Ir al contenido principal

5 domingo Coresma

SIGNO: Colocamos o quinto e derradeiro ladrillo, que completa o segundo brazo horizontal da cruz. Esta semana a palabra que escribiremos nel é PARTICIPACIÓN

Aprender a vivir desde a misericordia

Pórtico

Xa levamos andado todo o camiño da coresma, xa non nos queda nada para chegar ao seu remate. Foron moitas e constantes as invitacións á conversión, á renovación, ao perdón, ao cambio, á reconciliación…Ademais de escoitalas, facemos algo para vivilas?. Pois xa é tempo, a que esperamos?.

Perdón

  • Porque nos segues invitando a incorporarnos ao teu camiño sen pedirnos contas, senón acolléndonos, SEÑOR, GRAZAS POLA MISERICORDIA.
  • Porque diante da túa confianza, nós recuamos e non facemos moito por cambiar, CRISTO, GRAZAS POLA MISERICORDIA.
  • Porque non acabamos de crer que coresma é tempo e invitación a deixar atrás os fardos pesados do rancor, a envexa e a preguiza, SEÑOR, GRAZAS POLA MISERICORDIA.

Remuíño

Contra o que en principio puidera parecer, os textos do tempo de coresma fálannos sempre en positivo: cambio, vida, renovación…Porén, nós sempre vivimos este tempo coma algo escuro, triste, mesmo vergoñento. Pois xa é hora de que comecemos a pensar e vivir en cristián, e non nos deixemos levar por costumes, nostalxias ou ritos baleiros. Aprendamos da Palabra que un día máis nos fala ao corazón e nos di: renovareite por dentro. Que de verdade nos sintamos así para poder vivilo!.

Do Señor vén a misericordia: Porque de Ti vén a misericordia, segues ofrecéndonos a salvación, e falo mostrándote como amor. A súa misericordia ten que levarnos, se queremos acollela, a que nos plantexemos a nosa maneira de actuar na casa –coa xente da familia, os máis achegados– no barrio, na parroquia. Porque se nós non somos misericordia –misericordios@s- cos demais, cómo podemos te-la ousadía de querer disfrutar da misericordia daquel que dicimos que é amor?.

A pesar das nosas moitas incoherencias, ese Deus que é amor, que está sempre pendente de nós, que aínda que nós lle deamos as costas, segue queréndonos e confiando, alentando o camiño de cada un. Pois ese Deus, hoxe volve darnos unha nova lección de entrega xenerosa ofrecéndonos un punto de chegada, dándonos un remate do traxecto con fondura e  sentido,dicíndonos que paga a pena traballar e loitar pola vida, a dignidade, a xustiza, a solidariedade… porque El, que é resurrección, non nos vai deixar solos, senón que sae ao noso encontro, abríndonos a porta e dicíndonos: non teñas medo, entra, esta é a túa casa. Saberemos nós facer o mesmo?.

Oración da comunidade

Poñámonos en actitude de compartir a nosa oración comunitaria e digamos xuntos:

QUE APOSTEMOS POLA VIDA

Pola Igrexa, para que aposte, sen belixerancia e con sinceridade, pola vida e a dignidade de tantas persoas que son tratadas coma números ou tanto por cento estadístico, OREMOS.

QUE APOSTEMOS POLA VIDA

Para que nas nosas comunidades nos deixemos de discursos baleiros e nos comprometamos na defensa da vida, na que Xesús se fai presente, sabendo acompañar aos enfermos, visitar e atender aos maiores, acoller aos tristes e ser solidarios cos que teñen menos, OREMOS.

QUE APOSTEMOS POLA VIDA

Por nós, para que convertamos o perdón e a misericordia en actitudes que nos cambien e renoven, OREMOS.

QUE APOSTEMOS POLA VIDA

Grazas, Señor, por invitarnos a valorar a vida e a traballar para que ninguén se senta oprimido e utilizado.P.X.N.S. Amén.

Reflexión

Non te rendas, aínda estás a tempo

de alcanzar e comezar de novo

de aceptar as túas sombras, de enterrar os teus medos,

de liberar os fardos, de remontar o voo.

 

Non te rendas, que a vida é iso,

continuar a viaxe, perseguir os teus soños,

descontar o tempo, varrer os escombros

e destapar o ceo.

 

Non te rendas, por favor, non cedas.

Aínda que o frío queime, aínda que o medo trabe,

aínda que o sol se esconda e cale o vento,

aínda hai lume na túa alma, aínda hai vida nos teus soños.

 

Porque cada día é un novo comezo.

Porque esta é a hora e o mellor momento.

Porque non estás só.

Porque eu quérote. 

(M. Benedetti)

Cantos

  • Entrada: Na noite escura
  • Lecturas: Ti es camiño e verdade
  • Ofertorio: Arrepentido
  • Comuñón: Non vou so

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...