos chamad@s a unha vida plena, a unha vida para sempre.

·        E que nos chama a ser @s Cireneos de hoxe: Por iso hoxe é un día para… estar; simplemente para acompañar a Cristo no camiño da cruz, cando as cousas non pintan ben, cando toda aquela moitedume que o aclamou o domingo de Ramos como Mesías hoxe berra que o crucifiquen. Hoxe é un bo momento para mirar dentro de nós, para reflexionar e pedir perdón das moitas veces na nosa vida nas que tamén nós negamos a Cristo, abandonamos a Cristo, pasamos de largo diante da cruz… sen parar a axudar, a chorar, a acompañar.

ORACIÓN UNIVERSAL

(Presentamos un mapamundi que colocaremos nun taboleiro. Nel cravaremos cruces de cartolina nas que temos escrito o nome de cada colectivo crucificado no noso mundo)

Queremos poñer agora ao pé da cruz moitas cruces, as cruces de tantas persoas que dun cabo a outro do mundo ven como as súas vidas non valen nada. Queremos con este xesto que nós, os que estamos moi ben asentados no primeiro mundo, non perdamos a sensibilidade diante de tantos irmáns nosos cuxo camiño, se nós non nos implicamos, acabará na morte, destrución e inxustiza.

Diante do Deus que hoxe nos pon a cruz como loita e esforzo, dicimos xuntos:

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

1)  Poñemos no mundo a cruz do paro, e con ela a tantas persoas que sofren polas súas consecuencias. Que atopen e nos a forza e o esforzo por cambiar esa situación. OREMOS:

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

2)  Poñemos no mundo a cruz da vellez, que tamén supón en moitos casos unha cruz pesada de levar para moitos maiores, que despois de toda unha vida adicada aos demais, vense arrinconados, esquecidos ou abandonados. Para que os acollamos, valoremos e mostremos o lles mostremos o amor que merecen. OREMOS:

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

3)  Poñemos no mundo a cruz dos accidentes de tráfico, que tantas vidas levan. Para que tomemos conciencia de que depende de nós quitar ese sufrimento e viaxar con tranquilidade, sendo conscientes da responsabilidade que temos nas mans, OREMOS:

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

4)  Poñemos no mundo a cruz da explotación infantil. @s nen@s son, en moitas ocasións, vítimas propicias da violencia, de abusos sexuais, de explotación laboral. Por tod@s aqueles aos que o noso egoísmo lles arrebata unha infancia feliz e plena, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

5)  Poñemos no mundo a cruz da violencia doméstica. No noso mundo, Señor, as mulleres son en demasiadas ocasións, desposuídas da súa dignidade: maltratadas, asasinadas, obrigadas a prostituírse, consideradas coma simples obxectos, sen acceso á educación e á cultura. Por todas aquelas que sofren polo simple feito de ter nado mulleres, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

6)  Poñemos no mundo a cruz da inmigración e a tantas persoas que perderon a vida no intento de buscar un futuro mellor. Para que sexamos hospitalarios e acolledores, compartindo as nosas posibilidades e unindo esforzos para que os inmigrantes se sintan coma nos seus fogares, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

7)  Poñemos no mundo a cruz do deterioro do medio ambiente e con ela o noso desexo de coidar o planeta coma un regalo, para nos e para tódalas xeracións futuras, contribuíndo deste xeito a completar a creación que Ti comezaches, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

8)  Poñemos no mundo a cruz da fame. No mundo hai bens para tod@s; pero o desigual reparto da riqueza fai que moit@s irmáns nosos non teñan que comer mentres nós vivimos na opulencia. Esta cruz leva o rostro de tantos fament@s do mundo. Non só os fament@s físicos, senón tamén todas aquelas persoas famentas de cultura, de compañía, de escoita, de axuda. Por todas elas, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

9)  Poñemos no mundo a cruz da enfermidade, a todas aquelas persoas que levan sobre os seus ombreiros esta pesada cruz; unha cruz que engloba aos enfermos e ás súas familias. Por todos eles, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

10)              Poñemos no mundo a cruz da pobreza. Son demasiadas as persoas pobres: de cartos, de pan, de dignidade, de educación, de sanidade, de traballo… Agora queremos presentarchas, para que a nosa solidariedade combata esta terrible lacra, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

11)              Poñemos no mundo a cruz da manipulación e do engano que tan estendidos están no noso mundo e que empregamos para levar a cabo os nosos plans. Para que busquemos sempre a verdade, respectando as ideas, as opinións e os feitos diferentes aos nosos, empregando medios xustos para expoñer o que pensamos e facemos. OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

12)              Poñemos no mundo a cruz da indiferenza. Unha cruz que endurece o noso corazón, levándonos a mirar cara outro lado ou a buscar a cruz como espectáculo, despreocupándonos dos demais e mergullámonos no noso egoísmo e no noso individualismo. Para que non sexamos insensibles ante as persoas e os acontecementos que pasan no mundo, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

13)              Poñemos no mundo a cruz do materialismo, de posuír por enriba das persoas. Para que non empeñemos o noso corazón no ter e non adoremos a un ídolo que rematará por posuírnos totalmente, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

14)              Poñemos no mundo a cruz do estrés. Para que sexamos quen de poñer tranquilidade, de ter tempo para nós, para relacionarnos con calma coas persoas, para saborear a vida con intensidade e para reflexionar sobre nós mesmos, sobre as persoas, sobre os acontecementos. Para que sempre saibamos ter tempo para Ti, Señor, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

15)              Poñemos no mundo, finalmente, a cruz do fanatismo e do integrismo relixioso. Para que busquemos sempre o moito que nos une (o amor de Deus e a búsquea da xustiza) e non o que nos afasta, e así contribuamos ao entendemento entre todas as persoas e á paz, OREMOS.

QUE NON TEÑAMOS MEDO A SEGUIRTE

Deus do consolo e da escoita, fai que cantos se senten oprimidos e desesperanzados atopen en Ti o agarimo que os leve a loitar con forza e sen desmaio contra as dificultades que os azoutan. PXNS. Amén. 

Adoración da Cruz

Logo de escoitar a narración emocionante da paixón do Señor, logo de ter descuberto que o noso mundo é un mundo cheo de cruces, preséntasenos a todos nós a Cruz, expresión de toda a nosa limitación humana na que Deus manifestará o triunfo da vida e da verdade. Adoramos a cruz e sentímonos implicados na tarefa de facer que desaparezan todas as cruces que segue habendo na vida das persoas.

PROCESION: (desde o fondo da Igrexa, tres persoas con velas traen a cruz)

Mirade a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do mundo.

Vinde adoralo 

COMUÑÓN

Como remate da nosa celebración participaremos agora do Corpo de Cristo, morto para darnos vida. A Eucaristía que onte celebrabamos aliméntanos tamén hoxe, mentres esperamos compartir, mañá pola noite, a Eucaristía da Pascua.

ORACIÓN FINAL

Ao contemplar ao Crucificado, a nosa reacción non é de burla ou de desprezo, senón de oración confiada e agradecida:

Non baixes da cruz, non nos deixes sos na nosa aflición.

¿Para que nos serviría un Deus que non coñecera a nosa cruz?, ¿Quen nos podería entender?.

¿En quen poderían esperar os torturados de tantos cárceres segredos?

¿A que se agarrarían os enfermos crónicos e os moribundos?

¿Quen podería ofrecer consolo ás vítimas de tantas guerras, terrorismos, fames e miserias?

Non. Non baixes da cruz, pois se non te sentimos “crucificado” xunto a nós, verémonos máis “perdid@s”. PXNS. Amén.

CANTOS

ð Entrada: Vitoria Ti reinarás

ð Lecturas: Arrepentido

ð Adoración da cruz: Música clásica de fondo

ð Comuñón: O pouco que Deus nos dá

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...